[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Luis Urquiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Urquiri
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Deba, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 1979 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Adestrado porDeportivo Alavés (1965–1966)
Deportivo Alavés (1956–1958) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1930–1933   Deportivo Alavés
1939–1941   Atlético de Madrid
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1942–1943   Hércules CF
1945–1947   Hércules CF
1947–1948   Deportivo da Coruña
1948–1949 Club Deportivo Málaga
1950–1951   Real Zaragoza
1951–1954   Real Oviedo
1953–   Celta de Vigo
1954–1955   Racing de Santander
1955–1956   Celta de Vigo Editar o valor en Wikidata

Luis Urquiri Urain, nado en Deba (Guipúscoa) o 1 de setembro de 1906 e finado en 1979, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Como xogador militou como centrocampista do Deportivo Alavés e no Atlético Aviación en Primeira División nos anos trinta e corenta. Co Atlético Aviación gañou dúas ligas e unha Copa Eva Duarte.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Na súa traxectoria como técnico descubriuse como un experto en acadar ascensos, conseguíndoo con Deportivo da Coruña, Málaga CF, Real Zaragoza e Real Oviedo.

No ano 1953 fai un inciso na súa traxectoria co Real Oviedo para adestrar ao Celta de Vigo inmerso na liga de descenso a Segunda División na que finalmente descendería pero a renuncia do España Industrial a ascender fai que o Celta puidese salva-la categoría.

Dous anos despois, na tempada 1955-56, e tras que o adestrador vasco Antonio Barrios dera plantón ao Celta de Vigo, con quen xa tiña un acordo, polo Atlético de Madrid a directiva céltica volve a contratar a Urquiri. O técnico mantivo ao Celta na zona tranquila nunha boa tempada na que o dianteiro vigués Mauro case acada o Trofeo Pichichi quedando a só un gol de Alfredo Di Stéfano. Ao finalizar a tempada Urquiri deixa o equipo, sendo substituído por Alejandro Scopelli.