[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Roberto Ozores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Ozores
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 2007 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor en Wikidata

Roberto Rodríguez Ozores Fernández, nado en Pontevedra o 6 de febreiro de 1918 e finado en Vigo en agosto de 2007[1], foi un deportista e adestrador de fútbol galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como deportista foi campión e recordman de España de péntatlon e décatlon, campión de España de ximnasia deportiva e campión mundial de fútbol universitario. Tamén foi seleccionado con dezaoito anos para participar na chamada Olimpíada Vermella, que como alternativa á presidida por Hitler en Berlín, se organizara en Barcelona en xullo de 1936 pero que a Guerra Civil impediu que se disputase.

Tiña un currículo como técnico deportivo moi extenso: contaba cos títulos de adestrador de fútbol, natación, atletismo, balonmán, baloncesto e voleibol. Foi xefe de deportes do distrito universitario de Santiago de Compostela e nos anos cincuenta adestrador e preparador físico de Celta de Vigo, Deportivo da Coruña e Pontevedra CF ademais de asesor de adestradores da Selección española de fútbol como Teus, Pedro Escartín, Gabilondo, Melcón e Villalonga.

Agás breves períodos de tempo, como a tempada 1957-58 na que foi preparador físico de Deportivo, sempre estivo unido ao Celta de Vigo.

Na tempada 1951-52, e ante os malos resultados, a Xunta Directiva do Celta, a excepción do presidente Faustino Álvarez, presenta a súa dimisión, a esta tamén se uniu a dimisión do adestrador, Pasarín.

Nesta difícil situación e co equipo penúltimo o presidente nomea adestradores a Roberto Ozores e a Yayo, quen conseguiron facer unha segunda parte do campionato impecábel colocando ao equipo na novena posición e evitando o descenso.

Ao finalizar esa tempada Ozores volveu facerse cargo da preparación física e da asesoría deportiva.

Morreu nun accidente de tráfico.

  1. Emilio Navaza (20 de novembro de 2014). "Roberto Rodríguez-Ozores". Vida Atlética de Galicia (en castelán).