Pepe Villar
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1928 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de xuño de 2007 (78 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1950 - 1961 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
José "Pepe" Villar Fernández, nado en Vigo o 20 de agosto de 1928 e finado o 27 de xuño de 2007, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Estivo vinculado case en exclusiva ao Celta de Vigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira deportiva como defensa no equipo do barrio vigués de Coia. No verán de 1948 foi fichado polo Celta de Vigo, que o cedeu na tempada 1949/50 ao Arousa, disputando así a histórica única tempada do club na Segunda División. A continuación volveu ao Celta, do que xa non se desvincularía durante as seguintes catro décadas. Debutou en Primeira División o 10 de setembro de 1950 ante a UE Lleida. Durante a tempada 1950–51, na que o Celta quedou de 8º, xogou 3 encontros. Na tempada seguinte xogou 22 partidos e meteu un gol, rematando o Celta en novena posición. Nas seis campañas seguintes, todas elas en primeira división, xogou 165 partidos e marcou 6 goles. Porén, durante a tempada 1958–59 o xogador vigués foi atropelado por unha moto. O equipo notou a súa baixa, rematando a tempada como pechacancelas.
Os dous últimos anos da súa carreira como xogador (1959–60 e 1960–61) discorreron na Segunda División, clasificándose os dous anos para a promoción de ascenso pero sen acadar o obxectivo. Logo da última campaña, na que só xogou tres partidos, decidiu retirarse. En total xogou 269 partidos co club celeste: 207 en primeira división (onde marcou 7 goles), 32 en segunda, 9 de promoción de ascenso e 21 de Copa.
Trala súa retirada como xogador mantívose ligado ao club como auxiliar do adestrador Louis Hon e dirixindo o equipo xuvenil durante moito tempo, levándoos en 1965 á final do campionato de España fronte ao Athletic Club de Bilbao. Na tempada 1966–67 o primeiro equipo do Celta xogaba en Segunda División, e trala dimisión do adestrador César Rodríguez, Pepe Villar dirixiu o combinado no treito final da liga. Posteriormente exerceu como segundo adestrador de Ignacio Eizaguirre e un tándem co gran capitán, Manolo, a finais da tempada 1987–88.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- Datos do adestrador en bdfutbol.com (en castelán)
- Ficha en Todo Celta (en castelán).
- Ficha en Yo jugué en el Celta (en castelán).