[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pepe Murcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPepe Murcia
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1964 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1985–1986   Real Jaén
1986–1988   Córdoba CF
1989–1990   Córdoba CF
1990–1991 Unión Polideportiva Plasencia
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Córdoba Club de Fútbol B Editar o valor en Wikidata

Twitter: jmurciagonzalez Editar o valor en Wikidata

José Murcia González, máis coñecido como Pepe Murcia, nado en Córdoba o 3 de decembro de 1964, é un adestrador de fútbol español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou adestrando equipos xuvenís de Andalucía coma o Alcázar, o Séneca ou o equipo xuvenil do Córdoba CF.

O seu primeiro equipo importante sería o FC Cartagena en Segunda División B na tempada 2002-03. Ao ano seguinte volvería a adestrar a un filial, neste caso o do Atlético de Madrid.

Na tempada 2005-06 tivo a súa grande oportunidade ao facerse cargo do primeiro equipo, xa que o adestrador inicial, o arxentino Carlos Bianchi, foi destituído mediada a tempada ao estar o equipo preto dos postos de descenso. Porén pese a un comezo moi prometedor que puxo ao equipo en posicións europeas rematou nunha discreta 10ª posición, polo que deixa o equipo.

A tempada seguinte fichou polo Xerez CD de Segund División cunha historia parecida ao do Atlético, quedando o equipo lonxe do ascenso. De Xerez pasou ao CD Castellón como revulsivo, misión que cumpriu ben.

O bo papel feito en Castelló valeulle para fichar polo Celta de Vigo en 2008 para o segundo intento de ascenso a Primeira División. Facendo unha campaña irregular que rematou case co descenso a Segunda División B e sendo substituído en marzo de 2009 por Eusebio Sacristán[1].

Na tempada 2009-10 dirixiu o Albacete Balompié pero foi destituído antes de Nadal polo malos resultados. Ese mesmo ano el mesmo e o ex-celtista Notario tomaron parte nuns vergonzosos actos que ocorreron cando o equipo manchego visitou Vigo, que rematou con insultos e agresións que lle supuxeron ao xogador do Celta David Catalá catro encontros de sanción pese a que non estaba presente[2].

O 15 de febreiro de 2011 foi fichado polo UD Salamanca para substituír a Óscar Cano Moreno, pero só estivo 8 encontros na dirección do equipo ao non lograr enderezar o rumbo do equipo.

Ese mesmo ano decide emigrar e fichar polo FC Brasov, da Primeira División Romanesa pero dimite ao cabo dun mes por diferenzas coa dirección do club e problemas persoais, so dirixiría ao equipo en tres encontros pese a ter firmado por dúas tempadas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]