[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eduardo Berizzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Berizzo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1969 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Antofagasta, Chile Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1988–1993   Newell's Old Boys 126(10)
1993–1996   Atlas de Guadalajara 94(10)
1996–1999   CA River Plate 94(3)
1999–2000 Olympique de Marsella 13(0)
2000–2000 cesión   CA River Plate 30(2)
2001–2005   Celta de Vigo 101(4)
2005–2006   Cádiz CF 14(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1996–2000   Arxentina 13(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2019–2021   Paraguai Editar o valor en Wikidata

FIFA: 153937 UEFA: 51576 Editar o valor en Wikidata

Manuel Eduardo Berizzo, nado en Cruz Alta, Marcos Juárez (Córdoba) o 13 de novembro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección arxentina. Dende 2022 é o seleccionador de Chile.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Newell's Old Boys, onde disputou durante 5 tempadas máis de 100 partidos e gañando dous títulos de Liga. No ano 1993 deixaría Arxentina para alistarse no Atlas de Guadalajara mexicano, volvendo despois desa aventura ao River Plate, club co que xogaría ata o ano 2001 coa excepción dunha breve estancia no Olympique de Marsella. No club Millonario gañaría outros tres títulos da Liga Arxentina.

Na tempada 2001–02 fichou por un club europeo, o Celta de Vigo onde durante as 5 tempadas nas que militou faría gala da súa solvencia defensiva e da súa capacidade de mando, actuando nos seus últimos anos en Vigo como axudante do adestrador Fernando Vázquez.

No ano 2005 fichou polo Cádiz CF, entón en Primeira División, club no que se retiraría ao rematar esa mesma tempada.

Como xogador foi un home de garantías na defensa, sabendo cando incorporarse proporcionando sempre algún gol ao longo da tempada. Posteriormente exerceu como técnico, sendo axudante de Marcelo Bielsa á fronte da selección chilena de fútbol durante o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

O 19 de maio de 2014 foi anunciado como novo adestrador do Celta de Vigo, en substitución de Luis Enrique.[1]

  1. Berizzo dirigirá al Celta dos temporadas; Faro de Vigo, 19 de maio de 2014 (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]