[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Edú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdú

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Jaú, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso77 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–2000 São Paulo Futebol Clube 11(0)
2000–2004   Celta de Vigo 117(27)
2004–2009   Real Betis Balompié 136(36)
2009–2010 Sport Club Internacional 25(3)
2011–2011 Esporte Clube Vitória 5(1)
2012–2012 Colorado Rapids 9(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1999–1999   Brasil sub-20
1999–2000   Brasil sub-23 14(6)
2000–2000   Brasil 1(0)
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 178364 Editar o valor en Wikidata

Luís Eduardo Schmidt, máis coñecido como Edú, nado en Jaú (São Paulo) o 10 de xaneiro de 1979, é un exfutbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección brasileira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comeza no fútbol profesional no ano 1995 nas categorías inferiores do São Paulo. Subindo ao primeiro equipo tres anos despois, afianzándose no equipo titular no ano 2000. Nese ano foi campión preolímpico coa selección de fútbol do Brasil e campión paulista, marcando dous goles no segundo encontro das semifinais ante o Corinthians. Ese ano tamén disputou os Xogoso Olímpicos de Sidney.

Ao rematar ese espectacular ano foi traspasado ao Celta de Vigo, onde foi unha peza fundamental dende a súa chegada sendo titular indiscutíbel con tódolos adestradores celestes, destacando pola súa polivalencia tanto no centro como nas bandas.

Nos catro anos que xogou en Vigo disputaría tres tempadas seguidas a Copa da UEFA e no ano 2003 a Liga de Campións. Tamén chegaría á final da Copa do Rei no ano 2001.

Porén tralo descenso do Celta a Segunda División no ano 2004 foi traspasado ao Real Betis por unha cifra próxima aos cinco millóns de euros.

A súa primeira tempada en Sevilla foi a mellor do equipo bético, gañando a Copa do Rei e clasificándose para a Liga de Campións.

Na tempada 2006-07 salva ao equipo do descenso con dous goles na última xornada. Pero dúas tempadas despois non podería repetilo consumándose o descenso do Betis no ano 2009. Dous meses despois ficha polo Internacional de Porto Alegre.

No seu regreso a Brasil as lesións non lle permitiron ter regularidade, non podendo participar na vitoria do seu equipo na Copa Libertadores, polo que fichou polo Vitoria. Dende este equipo daría o salto á MLS, a Liga Profesional dos Estados Unidos, fichando en abril de 2012 polo Colorado Rapids.

Pese a ser un asiduo ás categorías inferiores da Selección de fútbol do seu país so xogou unha vez coa selección do Brasil, o 23 de febreiro de 2000 ante Tailandia.