FIFA
FIFA | |
---|---|
Acrónimo | FIFA, فيفا, ФИФА, 国际足联 e FIFA |
Tipo | metaorganización, federación de fútbol, federación deportiva internacional e organización sen ánimo de lucro |
Deporte | fútbol, fútbol sala e Fútbol praia |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 21 de maio de 1904 |
Presidente/a | Gianni Infantino (2016-) |
Organización subsidiaria | CONCACAF, UEFA, Confederación Sudamericana de Fútbol, Confédération Africaine de Football, Confederación Asiática de Fútbol e Confederación de Fútbol de Oceanía |
Premios | 'Verschlossene Auster' award |
Sede | Zürich |
País | Suíza |
Na rede | |
https://FIFA.com, http://de.fifa.com, http://fr.fifa.com, http://es.fifa.com, http://ar.fifa.com e https://fifaofficial.cn/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fédération Internationale de Football Association ou Federación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociacións deportivas de fútbol. Fundouse o 21 de maio de 1904 e ten a súa sede en Zürich, en Suíza. Forma parte do FA Board Internacional, organismo encargado de modificar as regras do xogo. Ademais, a FIFA organiza os campionatos mundiais de fútbol nas súas distintas modalidades.
A FIFA agrupa 209 asociacións ou federacións de fútbol de distintos países, contando con 17 países afiliados máis cá Organización das Nacións Unidas, e catro menos que a Federación Internacional de Baloncesto.
Organización
[editar | editar a fonte]O ingreso á FIFA está aberto a calquera asociación ou federación encargada de organizar o fútbol no seu país. Normalmente hai un só afiliado por estado, como no caso de Francia, España ou Portugal. Pero tamén se dan casos de asociacións de nacións sen estado, principalmente as británicas, Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte, por ser o Reino Unido o lugar onde naceu o fútbol moderno. Tamén atopamos, entre outras, as Illas Feroe, con selección independente de Dinamarca.
A nivel de continentes a FIFA ten afiliadas ás seguintes confederacións:
Confederación | Continente | Ano de fundación |
---|---|---|
Confederación Suramericana de Fútbol (CONMEBOL) | América do Sur | 1916 |
Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (UEFA) | Europa | 1954 |
Confederación Asiática de Fútbol (AFC) | Asia | 1954 |
Confederación Africana de Fútbol (CAF) | África | 1957 |
Confederación de Fútbol de Norte, Centroamérica e o Caribe (CONCACAF) | América do Norte, Central e Caribe | 1961 |
Confederación de Fútbol de Oceanía (OFC) | Oceanía | 1966 |
Presidentes
[editar | editar a fonte]Nome | Nacionalidade | Período | |
---|---|---|---|
1. | Robert Guérin | Francia | 1904–1906 |
2. | Daniel Burley Woolfall | Inglaterra | 1906–1918 |
3. | Jules Rimet | Francia | 1921–1954* |
4. | Rodolphe Seeldrayers | Bélxica | 1954–1955 |
5. | Arthur Drewry | Inglaterra | 1955–1961 |
6. | Stanley Rous | Inglaterra | 1961–1974* |
7. | João Havelange | Brasil | 1974–1998* |
8. | Joseph Blatter | Suíza | 1998–2016 |
9. | Gianni Infantino | Italia | 2016–presente |
- *Recibiu o título de presidente honorario posteriormente.
Torneos
[editar | editar a fonte]Desde a súa institución en 1904, a FIFA organizou un total de 16 torneos (FIFA competitions), dos cales 4 son no ámbito olímpico de acordo coa carta presentada polo Comité Olímpico Internacional, 1 no ámbito intercontinental e 11 no ámbito mundial (9 a nivel de seleccións e 2 a nivel de clubs).
Competicións masculinas
[editar | editar a fonte]Torneo | Último torneo | Campión vixente |
---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol | Suráfrica 2010 | España |
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 | Colombia 2011 | Brasil |
Copa Mundial de Fútbol Sub-17 | México 2011 | México |
Copa Confederacións | Suráfrica 2009 | Brasil |
Campionato Mundial de fútbol sala da FIFA | Tailandia 2012 | |
Copa Confederacións de fútbol sala | Tailandia 2012 | |
Copa Mundial de fútbol praia da FIFA | Libia 2009 | Irán |
Torneo Olímpico de Fútbol masculino | Londres 2012 | |
Torneos Olímpicos Xuvenís de Fútbol | Singapur 2010 | Bolivia |
Copa Mundial de Clubs da FIFA | Xapón 2011 | FC Barcelona |
Competicións femininas
[editar | editar a fonte]Torneo | Último torneo | Campión vixente |
---|---|---|
Copa Mundial Feminina de Fútbol | Alemaña 2011 | Xapón |
Copa Mundial Feminina de Fútbol Sub-20 | Xapón 2012 | |
Copa Mundial Feminina de Fútbol Sub-17 | Acerbaixán 2012 | |
Torneo Olímpico de Fútbol feminino | Londres 2012 | |
Torneos Olímpicos Xuvenís de Fútbol | Singapur 2010 | Chile |
Copa Mundial de Clubs Feminina da FIFA | Brasil 2012 |