[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rafa Sáez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafa Sáez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rafael Carlos Sáez Aboal Editar o valor en Wikidata
2 de abril de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol, futbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Pontevedra CF

Rafael Carlos Sáez Aboal, nado na Seca (Pontevedra) o 2 de abril de 1962, é un exfutbolísta e adestrador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como futbolista no Cultural Mourente, Salgueiriños CF e Arousa SC, onde iniciou a súa traxectoria profesional na tempada 1979-1980. Despois pasou ao Pontevedra CF, onde estivo 6 campañas, chegando a ser capitán do equipo.

Con 18 anos fundou a Agrupación Cultural Deportiva A Seca da que foi presidente e adestrador durante 15 tempadas, converténdoa nun referente do fútbol base. Comezou a exercer como adestrador como seleccionador da Delegación de Pontevedra, e da Federación Galega de Fútbol nas categorías Sub-15 e Sub-17.

Seis anos despois debutou como adestrador no Pontevedra FC pasando de ser o segundo adestrador de Roberto Robles a substituílo no cargo. En 2001 pasou a adestrar as categorías inferiores do Celta de Vigo, destacando a tempada 2003-2004 co Celta de Vigo B, clasificado para a fase de ascenso a Segunda División Española. Despois foi co-adestrador do primeiro equipo xunto con Ramón Carnero durante as últimas 8 xornadas.

Tras un breve paso polo CD Logroñés e Pontevedra CF dende o ano 2011 desempeña o cargo de Director da Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol.

No 2024 convértese no adestrador do Rápido de Bouzas na pugna polo ascenso a Segunda División.