Alfonso Valverde Rodríguez
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de decembro de 1966 (57 anos) Nigrán, España | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
Alfonso Valverde Rodríguez, máis coñecido como Fonsi Valverde, nado en Nigrán o 26 de decembro de 1966, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou a súa carreira como adestrador nas categorías inferiores do Celta de Vigo, para pasar posteriormente por clubs como o Club Rápido de Bouzas ou o Coruxo Club de Fútbol. En xullo de 2007 dá un salto de categoría para adestrar ao Club Deportivo Lugo en Segunda División B,[1] renovando outro ano ao fin da campaña.[2] En xullo de 2009 anuncia que deixa o Lugo por motivos persoais e regresa a Vigo.[3] En xaneiro de 2010 anunciábase o seu regreso aos banquiños como adestrador do Club Deportivo Ourense substituíndo a Francisco Romero.[4] Dende o 15 de xuño de 2011 é adestrador do Celta de Vigo B.
Fonsi foi adestrador do CD Cultural Areas durante dous anos nas tempadas 2014-2016 en Terceira división[5].
Do 2019 ata 2021 recala no Alondras onde carva resultados variados rematando terceiros no seu subgrupo quedando fóra da promoción de ascenso no derradeiro ano da Terceira división, e novenos na acabada de estrear Terceira Federación acadando a permanencia sería substituído por David Páez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fonsi Valverde, novo adestrador do CD Lugo". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 10 de maio de 2010.
- ↑ Fonsi Valverde continuará un ano máis como adestrador do CD Lugo
- ↑ Fonsi Valverde deixa o CD Lugo
- ↑ "Fonsi Valverde sustituirá a Francisco Romero". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2011. Consultado o 10 de maio de 2010.
- ↑ "Fonsi chega con présa". Atlántico. 12 de Xaneiro 2014. Consultado o 3 de Maio de 2023.