Rodrigo García Vizoso
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1909 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 2 de xuño de 2009 (100 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | adestrador, futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1928 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Rodrigo García Vizoso, nado na Coruña o 26 de febreiro de 1909 e finado na mesma cidade o 2 de xuño de 2009, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de gardameta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na coruñesa rúa de Fuente Luisa —agora chamada Argudín Bolívar— en 1909, foi un dos vinte e dous xogadores que estreou a Segunda división española de fútbol defendendo a portería do RC Deportivo da Coruña no ano da súa estrea, 1929, contra o Deportivo Alavés.[1]
Desde aquela teceu unha carreira que o levou ser considerado durante anos o máximo referente do club coruñés. A súa lenda foi cimentada en proezas como a que serviu para que, tres anos despois, o Deportivo, aínda na segunda categoría, eliminara da Copa do Rei ao Real Madrid CF en Chamartín unha tarde na que o conxunto branco tirara 76 veces á porta que gardaba Rodrigo.[1]
En 1934 o propio Real Madrid CF contrataría os servizos de Rodrigo, onde habería pasar a tempada como suplente de Ricardo Zamora. Posteriormente fichou polo Granada CF, cun salario de 500 pesetas ao mes.[1]
A guerra civil española levouno a pasar 34 meses no exército e após a contenda decidiu colgar as luvas para volver á Coruña, onde atopou traballo na Fábrica de Armas. Alí fundou un equipo de fútbol co nome da empresa e que anos máis tarde se deu en chamar Deportivo Xuvenil.[2] Adestrou este equipo durante case 15 anos, logrando o ascenso á Segunda División na tempada 1953/54, momento no que renunciou ao seu posto.[3] Rodrigo foi un dos descubridores do talento de Luis Suárez, veciño como el do barrio de Monte Alto.[1]
Volveu ao Deportivo como adestrador en 1955, establecendo novas marcas históricas, como ser o primeiro técnico deportivista en facer gañar ao seu equipo en Chamartín ou o primeiro tamén en erguer o Trofeo Teresa Herrera.[1] O club herculino recorreu moitas veces aos seus servizos xa que cando un técnico era despedido Rodrigo sempre estaba diposto para o substituír. Así adestrou xuvenís, Fabril e primeiro equipo, e baixo as súas ordes estiveron grandes nomes do fútbol galego e español como Arsenio Iglesias ou Amancio Amaro.[2]
Chegou acadar os cen anos de idade e, como homenaxe polo seu centenario, realizou o saque de honra en Riazor nun dos últimos partidos do Deportivo en competición oficial europea. Falecería poucos meses despois. Como tributo, o Concello da Coruña decidiu mudar o nome do Campo Municipal de Fútbol A Grela II polo de Rodrigo García Vizoso así como colocar un busto coa súa imaxe na Cidade Deportiva Municipal da Torre.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Juan L. Cudeiro (3 de xuño de 2009). "Necrológica: Rodrigo García Vizoso, el último de la primera Liga". El País. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ 2,0 2,1 Pepe Guillín. Revista RCD. "RODRIGO GARCÍA VIZOSO, un centenario ex jugador del Deportivo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01-01-2010. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ "Rodrigo renuncia a su cargo de entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xullo de 1954. p. 5.