[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Dagoberto Moll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDagoberto Moll
Biografía
Nacemento(es) Dagoberto Moll Sequeira Editar o valor en Wikidata
22 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1945–1949   Club Sportivo Miramar Misiones
1949–1954   Deportivo da Coruña 121(33)
1954–1955   FC Barcelona 16(4)
1955–1957 Club Deportivo Condal 23(2)
1957–1957   RCD Espanyol 0(0)
1957–1958   Celta de Vigo 22(5)
1958–1959   Deportivo da Coruña 24(2)
1959–1960   Elche CF 21(2)
1960–1962   Albacete Balompié 28(3)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Cataluña
1949–1949   Uruguai 6(2)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1962–1962   Albacete Balompié
1962–1963   SD Compostela
1963–1964   CD Atlético Baleares
1964–1965   CE L'Hospitalet
1965–1966   Girona FC
1967–1967   Deportivo da Coruña
1968–1968 Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega
1968–1970 Club de Fútbol Atlante (pt) Traducir
1971–1972 Club de Fútbol Atlante (pt) Traducir
1972–1973 Atlético Español Fútbol Club (pt) Traducir
1973–1974   CD Tenerife
1975–1976   Levante UD
1976–1976 Club de Fútbol Atlante (pt) Traducir
1976–1976 Atlético Español Fútbol Club (pt) Traducir
1978–1979 Atlético Español Fútbol Club (pt) Traducir
1980–1981 Tampico Madero Fútbol Club (pt) Traducir
1985–1986   SD Compostela Editar o valor en Wikidata
Participou en
1949Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1949 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Dagoberto Moll Sequeira, nado en Montevideo o 27 de xullo de 1927, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol uruguaio. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección uruguaia.

Foi o primeiro uruguaio en xogar no Deportivo da Coruña,[1] onde se converteu nunha estrela ao formar parte dunha das mellores dianteiras da historia do club, a chamada Orquestra Canaro, xunto a Corcuera, Oswaldo, Franco e Tino.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios no Uruguai (1927-1949)

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Club Sportivo Miramar e no Misiones Football Club, da súa cidade natal, Montevideo. En 1949, a raíz da súa participación coa selección uruguaia no Campionato Suramericano, onde comezou como suplente e rematou como titular marcando dous goles,[3] o técnico arxentino Alejandro Scopelli, que adestraba o Deportivo da Coruña, solicitou a súa fichaxe.

Deportivo da Coruña (1949-1954)

[editar | editar a fonte]

Viaxou entón á Coruña, a onde chegou despois de coller un barco, sete avións e un tren.[1] Debutou co Deportivo en Primeira División na primeira xornada da tempada 1949/50 no Estadio Avenida de Cataluña fronte ao Gimnàstic de Tarragona, anotando un dos goles deportivistas.[4] Marcou sete goles no seu primeiro ano na Coruña, no que o equipo completou a mellor campaña da súa historia ata entón, rematando subcampión de liga por detrás do Atlético de Madrid. Ao ano seguinte, con "Oso" Díaz de preparador, formou parte da famosa Orquestra Canaro, unha das mellores dianteiras da historia do club, con Corcuera, Oswaldo, Franco e Tino. O equipo conseguiu varias goleadas en Riazor, como o 5-0 sobre o Real Madrid ou o histórico 10-1 ao Lleida, a maior goleada da historia do club en Primeira, na que Moll marcou dous goles.[5] A Orquestra Canaro marcou ese ano 57 goles, 7 deles obra de Moll, pero o equipo só puido ser 12º.

Xogou tres tempadas máis no club galego, tendo as mellores cifras na 1952/53, na que xogou 35 partidos e marcou 11 goles, 3 deles na promoción de permanencia en Primeira, onde ademais tivo unha intervención decisiva no transcendental partido en Vigo contra o Celta, gañado por 1–3.[6]

FC Barcelona, Condal e Espanyol (1954-1957)

[editar | editar a fonte]

En 1954 foi traspasado ao FC Barcelona xunto a Luis Suárez.[7][8] Aínda que quedaba libre ao final de tempada simulou estar retido polo Deportivo para que este puidese cobrar polo traspaso, concretándose finalmente este en 250.000 pesetas.[3] Suárez triunfou plenamente, pero Moll tivo unha actuación discreta, xogando no seu segundo ano en Segunda co filial barcelonista, o España Industrial, co que rematou en postos de promoción de ascenso a Primeira División. O club independizouse entón do FC Barcelona para poder xogar a promoción, cambiou o nome a Club Condal e logrou o ascenso. Moll formou parte do cadro de xogadores que disputaron aquela única tempada do Condal en Primeira División.

Posteriormente pasou polo RCD Español, co que xogou só na Copa do Xeneralísimo, chegando á final, onde o equipo caeu derrotado ante o Barcelona.

Celta de Vigo e Elche CF (1957-1958)

[editar | editar a fonte]

En 1957 fichou polo Celta de Vigo, co que xogou 22 partidos e marcou 5 goles antes de ser suspendido de emprego e soldo en marzo de 1958 xunto a Pablo Olmedo, tras unhas semanas convulsas e un mal partido fronte ao Granada.[9][10] Descontento coa decisión da directiva pediu a baixa do club,[11] fichando uns días despois polo Elche CF, co que disputou con éxito a promoción de ascenso a Segunda División.[12][13]

Regreso ao Deportivo (1958-1959)

[editar | editar a fonte]

En xullo de 1958 fichou de novo polo Deportivo da Coruña, para axudalo a volver a Primeira División, de onde caera a tempada anterior tras case unha década na elite. Non o conseguiu, nunha tempada na que marcou só 2 goles en 30 partidos, para completar un total de 164 partidos coa camisola do Deportivo e 38 goles dende a súa chegada unha década antes.

Segunda etapa no Elche CF (1959-1960)

[editar | editar a fonte]

Ao ano seguinte marchou de novo ao Elche, que acababa de lograr un novo ascenso, agora a Primeira. Xogou 22 partidos no club ilicitano, marcando dous goles.

Albacete (1960-1962)

[editar | editar a fonte]

A continuación recalou no Albacete xunto a Arsenio Iglesias para a tempada 1960/61. Co técnico Manolete á fronte, o equipo logrou ese ano o ascenso á Segunda División.[14] Na seguinte tempada o club manchego reforzouse con xogadores como os porteiros pontevedreses Sansón e Rafa, Juanele ou o húngaro Janos Beke, e, aínda que realizou un bo comezo de tempada, os resultados foron de máis a menos acabando finalmente en postos de promoción de descenso. Para xogar dita fase actuou como adestrador-xogador, pero o equipo acabou descendendo.[15]

Adestrador

[editar | editar a fonte]

SD Compostela (1962-1963)

[editar | editar a fonte]

Tras a súa breve primeira experiencia como adestrador do Albacete, continuou un tempo no club manchego como secretario técnico,[16] ata que en agosto de 1962 volveu a Galicia para converterse no primeiro adestrador da SD Compostela, equipo que se acababa de fundar pouco antes nunha reunión no Hostal dos Reis Católicos.[17][18] Co equipo santiagués logrou o ascenso a Terceira división no seu primeiro ano de existencia, ao remate do cal deixou o equipo e sacou o título de adestrador nacional.

Atlético Baleares, Hospitalet e Girona (1963-1966)

[editar | editar a fonte]

En agosto fichou polo Atlético Baleares, co obxectivo de ascendelo á Segunda División.[19] Con todo, antes de rematar a tempada recibiu unha oferta do CE L'Hospitalet, de Segunda, ao que se incorporou a principios de marzo de 1964.[20] Conseguiu salvar ao equipo do descenso e continuou como adestrador parte da tempada seguinte, ata que foi cesado en febreiro de 1965 e substituído por Julián Arcas.[21] En xuño fichou polo Girona FC, de Terceira división, pero non chegou a rematar a tempada, pois presentou a súa dimisión en febreiro de 1966.[22][23]

Deportivo da Coruña (1967)

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1967 converteuse no novo adestrador do Deportivo da Coruña, despois da dimisión de Enrique Orizaola.[24] O equipo ocupaba a última posición da Primeira División a falta de once xornadas, e, aínda que conseguiu algunhas vitorias non foi capaz de salvar ao equipo do descenso.

Gimnástica de Torrelavega (1968)

[editar | editar a fonte]

En novembro de 1968 colleu as rendas do Gimnástica de Torrelavega, que ocupaba a penúltima posición da Segunda División, e ao que tampouco puido salvar, acabando o equipo caendo a Terceira.

Primeira etapa en México (1968-1973)

[editar | editar a fonte]

En 1968 marchou a México, onde adestrou o Atlante Fútbol Club, da capital mexicana ata que deixou o equipo en 1970.[25] Con todo, volveu adestrar o equipo dende 1971 a 1972, antes de fichar polo Atlético Español, tamén de México DF.[26]

Tenerife e Levante (1973-1976)

[editar | editar a fonte]

En xuño de 1973 volveu a España e fichou polo Tenerife,[27] co que estivo a piques de acadar o ascenso na súa primeira tempada. Con todo, no seu segundo o ano os resultados non acompañaron e foi destituído o día de Nadal de 1974.[28] En setembro de 1975 fíxose cargo do Levante, de Terceira división, sendo o terceiro adestrador da tempada despois do arxentino Juan Carlos "Ché" Barral e o checoslovaco Ferdinand Daučík. Tampouco Moll conseguiu acabar a tempada, sendo cesado e substituído por Álvaro Pérez en febreiro de 1976.[29]

Regreso a México (1976-1981)

[editar | editar a fonte]

A continuación volveu a México, onde adestrou de novo o Atlético Español e o Atlante en 1976,[30] o Atlante outra vez entre 1978 e 1979 e o Tampico entre 1980 e 1981.[31]

Segunda etapa no Compostela (1985-1986)

[editar | editar a fonte]

En 1985 volveu dirixir a SD Compostela, que militaba en Segunda División B, descendendo ao remate da tempada a Terceira.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional absoluto coa selección do Uruguai no Campionato Suramericano de 1949, onde xogou seis partidos e marcou dous goles.[32]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Mentres xogaba no Deportivo da Coruña casou cunha coruñesa, Flora Estrada. O seu fillo Dagoberto Moll Estrada foi xogador de hóckey a patíns e porteiro do Deportivo da Coruña de hóckey entre 1975 e 1979,[3] mentres que o seu neto, Pablo Cancela, é tamén xogador de hóckey, actualmente xogando no Liceo da OK Liga.[33]

  1. 1,0 1,1 Centeno, Alexandre (3 de setembro de 2018). "Dagoberto Mol: «Para llegar a A Coruña tuve que coger un barco, 7 aviones y un tren»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  2. "La Orquesta Canaro" (en castelán). 1 de abril de 2015. Consultado o 9 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "El RC Deportivo homenajea a una de sus grandes leyendas vivas: Dagoberto Moll #LendasBranquiazuis". Deportivo da Coruña (en castelán). 20 de abril de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  4. "Nàstic-Deportivo 1949". bdfutbol.com (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  5. "Deportivo - Lleida 1950". bdfutbol.com (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  6. Guillín, Pepe. "Al ritmo de la “Orquesta Canaro”" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  7. "Luis Suárez y Moll ya son jugadores del FC Barcelona" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 24 de marzo de 1954. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  8. "Luis Suárez y Moll". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de marzo de 1954. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  9. "Olmedo y Moll suspendidos de empleo y sueldo". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de marzo de 1958. p. 8. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  10. "Olmedo, Moll y Gausí, dolidos del entredicho". El Pueblo Gallego (en castelán). 5 de marzo de 1958. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  11. "Carta abierta del jugador Moll". El Pueblo Gallego (en castelán). 8 de marzo de 1958. p. 7. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  12. "Moll fichó por el Elche". El Pueblo Gallego (en castelán). 12 de marzo de 1958. p. 11. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  13. "Moll fichó por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 17 de xullo de 1958. p. 5. 
  14. "Juanito, entre o recordo de Arsenio e Moll na Mancha e o gol de Beci". La Opinión A Coruña. 24 de xaneiro de 2020. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  15. "‘Historias del Alba’: 1962 Promoción Albacete – Melilla" (en castelán). 24 de abril de 2020. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  16. "Dagoberto Moll". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de xullo de 1962. p. 10. 
  17. "Historia da SD Compsotela". sdcompostela.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  18. "Según parece, Moll fichó como entrenador de la S.D. Compostela". La Noche (en castelán). 9 de agosto de 1962. p. 2. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  19. "Moll ha fichado por el Atlético de Baleares". La Noche (en castelán). 7 de agosto de 1963. p. 5. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  20. "Moll sustituyó a Rabassa en el Hospitalet". La Noche (en castelán). 11 de marzo de 1964. p. 5. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  21. "Julián Ancas, nuevo entrenador del Hospitalet por cese de Moll". Mundo Deportivo (en castelán). 11 de febreiro de 1965. p. 2. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  22. "El Gerona ya tiene entrenador: Dagoberto Moll". Mundo Deportivo (en castelán). 25 de xullo de 1965. p. 4. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  23. "Moll, sustituído por Pujolrás, en el Gerona". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de febreiro de 1966. p. 5. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  24. "Moll, nuevo entrenador del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de febreiro de 1967. p. 10. 
  25. "Moll deja el Atlante de Méjico". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de outubro de 1970. p. 19. 
  26. "Moll pasea por los Cantones". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 21 de xuño de 1973. p. 20. 
  27. "Moll, entrenador del Tenerife". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 29 de xuño de 1973. p. 22. 
  28. "Moll, destituído como entrenador del Tenerife". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 26 de decembro de 1974. p. 33. 
  29. "Cesado Moll, Álvaro nuevo entrenador del Levante". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 26 de febreiro de 1976. p. 33. 
  30. "Moll, entrenador del Español de Mejico". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 4 de marzo de 1976. p. 34. 
  31. "Moll, entrenador en Méjico". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de agosto de 1980. p. 43. 
  32. "Dagoberto Moll na web da Asociación Uruguaia de Fútbol". auf.org (en castelán). Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  33. Rodríguez, Melissa; G., A. (26 de xuño de 2020). "Pablo Cancela: «Llevé comida de los supermercados a las familias más desfavorecidas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]