Hilario Marrero
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1905 As Palmas de Gran Canaria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 14 de febreiro de 1989 (83 anos) As Palmas de Gran Canaria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1922 - 1943 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1934 | Mundial de Fútbol Italia 1934 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Juan Hilario Marrero Pérez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 8 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1989, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Nado nas Palmas en 1905, Marrero iniciou a súa carreira profesional moi novo. Aos 16 anos comezou a xogar no Porteño e despois no Real Club Victoria, para fichar en 1928 polo Deportivo da Coruña, no que permaneceu tres anos.
En 1931 fichou polo Real Madrid CF e en 1939 pasou a formar parte do FC Barcelona, para retornar posteriormente ao Deportivo no rol de xogador e adestrador, sendo a súa xestión clave para lograr o ascenso a Primeira División do club galego en 1941. Na tempada 1942–43 xogou e adestrou no Elche CF.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Xa como adestrador, na tempada 1943–44 dirixou ao Rácing de Ferrol, logrando o retorno do club ferrolán á Segunda División, e tamén adestrou a ese equipo (xa sempre en Segunda) en 1944-45, 1946-47, 1947-48, 1948-49 e 1959-60; na tempada 1945–46 retornara novamente ao Deportivo, que militaba en Segunda División, logrando o ascenso a Primeira. E na 1948-49 tamén adestrou ao Girona FC.
Tras un ano de baldío (tempada 1949–50), Marrero retornou a Canarias para adestrar ao UD Las Palmas e posteriormente ao CD Tenerife. A finais da década dos cincuenta adestrou outra vez ao Deportivo.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Marrero foi internacional coa selección española en dúas ocasións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1905
- Finados en 1989
- Nados nas Palmas de Gran Canaria
- Futbolistas das Canarias
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores do Racing de Ferrol
- Adestradores do Girona FC