Manuel Fernández Amado
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1950 (74 anos) Ferrol, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1970 - 1982 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Manuel Fernández Anidos |
Manuel Fernández Amado, nado en Ferrol o 14 de maio de 1950, é un ex-futbolista e adestrador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando na SCDR Galicia de Caranza, e en 1968 ficha polo Arsenal Club de Fútbol, un histórico equipo de Ferrol que daquela estaba en divisións galegas. En 1970 ficha polo Racing de Ferrol, na altura en Segunda división. Ao ano seguinte pasa ás filas do Celta de Vigo, co que fai o debut en primeira división o 19 de xaneiro de 1972. En 1975 ficha polo Español de Barcelona por 20 millóns de pesetas. En 1981 ficha polo CD Castellón e posteriormente regresa ao Racing ferrolán para rematar a súa vida deportiva como xogador.
Como adestrador, foi segundo adestrador do Racing de Ferrol, adestrador substituto en caso de despedimentos do titular, e tamén adestrador do filial ou de categorías xuvenís do equipo.
O seu fillo Manuel Fernández Anidos tamén foi xogador de fútbol de primeiro nivel.