Ledicia Costas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1979 (45 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura infantil e xuvenil e literatura galega |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | escritora |
Premios | |
| |
Sitio web | lediciacostas.com |
Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta e tres veces o Premio Lazarillo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico pola Universidade de Vigo[1], desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria.[2] É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.[3] [4]En 2020 foi Premio da Cultura Galega e en 2023 Medalla Castelao.
En 2022 traduciu ao galego "SloMo", a canción de Chanel que representou a España no Festival de Eurovisión 2022, cunha gran repercusión nas redes sociais.[5]
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas de literatura infantil e xuvenil da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados e foron traducidos a varios idiomas.[6]
Foi a primeira persoa en gañar tres veces o Premio Lazarillo (2015, 2017, 2021). No último (A lebre mecánica) os membros do xurado emitiron o fallo por unanimidade sinalando que se trata dunha "obra cun bo nivel de linguaxe para adolescentes" que abrangue temas como a diversidade de xénero e o xogo, e que combina o relato "de forma equilibrada e os diálogos con “reflexións contrastadas acordes coas vivencias da idade”.[7]
Canto ao Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (Escarlatina, a cociñeira defunta), o Xurado decidiu premiar a obra por ser “unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que tamén destaca pola súa fácil lectura, o seu humor estarrecedor, e a súa habilidade para desmitificar o mundo da morte".[8] O libro foi traducido a unha morea de idiomas e leva vendidas ducias de miles de exemplares.
É tamén a creadora das coleccións A señorita Bubble (Ilustrada por Andrés Meixide), Os Minimortos (ilustrada por Mar Villar) e Curriño (comezada en 2024 e ilustrada por Mili Koey).
Narrativa para adultos
[editar | editar a fonte]No libro de relatos Un animal chamado néboa (2015) a capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir, nin o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano porque é en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal.[9]
En Infamia (2019) Emma Cruz é unha avogada e profesora de Dereito Penal que volve a Merlo para impartir clases na Universidade. Hai 25 anos que desapareceron dúas nenas, as irmás Giraud. Están mortas? Quen as asasinou? A novela é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece, unha historia de amor, odio e loucura.[10] Foi traducida ao castelán, catalán, inglés, coreano, búlgaro, romanés, italiano, portugués e persa.[11]
En Golpes de luz (2021) Xulia é unha xornalista que se acaba de separar e volve a Galicia co seu fillo Sebas (de dez anos, o que pensa que a avoa Luz é o deus Thor porque sempre anda co seu martelo) e ten que se enfrontar a un pasado cheo de segredos. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven esta historia.[12]
En Pel de cordeiro (2024) cóntanos dúas historias en dous tempos diferentes: a historia de Catalina nas últimas rabexadas da Inquisición e a de Lola no Vigo actual. Nas dúas está a súa historia de rebelión contra as convencións sociais pero en contextos diferentes. As dúas con inquedanzas no escuro, na morte, no máxico.[13] Dúas partes moi diferentes e narradas de xeito distinto pero nas dúas está presente a bruxaría.
Poesía
[editar | editar a fonte]Con Ultraluz gañou o Premio de Poesía Afundación en 2022. Para a autora o libro é[14]:
Ultraluz é un bosque. É un bosque con sombra e con luz. É un lugar fantástico, ateigado de criaturas da cultura popular, como o demogorgon, o kodama ou o oitavo pasaxeiro, e tamén de escuridade, de morte, unha constante na miña obra, un tema que me latexa dentro, que aquí abordo a cabalo coa fantasía, outro tema recorrente en min.
O xurado resaltou[15]:
...que o poemario da escritora viguesa, segundo recolle a acta, «é un exercicio de claridade e autenticidade poética cunha clara vontade de achegar os mundos fantásticos ao noso bosque logrando unha interacción entre as referencias ao anime e á ciencia ficción. Hai unha interpelación ao lector como axente activo convidándoo a entrar nese mundo de frescor infantil que mestura o abraio e o sombrizo.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Ultraluz (2022). Arte de Trobar. Centro PEN Galicia. 66 páxs. ISBN 978-84-09-45310-8.
- (2023). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-431-9. Inclúe imaxes do espectáculo de palabra, música e luz arredor dos poemas no que Ledicia Costas foi acompañada dos músicos Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Unha estrela no vento (2000). Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-8302-481-2. ePub: 978-84-9914-867-0.[16]
- O corazón de Xúpiter (2012). Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-433-7. ePub: 978-84-9914-586-0.[17]
- Traducida ao inglés como Heart of Jupiter (2016), Small Stations Press[18]. 208 páxs. ISBN 978-9543840496.
- En castelán El corazón de Júpiter (2018), Ed. Anaya[19]. 206 páxs. ISBN 9788469835999.
- Xardín de inverno (2012). Everest Galicia, poesía. 64 páxs. ISBN 978-8440311894.
- Recinto Gris (2014). Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9914-608-9.[20] ePub: ISBN 978-84-9914-548-8.
- Escarlatina, A cociñeira defunta (2014). Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 176 páxs. ISBN 978-84-9914-739-0. ePub: ISBN 978-84-9914-742-0.[21]
- En castelán: Escarlatina, la cocinera cadáver (2015) Anaya.[22] ISBN 978-84-698-0895-5. Tradución da autora.
- En catalán: Escarlatina, la cuinera difunta (2016). Ed. Barcanova. ISBN 978-84-489-3868-0.
- En portugués: Escarlatina a cozinheira-cadáver (2021). Kalandraka. ISBN 978-989-749-151-1 [23]
- Traducida tamén ao coreano e publicada por Pink Whale.[24] Tamén foi traducido ao persa.
- Inmundicia e Roñoso (2015). Tambre. Ilustracións de Laura Catalán. 39 páxs. ISBN 9788490460818.
- Esmeraldina, a pequena defunta (2016). Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-999-8. ePub: 978-84-9914-988-2.[25]
- En castelán: Esmeraldina, la pequeña fantasma (2016). Anaya.[26] ISBN 978-84-698-2500-6. Tradución da autora.
- En catalán: Maragdina, la petita fantasma (2016). Barcanova. ISBN 9788448942878.
- En portugués: Esmeraldina a pequena fantasma (2021). Kalandraka. ISBN 978-989-749-152-8 [27]
- Tamén traducida ao coreano.[28]
- As peripecias de Estravaganzza Pérez (2016). Xerais. Ilustracións de Óscar Villán. 200 páxs. ISBN 978-84-9121-312-3. ePub: ISBN 978-84-9121-317-8.[29]
- Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (2016). Xerais. 248 páxs. ISBN 978-84-9121-070-2. ePub: 978-84-9121-065-8.[30]
- En castelán: Verne y la vida secreta de las mujeres planta (2016). Anaya. 224 páxs.[31] ISBN 978-84-698-1681-3. Tradución da autora.
- En catalán: Jules Verne i el secret de les dones planta (2016). Barcanova. 184 páxs. ISBN 978-8448941185.[32]
- En italiano: La vita segreta delle donne fiore (2018). Mondadori: contemporánea. 228 páxs. ISBN 978-8804689768.[33]
- Os arquivos secretos de Escarlatina (2017). Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-309-3.[34]
- A balada dos unicornios (2018). Xerais.[35] 192 páxs. ISBN 978-84-9121-405-2. ePub: ISBN 978-84-9121-441-0.
- Conexión Macarrón (2019). Xerais, Merlín. Ilustracións de Laura Suárez. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-588-2.[38] ePub: ISBN 978-84-9121-595-0.[39]
- Vampira de biblioteca (2020). Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-651-3.[40][41]
- O neno de lume (2022). Xerais, Merlín. 168 páxs. ISBN 978-84-1110-084-7.[42] ePub: ISBN 978-84-1110-078-6.[43]
- En castelán: El niño de fuego (2022). Anaya. 168 páxs. Ilustracións de Iván R. ISBN 9788414317433.
- A lebre mecánica (2022). Xerais, Fóra de Xogo. 186 páxs. ISBN 978-84-1110-149-3. ePub: ISBN 978-84-1110-184-4.
- En castelán: La liebre mecánica (2022). Anaya Infantil y Juvenil. 112 páxs. ISBN 9788414333129.
A señorita Bubble
[editar | editar a fonte]- A señorita Bubble (2017). Xerais. Ilustracións de Andrés Meixide. 168 páxs. ISBN 978-84-9121-254-6.[44] ePub: ISBN 978-84-9121-257-7.
- En castelán: La señorita Bubble (2018). Anaya: Sopa de Libros. 168 páxs. ISBN 978-84-698-3682-8.[45]
- A Señorita Bubble. Baixo cero (2020). Xerais, Sopa de libros. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-763-3. ePub: ISBN 978-84-9121-769-5.
- En castelán: La señorita Bubble: Aventura bajo cero (2020). Madrid: Anaya. Ilustraciones de Andrés Meixide. Traducción de María del Carmen Alonso Seisdedos.
- A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas (2023). Xerais, Sopa de libros. Ilustracións de Andrés Meixide. 128 páxs. ISBN 9788411102599. ePub: ISBN 978-84-1110-269-8.
- En castelán: La señorita Bubble: Dios salve a las reinas (2023). Madrid: Anaya. Ilustraciones de Andrés Meixide. Traducción de María del Carmen Alonso Seisdedos.
Os Minimortos
[editar | editar a fonte]- Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos (2020). Xerais, Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-697-1. ePub: ISBN 978-84-9121-789-3.
- En castelán: Los Minimuertos: Bienvenidos al otro barrio (2021). Alfaguara.[46]
- Criando malvas. Os Minimortos (2021). Xerais, Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-727-5. ePub: ISBN 978-84-9121-786-2.
- En castelán: Los Minimuertos: Criando malvas (2021). Alfaguara.[47]
- Escola de salvaxes. Os Minimortos (2021). Xerais. Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-907-1. ePub: ISBN 978-84-9121-922-4.
- En castelán: Los Minimuertos: Escuela de Salvajes (2021). Alfaguara. Ilustraciones de Mar Villar.
- O día dos vivos. Os Minimortos (2021). Xerais. Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs, ISBN 978-84-9121-989-7. ePub: ISBN 978-84-9121-996-5.
- En castelán: Los Minimuertos. Días de vivos (2021). Alfaguara.[48]
- Ai, que risa! (2022). Xerais. Sopa de libros. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs, ISBN 978-84-1110-145-5. ePub: ISBN 978-84-1110-163-9.
- Falso Aniversario. Os Minimortos (2024). Vigo: Xerais. Ilustracións de Mar Villar. 56 páxs. ISBN 978-84-1110-586-6. ePub: ISBN 978-84-1110-605-4.[49]
Curriño
[editar | editar a fonte]- Curriño. Benvido ao equipo (2024). Xerais. Ilustracións de Mili Koey. 74 páxs.[50] ISBN 978-84-1110-535-4. ePub: ISBN 978-84-1110-544-6.
- Pimpollo 2. Benvenido a la pandilla (2024). Anaya Infantil y Juvenil. Ilustracións de Mili Koey.
- Curriño. O can influencer (2024). Xerais. Ilustracións de Mili Koey. 74 páxs. ISBN 978-84-1110-534-7.[51] ePub: ISBN 978-84-1110-543-9.
- Pimpollo 1: El perro influencer (2024). Anaya Infantil y Juvenil Ilustracións de Mili Koey.
Álbum ilustrado
[editar | editar a fonte]- Sete dentes de león (2024). Ilustracións de David Sierra. Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-406-7.[52]
- Siete dientes de León (2024). Ilustracións de David Sierra. Nórdica Libros. 44 páxs. ISBN 978-84-19735-81-2.
Narrativa adulta
[editar | editar a fonte]- Un animal chamado néboa (2015). Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9914-873-1. ePub: 978-84-9914-866-3.[53] Nova edición de Xerais en 2024.
- Traducido ao inglés: An Animal Called Mist (2017). Small Stations Fiction. 204 páxs. ISBN 978-9543840625.[54]
- Infamia (2019). Xerais. 272 páxs. ISBN 978-84-9121-536-3.[55][56] ePub: ISBN 978-84-9121-537-0.[2]
- Traducido ao castelán: Infamia (2019). Destino. ISBN 978-84-233-5640-9.[57]
- Golpes de luz (2021). Xerais. 288 páxs. ISBN 978-84-1110-036-6. ePub: ISBN 978-84-1110-042-7
- Traducido ao castelán: Golpes de luz (2021). Destino. 288 páxs. ISBN 9788423360406.[58]
- Pel de cordeiro (2024). Xerais. 344 páxs. ISBN 978-84-1110-540-8.[59] ePub: ISBN 978-84-1110-541-5.[60]
- En castelán: Piel de cordero (2024). Destino. 344 páxs. ISBN 978-84-233-6511-1.[61]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Narradoras (2000). Xerais, narrativa.
- Isto é un poema e hai xente detrás (2007). Espiral Maior.
- Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo (2007). Xerais.
- Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Pel con pel (2010). Galaxia.
- Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo (2010). Xerais.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011). A Nave das Ideas.
- Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo Premios Pedrón de Ouro 2010 e 2011 (2012). Toxosoutos.
- O libro dos Reis Magos (2012). Editorial Galaxia e Xunta de Galicia.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.
- Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015). Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Caramomia (2023). Vigo: Xerais. Con María Lado, Daniel Landesa, O Hematocrítico. Ilustrador/a: Martín Romero.[62]
Obras con Pere Tobaruela
[editar | editar a fonte]Asinan as súas publicacións como Pereledi.
- Desaparizión (2011). Everest Galicia. Ilustrado por Andrés Meixide. ISBN 9788440311795.
- Publicada tamén en catalán Desaparissió (2012). Cadí. 120 páxs. ISBN 978-84-474-4067-2.[63]
- Mortos de Ningures (2011). Everest Galicia. Ilustrado por Andrés Meixide. ISBN 9788440311788.
- Letras de xeo (2012). Everest Galicia. Ilustrado por Andrés Meixide. ISBN 9788440312150.
- Ouro Negro (2013). Everest Galicia. Ilustrado por Andrés Meixide. ISBN 9788440312198.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañadora do Premio de Poesía do Concello de Marín no 2005.
- Mención de Honra no Premio GZ Crea de poesía no 2006, por Aparición de triste.
- 1º Premio de poesía da Universidade de Vigo no 2007.
- 1º Premio de relato da Universidade de Vigo no 2010.
- Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo do 2011, por Frío azul.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil do 2012, por O corazón de Xúpiter.
- Accésit no Premio de poesía Miguel González Garcés do 2012, por Satén.
- Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2012, por O corazón de Xúpiter.
- Premio Martín Sarmiento para 1º e 2º de ESO no 2013, por Mortos de ningures, xunto a Pere Tobaruela.
- XXIX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil de 2014 por Escarlatina. A cociñeira defunta.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil de 2014, por Escarlatina. A cociñeira defunta.
- Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil de 2014, por Escarlatina, A cociñeira defunta.
- Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, por Escarlatina, a cociñeira defunta.
- Premio Lazarillo de Creación Literaria en 2015, por Jules Verne e a vida secreta das Mulleres Planta. Con esta obra: Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil -Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX - Premio Gala do Libro Galego (Infantil/Xuvenil), 2017 - Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2017
- Premio Fervenzas Literarias á autora do ano 2015.
- Lista do IBBY dos mellores libros para xoves con discapacidade 2015, por Recinto gris
- Premio Antón Losada Diéguez de Creación literaria en 2016, por Un animal chamado néboa.
- Premio dos Clubs de Lectura de Galicia de 2016.
- Premio Lazarillo 2017 por A balada dos unicornios ex aequo con Rafael Salmerón por No te muevas musaraña.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil de 2017, por A señorita Bubble.
- Premio Kelvin 505, pola versión en castelán de A balada dos unicornios, recoñecida como Mellor Novela Xuvenil Orixinal en Castelán. Festival de terror, fantasía e ciencia ficción Celsius 232 de Avilés. 2019.[64]
- Premio de Cultura Galega das Letras 2020.[65]
- Premio Merlín 2021 por O neno de lume.[66]
- Premio Lazarillo 2021[67] por A lebre mecánica.
- Premio de Poesía Afundación, por Ultraluz, en 2022.[68]
- En 2023 recibiu a Medalla Castelao.[69]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sobre min. Ledicia Costas". Consultado o 2019-04-09.
- ↑ 2,0 2,1 Costas, Ledicia (26 de agosto de 2019). “En ‘Infamia’ hai unha sociedade enferma. Pero non máis que a nosa, que é profundamente violenta”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 4 de setembro de 2019.
- ↑ "Revista Criaturas.". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 04 de setembro de 2015.
- ↑ "Ledicia Costas Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ "La escritora Ledicia Costas traduce al gallego la canción de Chanel que irá a Eurovisión". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-01-31. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "Libros de LEDICIA COSTAS Casa del Libro". casadellibro (en castelán). Consultado o 2024-06-20.
- ↑ Galicia, elDiario es (2022-05-31). "La viguesa Ledicia Costas se convierte en la primera autora que gana tres veces el premio Lazarillo de literatura infantil". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-06-20.
- ↑ "Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015". www.lamoncloa.gob.es. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ "Un animal chamado néboa - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ "Infamia - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ "El gris que nos habita (reseña de “Infamia”, de LEDICIA COSTAS) Periodismo alternativo" (en castelán). 2021-04-11. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ "Golpes de luz - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ Buceta, Jacobo (2024-05-06). "Ledicia Costas: "Pel de cordeiro é unha novela sobre a rebelión e contra as convencións sociais"". cadena SER. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ "Entrevista de Afundación a Ledicia Costas, gañadora do XX Premio de Po". www.afundacion.org. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ "Ledicia Costas gaña o Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz»". La Voz de Galicia. 2022-10-06. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ "«Unha estrela no vento» de Ledicia Costas. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 27/07/2017. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "Heart of Jupiter - Portico of Galician Literature". galicianliterature.gal. Arquivado dende o orixinal o 09/01/2020. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "El corazón de Júpiter". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 26/6/2019.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ Méndez, Celia. "Crítica de Escarlatina, a cociñeira defunta (de Ledicia Costas en Edicións Xerais) « Criaturas". Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "Escarlatina, la cocinera cadáver". Anaya Infantil y Juvenil. Arquivado dende o orixinal o 01/07/2017. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "Escarlatina a cozinheira-cadáver". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12.
- ↑ "«Escarlatina, a cociñeira defunta», fala coreano. Noticia no «Sermos Galiza» sobre a publicación en coreano do libro de Ledicia Costas. Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 4/7/2019.
- ↑ Méndez, Celia. "Crítica de Esmeraldina, a pequena defunta « Criaturas". Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "Esmeraldina, la pequeña fantasma". Anaya Infantil y Juvenil. Arquivado dende o orixinal o 01/07/2017. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "Esmeraldina a pequena fantasma". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12.
- ↑ "[Esmeraldina, a pequena defunta]". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-27.
- ↑ "Extravaganzza Pérez, unha nena coas ideas moi claras, protagonista do novo libro de Ledicia Costas". Pontevedra Viva. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA - Librerías Espacio Lector Nobel". www.libreriasnobel.es. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "Verne y la vida secreta de las mujeres planta". Anaya Infantil y Juvenil. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "Publicacións. Ledicia Costas". Consultado o 9/4/2019.
- ↑ Xolda.com. "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 4/7/2019.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "A balada dos unicornios". Trafegando Ronseis. 24 de setembro de 2018. Consultado o 27/9/2018.
- ↑ "La balada de los unicornios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 2/11/2019.
- ↑ "Balada unicornilor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 2/11/2019.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 11/10/2019.
- ↑ Nicolás, Ramón (18/11/2019). "Conexión Macarrón, de Ledicia Costas". Caderno da crítica. Consultado o 25/11/2019.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 4/2/2020.
- ↑ Lores Rodríguez, Catarina (Outubro, novembro, decembro 2020). "Eleonora: a vampira das palabras". Revista Grial. LVIII: 105–106. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ Sanisidro Lojo, Ana (abril, maio, xuño 2022). "Abismo onde conviven realidade e fantasía". Grial LX (234): 101. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 18/09/2020. Consultado o 9/4/2019.
- ↑ "La señorita Bubble". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 26/6/2019.
- ↑ "Los Minimuertos. Bienvenidos al otro barrio". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.
- ↑ "Los Minimuertos. Criando malvas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.
- ↑ "Los Minimuertos. Días de vivos". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.
- ↑ "Falso aniversario. Os Minimortos - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-10-31.
- ↑ "Curriño. Benvido ao equipo - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-04-26.
- ↑ "Curriño. O can influencer - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-04-26.
- ↑ "Sete dentes de león - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-17.
- ↑ "Un animal chamado néboa". Consultado o 2019-04-09.
- ↑ "An Animal Called Mist". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-04-09.
- ↑ Pena Presas, Montse (xullo, agosto, setembro 2019). "Afogar en Merlo (sobre as redes que tecen "Infamia")". Grial LVII (223): 76. ISSN 0017-4181.
- ↑ Da Silva, Xosé Manuel (outubro, novembro, decembro 2019). "Ledicia Costas transferida ao castelán". Grial LVII (224): 104–106. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Golpes de luz". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.
- ↑ "Pel de cordeiro - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-04-26.
- ↑ Nicolás, Ramón (2024-05-24). "Cun pulso extraordinario". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-24.
- ↑ Rodríguez Rial, Inés (Xullo, agosto, setembro). "Un chisco de fantasía para revelar a realidade". Grial LXII (243): 66, 67. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Caramomia - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-08.
- ↑ "Desaparissió". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26.
- ↑ culturagalega.org (2019-06-26). "O galardón entregarase no Festival de terror, fantasía e ciencia ficción Celsius 232 de Avilés". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-06-26.
- ↑ "Danse a coñecer os nomes dos gañadores dos Premios Cultura Galega 2020 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-12-05.
- ↑ David Lombao (11 de decembro de 2021). "Berta Dávila gaña o Premio Xerais de Novela e mais o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil". Praza Pública.
- ↑ "Ledicia Costas y Víctor Jimeno, premios Lazarillo 2021". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2022-05-31.
- ↑ "Ledicia Costas gaña o Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz»". La Voz de Galicia. 2022-10-06. Consultado o 2022-10-07.
- ↑ "Rueda avanza as Medallas Castelao 2023: estas son as persoas premiadas". Nós Diario. 22 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ledicia Costas |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha da autora na AELG
- Páxina web da autora Arquivado 11 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.
- Entrevistas nos medios Arquivado 06 de abril de 2019 en Wayback Machine.