[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Coral Polifónica El Eco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sociedad Coral Polifónica El Eco
Sede da coral
Tipocoro
Data de fundación1882
PremiosMedalla Castelao
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A Sociedad Coral Polifónica El Eco é unha agrupación coral da cidade da Coruña. Fundada en 1882 por Pascual Veiga, trátase do coral en activo máis antigo da Península Ibérica[1]. Entre os seus recoñecementos cómpre salientar a Medalla de Prata da Coruña, e as medallas de ouro de París e o Porto.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Entre os directores que estiveron á cabeza do coral figuran José Castro "Chané", Xosé Baldomir, Mauricio Farto, Rodrigo A. de Santiago, Francisco Méndez, Rogelio Groba, Fernando V. Arias, Marcel Van Bree e Pedro Martínez Tapia, no cargo dende 2012[2][3].

Algunhas das figuras salientables que formaron parte de El Eco foron o vocalista Pucho Boedo ou o compositor Xavier de Paz.

O seu repertorio vai dende a ópera ás cantatas e oratorios, pasando pola opereta, zarzuela, habaneras, música relixiosa e popular.

O día 26 de outubro de 2017 (sendo presidente da entidade Carlos González-Garcés Santiso) organizou o I Encontro de polifonía galega Pascual Veiga

.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]