José Gómez Posada-Curros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Vigo, España |
Morte | 30 de xaneiro de 1996 (95/96 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Pai | José Gómez Veiga |
Premios | |
| |
José Gómez Posada-Curros, nado en Vigo en 1900 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1996, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do compositor e concertista compostelán José Gómez Veiga e Concepción Posada Román. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Doutor en Filosofía e Letras, foi catedrático de bacharelato no instituto de Lugo.
Con 17 anos dirixiu o semanario estudantil Maruxa e ao ano seguinte a revista La Raza; a finais de 1924 dirixiu La Última Hora e ao ano seguinte fundou e dirixiu Vida Céltica. Foi o último xornalista que entrevistou a Ramón María del Valle-Inclán. En 1926 estreouse a súa comedia dramática Amor de Amores. Foi redactor de Faro de Vigo, onde dirixiu a súa "Página Literaria" en 1923, e El Pueblo Gallego e arquiveiro do Concello de Vigo, onde recompilou as Ordenanzas de la Villa dende 1560.
En 1922 participou como actor na representación da obra Trebón de Armando Cotarelo Valledor, e antes diso escribira o libreto dunha zarzuela en galego chamada O sangue berra, con música de Lozano. En 1944 escribiu a obra coral en castelán Canción Galega, publicada en 1991 en galego co título de Nin me abandonarás nunca con tradución de Xosé Luís Méndez Ferrín. Esta obra foi levada a escena en 1994 polo Centro Dramático Galego.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Recibiu a Medalla do Traballo en 1980 e a Xunta de Galicia concedeulle a medalla Castelao en 1995.
Obras
[editar | editar a fonte]- Alejandro Herculano en España y su influencia en la literatura nacional y gallega, 1994.
- Recuerdos y vivencias con recreación compostelana.
- Nin me abandonarás nunca, 1995.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 110. VG 955-2010.
- Gómez Posada-Curros, J. e de Gálvez, L. (1995): Nin me abandonarás nunca. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-1283-9