Xosé Lois González Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (74/75 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | artista de banda deseñada |
Premios | |
| |
Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa familia era de Osmo (Cenlle) e alí pasou a súa infancia, ata que aos dez anos muda para Chantada[1]. Estudou na universidade laboral de Zamora e logo fixo a carreira de telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid, en 1968. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009,[2] labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.
Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe que comparte o pseudónimo do autor e que creou en 1982.
Participou tamén en publicación colectivas, entre estas: Humor gráfico galego, Os humoristas e a lingua ou Humor y tolerancia, From Galicia with humor, Visto para sentencia-vamos a reirnos muy en serio del racismo-europa se rie del racismo, e tamén nas publicacións da Bienal da caricatura de Ourense e na mostra internacional portuguesa Humorgrafe.
Recibiu a Medalla Castelao en 2008[3]. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
O seu personaxe, O Carrabouxo, foi animado por Lhosca Arias no 2000 nunha serie titulada O Carrabouxo de 26 capítulos dun minuto de duración.
Obra publicada en formato de libro
[editar | editar a fonte]Humor gráfico
[editar | editar a fonte]- Ano e pico de Carrabouxos
- 20 anos de Carrabouxo (Deputación de Ourense)
- Novos chistes de Xosé Lois (A Nosa Terra)
- Humor gráfico.
- Xosé Lois na transición (Universidade de Vigo).
- 400 Carrabouxos mais
- Carrabouxos 90
- 20 anos de Carrabouxo
- Veña Carrabouxo!
- A Sabeliña
- 318 chistes de Xosé Lois
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro, de Félix Caballero, 2012, Morgante.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xosé Lois González, Humorista e enxeñeiro técnico de telecomunicacións: Estiveron un ano insistíndome en que fora candidato á Alcaldía Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Faro de Vigo, 1/6/08
- ↑ "Adiós a 36 años de 'odisea' profesional". La Región (en castelán). 2009-04-25. Consultado o 2020-04-22.
- ↑ Decreto 118/2008, de 12 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao (DOG nº 116, do 17 de xuño de 2008).