[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xoán Rof Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Rof Carballo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1905 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1994 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiJuan Rof Codina Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1078836 BUSC: rof-carballo-juan-1905-1994 Dialnet: 20662

Xoán Rof Carballo, nado en Lugo o 10 de xuño de 1905 e finado en Madrid o 11 de outubro de 1994, foi un médico galego e un dos principais ensaístas da editorial Galaxia durante as décadas de 1950 e 1960, participando nalgunhas publicacións conxuntas realizadas por Galaxia como 7 ensayos sobre Rosalía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do veterinario Juan Rof Codina, mudouse coa súa familia á Coruña xa de novo. Licenciado en Medicina, cursou estudos en Compostela, Barcelona e Madrid. En 1932 prosegue a súa formación en Viena, e tras uns estudos en Colonia regresa a Madrid en 1933 para doutorarse xunto a Carlos Jiménez Díaz. O Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Berlín, e non regresou a España ata o final da contenda, traballando nese período en Viena, Copenhague e París. Traballa con Jiménez Díaz ata 1948. En 1949 publica Patología Psicosomática, e a partir de 1950 comeza a colaborar con Gregorio Marañón, que o definiu como un "francotirador do espírito".

Pensamento

[editar | editar a fonte]

O seu maior legado consiste nunha nova concepción das relacións entre médico e paciente, achegando novos métodos -máis próximos á psicoloxía que á medicina en si- no trato ós enfermos, o que o levou a ser considerado non exactamente como un doutor, senón como un "curador", como o definía Domingo García-Sabell. A súa obra é obxecto de diversos estudos.

La Saudade, Galaxia, 1953, inclúe artigos en galego e castelán de Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Lois Tobío Fernández, Rof Carballo, Francisco Elías de Tejada, Xesús Alonso Montero, Manuel Vidán e Francisco Fernández del Riego.

Entre os seus ensaios destacan títulos como Entre el silencio y la palabra (1957), Violencia y ternura (1967), Signos en el horizonte (1972) ou Los duendes del Prado (1990).

En 1957 publicou Mito e realidade da Terra Nai. Tamén colaborou activamente na revista Grial, con numerosos artigos.

Colectivas

[editar | editar a fonte]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Malia o respecto que lle mostraban os seus contemporáneos intelectuais -como José Ortega y Gasset, que cualificou a súa obra de "volumen catedralicio"[Cómpre referencia]-, tan só nos últimos anos da súa vida comezou a recibir recoñecemento, ó ser nomeado membro da Real Academia de Medicina e da Real Academia Española.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]