A Roda
A Roda | |
---|---|
A Roda en concerto en 2007. | |
Orixe | Galicia |
Período | 1976-presente |
Xénero(s) | Música tradicional galega |
Na rede | |
grupoaroda.es |
A Roda é un grupo de música tradicional galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A Roda naceu en 1976, durante a transición, formado por amigos que adoitaban cantar nas tabernas. O seu primeiro disco, que incluía clásicos como "Pousa, pousa", "O andar miudiño" e "O gato", foi un éxito de vendas e acadou en 1978 un dos Premios da Crítica de Galicia.[1].
No seu seu segundo LP, Falemos galego, incluíanse as coñecidas "Foliada do Celta" e "Falemos galego". O terceiro, Pra os amigos, seguiu a liña dos anteriores. Foi a partir de entón que comezaron a tocar por toda Galiza e por Centros Galegos na diáspora, como Venezuela, México, Panamá, Arxentina, Gran Bretaña ou Bélxica.
Logo dunha longa etapa sen gravar, en 1990 presentaron Os mariñeiros, no que aparece a picaresca e retranqueira cantiga "Os bistéqueles". Dous anos máis tarde, en 1992, apareceu o seu quinto traballo, Eu teño un compadre, que significou un punto de inflexión na formación, entón renovada e baixo outra dirección. Comezan a compor temas propios ("A gaivota") e a musicar textos literarios, como "Eu teño un compadre", de Fermín Bouza Brey. En 1993 apareceu o primeiro recompilatorio, A Roda rodando. En 1995 apareceu a escolma Lembranzas.
En 1996 editouse Na branca noite, como homenaxe á importancia do xénero das panxoliñas no conxunto do cancioneiro popular galego e na literatura galega en xeral.
En 2020, foi galardoado coa medalla Castelao.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]- A Roda (1977)
- Falemos Galego (1979)
- Pra os Amigos (1980)
- Os mariñeiros (1990)
- Eu teño un compadre (1992)
- A Roda Rodando (1993)
- Lembranzas (1994)
- Os Quintos (1995)
- Na Branca Noite (1996)
- Galicia terra única (1997)
- Onde Galicia é Portugal (1998)
- R. C. Celta - A Roda (1999)
- Aí o vén (1999)
- O son do camiño (2004)
- A Roda alalá adora (2006)
- Outra volta de roda (2014)
Nota
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] Arquivado 06 de xullo de 2015 en Wayback Machine. web da Fundación Premios da Crítica de Galicia
- ↑ "A Roda, Amigos do Camiño de Santiago, Pilar Cernuda, ‘Súper Piñeiro’ e Ana Peleteiro, Medallas Castelao 2020". Nós Diario. 19 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020.