Grial (revista)
Grial | |
---|---|
Capa do número 1 | |
País | España |
Lugar | Vigo |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1963 |
Primeira edición | 1963 |
Editorial | Editorial Galaxia |
Circulación | |
ISSN | 0017-4181 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Grial, subtitulada Revista galega de cultura, é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.
De seguido se converteu nunha revista de prestixio, dentro e fóra do país, na que colaboraron xentes de todas as ideoloxías do galeguismo e que levou a cabo un labor tanto de estudio da realidade galega, como de información da cultura exterior, seguindo a filosofía aperturista da que xa temos falado. — (Ramón Piñeiro: Da miña acordanza).
Descrición
[editar | editar a fonte]Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números[1], titulados: Presencia de Galicia, Pintura actual en Galicia, Presencia de Curros y Doña Emilia e Aspectos económicos e xurídicos de Galicia[2].
Entre 1952 e 1963, intentouse conseguir o permiso administrativo para volver publicar a revista, sen éxito. Soamente coa apertura, favorecida por Manuel Fraga, en 1963, se puido conseguir.[3]
Na revista Grial aparecen traballos de moitas personalidades relevantes do panorama cultural galego e internacional que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal empregando a lingua galega. Os grandes pensadores da cultura universal, apareceron en Grial grazas ás traducións realizadas polos colaboradores da revista, que se esforzaron en levar ao galego textos da cultura mundial de Le Corbusier, André Breton ou Baudelaire entre outros moitos.[4]
Os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego[5] ata o número 100. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo.
En xaneiro de 2021 Galaxia publicou en aberto (en formato PDF) os 156 primeiros números da revista e, en 2023, ampliou a oferta até o número 228.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Grial". revistasculturales.com/ (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2021.
- ↑ Vilavedra, 2004, p. 396
- ↑ Fernández del Riego, 1996, p. 66
- ↑ Fernández del Riego, 1996, p. 68
- ↑ Salgado, Daniel (28 de novembro de 2010). "Francisco Fernández del Riego, intelectual galleguista". elpais.com (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Grial". editorialgalaxia.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grial |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1010–1011. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Grial". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández del Riego, Francisco (1996). A xeración Galaxia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-037-3.
- Freixanes, Víctor (2005). "Galaxia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Lorenzana, Salvador (abril - maio - xuño, 1988). "Breve historia da prensa periódica en Galicia". Grial: 210–222. ISSN 0017-4181.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2004). "Galaxia". Dicionario da literatura galega. Termos e institucións literarias IV. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-656-8.