[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Irán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaIrán
ایران (fa) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoSoroud-e Melli-e Jomhouri-e Eslami-e Iran (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Takbir (pt) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Epónimoarianos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°N 53°L / 32, 53
CapitalTeherán Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación86.758.304 (2022) Editar o valor en Wikidata (52,64 hab./km²)
Lingua oficiallingua persa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.648.195 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Caspio, Golfo Pérsico e Golfo de Omán Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Damavand (5.610 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Caspio (−28 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 1 de abril de 1979:  (Government of Iran (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
década de 1970Revolución iraniana Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernorepública islàmica
Estado unitario Editar o valor en Wikidata
• Líder da Revolução (pt) Traducir Editar o valor en WikidataAli Khamenei (pt) Traducir (1989–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Iran (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataMasoud Pezeshkian (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoparlamento do Irão (pt) Traducir , (Escano: 290) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal359.096.907.773 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedarial iraniano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ir e ایران. (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+98 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia110, 115 e 125 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísIR Editar o valor en Wikidata

Páxina webpresident.ir… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451360

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia,[1] e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental.[2][3][4] Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo.[2][5] É o único país que ten costa no mar Caspio e no océano Índico.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo,[6][7] que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión.[8] Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento.[9] O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.[10][11]

Artigo principal: Historia de Irán.

Política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Irán.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Provincias de Irán.

Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior de Irán, e suxeito a aprobación do goberno.

Irán ten unha das taxas máis altas de crecemento urbano no mundo. De 1950 a 2002, a proporción de poboación urbana medrou do 27% ó 60%.[12] As Nacións Unidas predin que, en 2030, o 80% da poboación será urbana.[13]

A maioría dos inmigrantes internos asentáronse preto das cidades de Teherán, Isfahán, Ahvaz e Qom. As poboacións enumerades son de 2006/07 (1385 AP) do censo.[14] Teherán, cunha poboación de 7 705 036, é a meirande cidade de Irán, e a capital. Teherán é o fogar de case o 11% da poboación do país. Teherán, igual que moitas grandes cidades, padece dunha grave contaminación atmosférica e é o centro de todas as comunicacións e transportes do país.

Mashhad, cunha poboación de 2 410 800 persoas, é a segunda cidade maior de Irán e o centre da provincia de Razavi Khorasan. Mashhad é unha das cidades máis sagradas do mundo para os xiítas, co Santuario do Imán Reza. É o centro do turismo en Irán e entre 15 e 20 millóns de peregrinos van ó santuario cada ano.[15][16]

Outra cidade iraniana importante é Isfahán (cunha poboación de 1 583 609 de habitantes), que é a capital da Provincia de Isfahán. A Praza de Naghsh-i Jahan de Isfahán foi declarada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A cidade contén unha ampla variedade de elementos arquitectónicos islámicos, que van dende o século XI até o XIX. O crecemento da zona dos arredores da cidade converteu Isfahán na segunda área metropolitana máis poboada (3 430 353).[17]

A cuarta cidade maior de Irán é Tabriz (poboación de 1 378 935 hab.), a capital de Acerbaixán Oriental, que é tamén a segunda cidade industrial de Irán despois de Teherán. Tabriz foi a segunda cidade do país até o final de 1960 e foi tamén unha das súas capitais e a antiga residencia do príncipe da coroa no marco da dinastía qajar. A cidade demostrou ser extremadamente influente na historia recente do país.

A quinta cidade maior é Karaj (poboación de 1 377 450 hab.), que se atopa na provincia de Teherán a 20 km ó oeste da capital, ó pé das Montañas Alborz, mais a cidade está a converterse na extensión da metrópole de Teherán.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Irán.
Vista dende satélite de Teherán.

A paisaxe iraniana está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas das outras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.610 m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.

As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo Pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a al-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Ormuz e no Mar de Omán.

O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.

As principais cidades de Irán son Teherán, Isfahán, Mashhad, Tabriz, Shiraz e Urmia.

A illa maior é a de Qeshm, na costa de Hormozgan, no estreito de Ormuz (Golfo Pérsico), cunha superficie duns 1200 km² e unhas dimensións máximas de 135 km de longo e 40 de largo.[18]

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Irán.

A economía iraniana é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo Pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía de Irán.

Irán é un país diverso, composto por numerosos grupos étnicos e lingüístivos unificados por unha identidade nacional iraniana común.[19]

A poboación de Irán medrou axiña durante a segunda metade do século XX, pasando de 19 millóns en 1956 até 75 millóns en 2009.[20][21] Porén, a taxa de natalidade de país caeu de modo significativo nos últimos anos, cunha taxa de crecemento en xullo de 2012 do 1,29%.[22] Os estudos sinalan que o crecemento continuará a esmorecer até estabilizarse nos 105 millóns de persoas no ano 2050.[23][24]

Irán ten unha das meirandes poboacións de refuxiados do mundo, con máis dun millón de persoas, a maioría delas procedentes de Afganistán e Iraq.[25] Dende 2006, oficiais iranianos traballan xunto co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados e oficiais afgáns para a súa repatriación.[26] Segundo as estimacións, arredor de cinco millóns de cidadáns iranianos emigraron cara a outros países, a maioría dende a revolución de 1979.[27][28]

Segundo a Constitución iraniana, o goberno é responsable de achegar a cada cidadán do país acceso a servizos de seguridade social, xubilación, desemprego, terceira idade, discapacidade, accidentes, desastres, saúde e tratamento médico.[29] Estes servizos son cubertos pola recadación de impostos derivadas de contribucións públicas.[30]

Crecemento da poboación de Irán (1880–2016).
Artigo principal: Linguas de Irán.

A maioría da poboación fala o persa, que é tamén a lingua oficial do país. Tamén existe un número significativo de falantes doutras linguas iranianas, dentro da familia de linguas indoeuropeas, que pertencen a outros grupo étnicos de Irán.

No norte do país, principalmente nas provincias de Gilan e Mazenderan, fálase o gilaki e o mazenderani, tendo ámbalas dúas linguas moitas afinidades coas veciñas linguas do Cáucaso. En partes de Gilan, tamén se fala a lingua talysh que chega até a República de Acerbaixán. Na provincia do Kurdistán e nas áreas veciñas fálanse variedades de kurdo. En Khuzestan fálanse diferentes variedades da lingua persa. O luri e o lari fálanse no sur do país.

O azarí, que é a lingua máis falada do país despois do persa,[31] é falado en varias rexións de Irán xunto con outras linguas turcas, especialmente na rexión do Acerbaixán iraniano. Outras linguas minoritarias salientables en Irán son o armenio, o xeorxiano, neoarameo e o árabe. O árabe khuzi é falado polos árabes de Khuzestan, así como por un bo número de árabes iranianos. O circasiano foi outrora unha lingua amplamente falada pola minoría circasiana, pero debido á asimilación cultura, xa non existen falantes desa lingua no país.[32][33][34][35]

As porcentaxes de falantes das linguas son obxecto de debate xa que están motivadas pola política interna do país que ten en consideración ó meirande e o segundo grupo étnico de Irán, os persas e os azarís. As porcentaxes ofrecidas polo World Factbook da CIA sinalan un 53% de falantes de persas, un 16% de azarí, un 10% de kurdo, un 7% de mazanderani e gilaki, un 7% de luri, un 2% de turcomán, un 2% de baluchi, un 2% de árabe, e un 2% de armenio, xeorxiano, neoarameo e circasiano.[36]

Grupos étnicos

[editar | editar a fonte]

Tal como acontece coa diversidade lingüística do país, a composición étnica tamén é obxecto de debate, atendendo ós dous principais grupos étnicos, persas e azarís, xa que a República de Irán non conta cun censo baseado na identidade étnica. O World Factbook da CIA estimou que arredor do 79% da poboación de Irán é un grupo etnolingüístico indoeuropeo moi diverso que abrangue os falantes das linguas iranianas,[37] formando os persas (incluíndo mazanderanis e gilakis) o 61% da poboación, os kurdos o 10%, os luris o 6% e os baluchis o 2%. Os pobos doutros grupos etnolingüísticos forman o 21%, sendo os azarís o 16%, os árabes o 2%, os turcománs e outras tribos turcas o 2%, e outros (como os armenios, os talysh, os xeorxianos, os circasianos e os asirios) o 1%.[38]

Artigo principal: Cultura de Irán.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Provincias de Irán por poboación (2014).
  1. D. N. Mackenzie (15 de decembro de 1998). "Ērān, Ērānšahr". Encyclopaedia Iranica. iranicaonline.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2017. Consultado o 25 de agosto de 2010. 
  2. 2,0 2,1 BBC NEWS (ed.). "Iran Country Profile". Consultado o 8 de agosto de 2012. 
  3. Cesww.fas.harvard.edu (ed.). ""CESWW" – Definition of Central Eurasia". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2010. Consultado o 1 de agosto de 2010. 
  4. National Geographic, ed. (14 de xuño de 2013). "Iran Guide". Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  5. Encyclopædia Britannica, ed. (2012). "Iran". Encyclopædia Britannica. Consultado o 8 de agosto de 2012. 
  6. Christopher A Whatley (2001). Bought and Sold for English Gold: The Union of 1707 (Tuckwell Press, 2001)
  7. Lowell Barrington (xaneiro de 2012). Cengage Learning, ed. Comparative Politics: Structures and Choices, 2nd ed.tr: Structures and Choices. p. 121. ISBN 978-1-111-34193-0. Consultado o 21 de xuño de 2013. Ó igual que a China, Irán é o fogar dunha das civilizacións máis antigas do mundo 
  8. Encyclopædia Britannica. Britannica.com, ed. "Encyclopædia Britannica Encyclopedia Article: Media ancient region, Iran". Consultado o 25 de agosto de 2010. 
  9. David Sacks, Oswyn Murray, Lisa R. Brody; Oswyn Murray, Lisa R. Brody (2005). Infobase Publishing, ed. Encyclopedia of the ancient Greek world. p. 256. ISBN 978-0-8160-5722-1. 
  10. Stillman, Norman A. (1979). The Jews of Arab Lands. Jewish Publication Society. p. 22. ISBN 0827611552. 
  11. Jeffreys, Elizabeth; Haarer, Fiona K. (30 de setembro de 2006). Proceedings of the 21st International Congress of Byzantine Studies: London, 21–26 August, 2006, Volume 1. Ashgate Publishing. p. 29. ISBN 075465740X. 
  12. Payvand. "Iran: Focus on reverse migration" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2006. Consultado o 17 de abril de 2006. 
  13. "Islamic Azad University" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2008. 
  14. "Portal Nacional Iraniano de Estatísticas". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2007. Consultado o 27 de febreiro 2008. 
  15. "Religious Tourism Potentials Rich" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2005. Consultado o 28 de febreiro de 2008. 
  16. "Mashhad, Iran" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2010. Consultado o 28 de febreiro de 2008. 
  17. "Iran - Centre d'Estadística" (xls) (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2008. [Ligazón morta]
  18. "Earth from Space: Qeshm Island". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-05-14. 
  19. "Encyclopaedia Iranica. R. N. Frye. Peoples of Iran". Iranicaonline.org. Consultado o 14 de setembro de 2011. 
  20. Asia-Pacific Population Journal, United Nations. "A New Direction in Population Policy and Family Planning in the Islamic Republic of Iran". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de abril de 2006. 
  21. Countrystudies.us (ed.). "Iran – population". Consultado o 18 de xuño de 2011. 
  22. "کاهش غیرمنتظره نرخ رشد جمعیت در ایران". DW Persian. Consultado o 19 de xullo de 2012. 
  23. U.S. Bureau of the Census, 2005. Unpublished work tables for estimating Iran’s mortality. Washington, D.C.: Population Division, International Programs Center
  24. Iran News, Payvand.com. "Iran's population growth rate falls to 1.5 percent: UNFP". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016. Consultado o 18 de outubro de 2006. 
  25. Irinnews.org, ed. (4 de marzo de 2008). "Afghanistan-Iran: Iran says it will deport over one million Afghans". Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  26. United Nations, UNHCR. "Tripartite meeting on returns to Afghanistan". Consultado o 14 de abril de 2006. 
  27. Manouchehr Ganji (2002). Defying the Iranian Revolution: From a Minister to the Shah to a Leader of Resistance. Greenwood Publishing Group. p. 210. ISBN 978-0-275-97187-8. 
  28. "Migration Information Institute: Characteristics of the Iranian Diaspora". Migrationinformation.org. Consultado o 18 de xuño de 2011. 
  29. World Bank, ed. (2003). "Iran Social Security System" (PDF). Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  30. Aurelio Mejía (2013). "Is tax funding of health care more likely to be regressive than systems based on social insurance in low and middle-income countries?". Universidad de Antioquia. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  31. Annika Rabo, Bo Utas. The Role of the State in West Asia Swedish Research Institute in Istanbul, 2005 ISBN 9186884131
  32. Encyclopedia of the Peoples of Africa and the Middle East Facts On File, Incorporated ISBN 143812676X p 141
  33. Oberling, Pierre (7 de febreiro de 2012). "Georgia viii: Georgian communities in Persia". Encyclopaedia Iranica. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  34. Official Circassian Association (ed.). "Circassian". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de xuño de 2014. 
  35. Chardin, Sir John (xuño de 1997). "Persians: Kind, hospitable, tolerant flattering cheats?". The Iranian. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 1997. Consultado o 9 de xuño de 2014.  Excerpted from:
  36. CIA World Factbook. "Iran". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  37. J. Harmatta in "History of Civilizations of Central Asia", Chapter 14, The Emergence of Indo-Iranians: The Indo-Iranian Languages, ed. by A. H. Dani & V.N. Masson, 1999, p. 357
  38. CIA, ed. (2012). "The World Factbook: Iran". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2012. Consultado o 09 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]