[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Macau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMacau
澳門特別行政區 (zh-hant)
Região Administrativa Especial de Macau (pt) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

HimnoMarcha dos Voluntarios (1999) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 22°11′24″N 113°32′17″L / 22.19, 113.5381
EstadoRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación682.100 (2021) Editar o valor en Wikidata (5.915,87 hab./km²)
Lingua oficiallingua portuguesa
mandarín estándar
lingua cantonesa Editar o valor en Wikidata
Relixiónbudismo, Relixión tradicional chinesa e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie115,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude22 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoAlto de Coloane (pt) Traducir (1.706 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Cronoloxía
1557
20 de decembro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónXoán o Bautista Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGoverno da Região Administrativa Especial de Macau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Chefe (pt) Traducir Editar o valor en WikidataHo Iat Seng (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa de Macau (pt) Traducir , (Escano: 29) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal30.123.795.337 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaPataca macaense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mo Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+853 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999 Editar o valor en Wikidata
Código de paísMO Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2CN-MO e CN-92 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Río de Xaneiro
Luanda
Chieti
Recife
Faro
Maputo
Lisboa (1982–)
Bruxelas (1991–)
Porto (1997–)
Concello de Linköping (1997–)
Coímbra (1998–)
São Paulo (2000–)
Đà Nẵng (2006–)
Praia (2007–) Editar o valor en Wikidata
Patrimonio de influencia portuguesa

Páxina webgov.mo Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575408

Macau[1] (chinés tradicional: 澳門, chinés simplificado: 澳门, cantonés: Oumún, portugués: Macau), é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Estivo baixo a soberanía de Portugal ata o 20 de decembro de 1999. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 28,2 km². Ten preto de 647.700 habitantes. Aínda que a soberanía lle pertenza á República Popular da China, Portugal segue administrando o territorio, seguindo a política de "Un país dous sistemas", ideada por Deng Xiaoping. Esta forma de goberno vai estar en vigor ata, como mínimo o ano 2049, 50 anos despois da transferencia de soberanía, data na que se producirá a transferencia de administración, pola que Macau pasará a ser administrada pola China. Non obstante, a lei básica de Macau garante que a transferencia da administración poderá demorarse a partir de 2049 tanto tempo coma os habitantes de Macau queiran seguir baixo a RAEM, e dicir, administrados por Portugal.

As Ruínas de San Paulo.

En 1550, baixo o pretexto de secar a súa carga, os portugueses construíron uns predios en Macau. A colonia permanente foi fundada en 1557, e tiña un valor inmenso, especialmente cando as autoridades da China prohibiron o comercio directo co Xapón perante mais de cen anos, ao mesmo tempo os portugueses gañaron o monopolio nese comercio. Naturalmente, Macau era un porto importante no comercio entre Europa, a China e o Xapón, tamén.

Portugal pagaba polo alugamento de Macau á China entre 1573 e 1845. A importancia do porto de Macau reduciuse na primeira guerra do opio en 1841 cando Hong Kong se tornou no porto occidental máis importante na China. A illa de Taipa foi ocupada polos portugueses no 1851, mais o goberno da China só recoñeceu a ocupación de Macau no 1887. A pataca, a moeda local de Macau, foi lanzada polo Banco Nacional Ultramarino no 1905. A súa cuotación equivale á cuotación do dólar de Hong Kong. A poboación de Macau aumentou moito durante a segunda guerra mundial porque moitas persoas fuxiron da ocupación xaponesa de Cantón e de Hong Kong a Macau, visto que o Xapón respectaba a neutralidade de Portugal na guerra, a pesar disto o porto foi bombardeado aínda que aducindo que fora un erro por parte xaponesa.

Despois da Revolución dos Caraveis en 1974, Portugal alterou o estatuto de Macau para “un territorio chinés baixo administración portuguesa”. Propuxeron neste tempo a devolución de Macau a China, pero os chineses querían resolver a situación de Hong Kong antes de Macau. O contrato da devolución de Macau á China foi afirmado no ano 1987, e o 20 de decembro de 1999 foi fundada a rexión administrativa especial de Macau, co sistema chinés de “un país, dous sistemas”. Este sistema garante que Macau pode continuar co seu sistema de goberno con moita autonomía, só as relacións exteriores e a defensa son controladas polos chineses.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa de Macau

Macau está situado no sueste da China, na provincia de Cantón, na desembocadura do Río das Perlas. Fica só a 65 quilómetros de Hong Kong doutro lado da desembocadura, habendo barcos de enlace frecuentes entre as cidades. En aerobarco a viaxe só leva unha hora. As outras cidades importantes da área son Cantón, a capital da provincia homónima con 7 millóns de persoas e Shenzhen, unha cidade nova e enérxica. Shenzhen é unha rexión económica especial e unha das cidades máis ricas da China, agora cuns 4 millóns de habitantes.

O clima de Macau é subtropical. A temperatura media anual é de 22 °C, no verán mais de 30 °C e en Inverno 15 °C. A choiva é mais frecuente entre xullo e setembro. Os monzóns causan mudanzas no clima.

Macau consta dunha península e das illas de Taipa e Coloane. A área total é de 23´5 quilómetros cadrados, a península é de 9 km². A península é o centro político, económico, cultural e de transporte de Macau. O 94% da poboación e case toda a industria fican na península. A península ten topografía variable con moitos outeiros.

División administrativa

[editar | editar a fonte]
Freguesías de Macau

Durante o período colonial, Macau dividíase en dous concellos, o de Macau e o das Illas, e en sete freguesías. Cada concello estaba administrado por unha cámara municipal e tiña asemade unha asemblea municipal.

Despois da asunción da soberanía pola China os concellos quedaron abolidos, creouse o Instituto para os Asuntos Cívicos e Municipais, subordinado á Secretaría de Administración e Xustiza. Permaneceron as freguesías, pero ao non ter calquera poder administrativo, son simples divisións rexionais.

  • Freguesía da Sé.
  • Freguesía de Nossa Senhora de Fátima.
  • Freguesía de Nossa Senhora do Carmo (Taipa).
  • Freguesía de Santo António.
  • Freguesía de São Lázaro.
  • Freguesía de São Lourenço.
  • Freguesía de São Francisco Xavier (Coloane).

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os portugueses sempre foron unha minoría en Macau. No ano 1563 Macau tiña cinco mil habitantes, dos que 4100 eran chineses e 900 portugueses. Agora, os números son moito máis altos, e a porcentaxe dos portugueses é aínda mais baixa. Dos 450 mil habitantes de Macau, uns 96% son chineses, a maioría dos outros son de orixe portuguesa.

As linguas oficiais son o portugués e mailo cantonés, aínda que só unha porcentaxe moi reducida fala portugués. Os de orixe portuguesa (na maioría dos casos teñen antepasados chineses tamén) que viven en Macau chámanse Macaenses ou "fillos da terra". En Macau desenvolveuse unha lingua crioula, o patuá ou macaense, baseada no portugués, con influencias de cantonés, malaio e moitas outras linguas, mais que actualmente só fala un pequeno feixe de xente maior.

Matteo Ricci

Macau ten varias relixións. A metade da poboación é budista, 15% católica. Os portugueses expediron moitos misioneiros a Macau, entre outras, a persoa occidental mais famosa na China, Matteo Ricci. Mais tamén a arte, a literatura clásica, a medicina e filosofía chinesa viñan á Europa vía Macau.

A comida de Macau tamén é unha mestura de culturas. Unha das delicias da gastronomía do Sur da China é o din sum (点心 (diǎnxīn en Mandarín)) que é unha mestura riquísima de pequenos pratos diferentes. A culinaria dos macaenses naceu cando as esposas orientais dos portugueses tentaban facer comidas portuguesas cos ingredientes locais. Evidentemente, as súas propias tradicións culinarias influíron nestas comidas. Lacasá, de tallaríns e porco afumado, arroz gordo, pato cabidela, sopa de aleta de quenlla, carne de porco doce e pito frito son comidas populares.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Macau.

A moeda usada en Macau é a Pataca. A economía está en gran parte baseada no turismo (en 2000, máis de 8 millóns de turistas chegaron a Macau) e na produción de téxtiles e de fogos de artificio. Despois de Hong Kong ter substituído Macau como porto de comercio occidental na China, a economía de Macau ten dependido de catro piares: turismo e dos xogos de azar nos casinos, procesamento de téxtiles, transaccións bancarias e construción.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para macaense.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]