[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Chaira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A rexión pampeana, na Arxentina, é unha das chairas máis extensas e fértiles do planeta.
Árbore illada na Terra Chá.

En xeografía, unha chaira[1] ou planicie é unha grande extensión de terra plana ou con lixeiras ondulacións.

Localización

[editar | editar a fonte]

As chairas pódense encontrar en terras baixas, xeralmente por debaixo dos 200 m ou menos sobre o nivel do mar ou no fondo dos vales. Tamén se encontran en mesetas, en altitudes superiores aos 500 m e a elevacións aínda superiores, en altiplanos.

Nun val, as chairas poden estar delimitadas por dous lados ou, noutros casos, estar rodeadas, total ou parcialmente, por un anel de outeiros, montañas ou acantilados. Nas rexións onde hai máis dunha chaira, estas adoitan estaren conectadas por un paso ou unha brecha. A súa formación puido deberse a lava, cursos de auga ou xeo que foron fluíndo desde montañas, ou por erosiónvento.

Importancia económica

[editar | editar a fonte]

En moitas zonas, as chairas son economicamente importantes para o ser humano. Os sedimentos depositados no solo convértenas en lugares fértiles para o desenvolvemento dos cultivos e os pastos e a súa planicie facilita a mecanización das colleitas.

Segundo a súa formación, as chairas denomínanse:

Paisaxe da chaira Panónica en Hungría.
Chaira aluvial formada polo río Mendoza, provincia de Mendoza. Arxentina.
Diagrama dos ecosistemas oceánicos. A zona C corresponde á chaira abisal.
  • Chairas estruturais, superficies horizontais relativamente pouco perturbadas. Zonas estruturalmente deprimidas que forman algunhas das terras baixas máis extensas da superficie terrestre.
  • Chairas erosionais, que foron niveladas por varios axentes de erosión, como a auga, os ríos, o vento ou os glaciares, que desgastaron a súa rugosa superficie e as alisaron. Son o resultado do desgaste das rochas sobre a superficie terrestre. O termo superficie de planeación é máis preciso, porque moitas das superficies poderían denominarse superficies de erosión.

Chairas de grandes dimensións son a rexión pampeana, a chaira europea oriental ou a chaira de Dōgo no Xapón. En Galicia a chaira máis grande é a que conforma a Terra Chá luguesa.

  • Chairas deposicionais, formadas pola deposición de materiais deixados por axentes como o vento, os ríos, as ondas e os glaciares. A súa fertilidade e relevancia económica depende principalmente do tipo de sedimentos depositados.

Este tipo de chairas agrúpanse en:

Os sedimentos que conforman as chairas son de distinta orixe e composición. Os que foron transportados polos ríos e depositados na superficie denomínanse limos; están formados por grans moi pequenos, como os de arxilas, e os sedimentos eólicos, é dicir, movidos polo vento, denomínanse loess.

  • Chairas glaciais, formadas polo movemento dos glaciares, debido á forza da gravidade:
    Sandur, planicie formada por sedimentos fluviais finos que proveñen da fusión de glaciares na porción superior das concas asociadas.
    Chaira glaciar de till, formada por pías de sedimentos heteroxéneos de orixe glaciar.
  • Chaira abisal, zona chá ou de pendente moi suave do fondo da conca oceánica profunda.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chaira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigoa

[editar | editar a fonte]