Exipto
جُمهورِيّةُ مِصرَ العَرَبيّةِ (ar) مصر (ar) Arab Republic of Egypt (en) Egypt (en) Republik Arab Mesir (ms) Mesir (ms) | |||||
Himno | Bilady, Bilady, Bilady | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «مصر أمّ الدنيا» | ||||
Epónimo | Ptah e Mizraim (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | O Cairo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 94.798.827 (2017) (93,82 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.010.407,87 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo, Nilo e Mar Vermello | ||||
Punto máis alto | Jabal Katrina (2.629 m) | ||||
Punto máis baixo | Depressão de Qattara (pt) (−133 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de febreiro de 1922: Reino de Exipto | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Presidente | Abdel Fatah al-Sisi (2014–) | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Egypt (en) | ||||
• Primeiro ministro | Mustafa Madbuli (2018–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento do Egito (pt) , (Escano: 596) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Constitutional Court of Egypt (en) | ||||
Membro de | Organización Mundial da Saúde União Postal Universal (pt) (1875–) Unión Internacional de Telecomunicacións (1876–) ../... 26+ | ||||
PIB nominal | 424.671.765.456 $ (2021) | ||||
Moeda | Libra exipcia | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .eg e .مصر (mul) | ||||
Prefixo telefónico | +20 | ||||
Teléfono de emerxencia | 122, 123 e 180 (pt) | ||||
Código de país | EG | ||||
Exipto[1][2][3] (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sáhara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo, unha das máis poboadas de África.
Exipto ten unha das historias máis antigas entre os países do mundo, cuxa orixe se remonta ós milenios VI e IV a.C. Considerada un berce da civilización, o Antigo Exipto experimentou algunhas das máis antigas formas de escrita, agricultura, urbanización, relixión organizada e goberno central.[4] Monumentos icónicos como as pirámides de Gizeh e a súa Grande Esfinxe, así como as ruínas de Menfis, Tebas, Karnak e o Val dos Reis, reflicten este legado e manteñen un significativo foco de interese científico e popular. A gran e rica herdanza cultural de Exipto é unha parte integral da súa identidade nacional, que padeceu, e ás veces asimilou, varias influencias estranxeiras, como os gregos, persas, romanos, árabes, turcos otománs e nubios. Exipto foi un importante e temperán centro do cristianismo, mais foi amplamente islamizado no século VII e mantense como un país amplamente musulmán aínda que cunha significativa minoría cristiá.
Dende o século XVI até comezos do XX, Exipto foi gobernado por potencias coloniais estranxeiras, o Imperio Otomán e o Imperio Británico. O Exipto moderno data do ano 1922, cando conseguiu a súa independencia do Imperio Británico como unha monarquía. Porén, a ocupación militar británica continuou, co cal moitos exipcios creron que a monarquía era un instrumento do colonialismo británico. Despois da revolución de 1952, Exipto expulsou os soldados e burócratas británicos e rematou coa ocupación, nacionalizou o Canal de Suez, exiliou o rei Farouk e a súa familia, e declarou a república. En 1958, uniuse con Siria para formar a República Árabe Unida, que se disvolveu en 1961. Ó longo da segunda metade do século XX, Exipto sufriu conflitos sociais, relixiosos e inestabilidade política, loitando en varios enfrontamentos armados con Israel en 1948, 1956, 1967 e 1973, e ocupando a Franxa de Gaza de xeito intermitente até 1967. En 1978, Exipto asinou os Acordos de Camp David, retirándose oficialmente da Franxa de Gaza e recoñecendo o estado de Israel. O país segue afrontando retos, como a inestabilidade política, incluíndo a recente revolución de 2011 e as súas consecuencias, o terrorismo e o subdesenvolvemento económico. O goberno actual de Exipto é unha república presidencial liderada polo presidente Abdul Fatah al-Sisi, que foi descrito por numerosos observadores como autoritario.
O islam é a relixión oficial de Exipto e o árabe é a súa lingua oficial.[5] Con máis de 95 millóns de habitantes, Exipto é o país máis poboado do Norte de África, de Oriente Medio e do Mundo árabe, sendo o terceiro máis poboado de África (despois de Nixeria e Etiopía), e o décimo quinto do mundo. A gran maioría da poboación vive preto das beiras do río Nilo, nunha área de 40 000 km² onde se atopa a única terra arable. As grandes rexións do deserto do Sáhara, que constitúen a maioría do territorio exipcio, están escasamente poboadas. Arredor da metade dos cidadáns exipcios habitan en áreas urbanas, especialmente nos centros densamente poboados do Cairo, Alexandría e outras grandes cidades do delta do Nilo.
O estado soberano de Exipto é un país transcontinental considerado como unha potencia rexional no Norte de África, no Oriente Medio e no Mundo árabe, así como unha potencia intermedia no contexto mundial.[6] A economía de Exipto é unha das meirades e das máis diversificadas de Oriente Medio, e crese que será unha das maiores do mundo ó longo do século XXI. En 2016, Exipto superou a Suráfrica e converteuse na segunda maior economía de África (despois de Nixeria).[7][8] Exipto é membro fundador das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Unión Africana e da Organización para a Cooperación Islámica.
Nomes
[editar | editar a fonte] |
"Miṣr" (mesˤɾ; "مِصر") é o nome clásico árabe e a forma moderna oficial do nome de Exipto, mentres que "Maṣr" (mɑsˤɾ; مَصر) é a pronunciación local en árabe exipcio.[10] O nome ten orixe semítica, sendo un cognado con outras palabras semíticas para Exipto como o hebreo "מִצְרַיִם" ("Mitzráyim"). O rexistro máis antigo para este nome de Exipto é o acadio "mi-iṣ-ru" ("miṣru")[11][12] que está relacionado con miṣru/miṣirru/miṣaru, que quere dicir "límite" ou "fronteira".[13]
|
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Exipto.
Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política de Exipto.
Exipto é unha república unitaria e presidencialista cuxo presidente, como xefe de Estado e comandante supremo das forzas armadas do país, representa ao poder executivo elixido mediante plebiscito popular para un período de seis anos. Non había límite constitucional respecto á cantidade de mandatos consecutivos dun presidente.
Exipto foi o primeiro país árabe en establecer a paz con Israel despois da sinatura dos acordos de Camp David.
- Nome oficial: República Árabe de Exipto
- Sistema legal: baseado na Constitución de 1971.
- Lexislación nacional: sistema unicameral (Majlis Al-Shaab ou asemblea do pobo).
- Sistema electoral: sufraxio universal directo.
- Xefe do Estado: o presidente, nomeado por maioría de dous terzos da asemblea e elixido por referendo.
- O goberno nacional: consello de ministros, presidido polo primeiro ministro.
- Principais partidos políticos: o partido Nacional Demócrata, o partido Socialista Laboral, o partido Socialista Liberal, New Wafd, o partido Nacional Progresista Unionista.
Aínda que aparentemente o poder organízase baixo un sistema multipartidista, na práctica por máis de cincuenta anos o presidente elixiuse en eleccións cun só candidato. Exipto tamén celebra eleccións parlamentarias multipartidistas de xeito regular.
En febreiro de 2005 o entón presidente Hosni Mubarak anunciou a reforma da lei para a elección presidencial, de maneira que nas eleccións de 2010 houbo varios candidatos, por primeira vez desde 1952, e limítase o mandato a sete anos con só dúas lexislaturas.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Subdivisións de Exipto.
Exipto está dividido en 27 gobernacións ou provincias (muhafazah; en singular muhafazat).
En orde alfabética son:
|
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Exipto.
O río principal é o Nilo, que atravesa o país correndo do sur ó norte, desembocando no delta do Nilo sobre o mar Mediterráneo. Un dos brazos do delta chega á milenaria cidade de Alexandría, fundada por Alexandre Magno.
Alén da capital, O Cairo, as outras cidades importantes de Exipto son Alexandría, al-Mansurah, Asuán, Asyut, El-Mahalla El-Kubra, Gizé, Hurghada, Luxor, Kom Ombo, Port Safaga, Porto Said, Sharn el Sheikh, Shubra-El-Khema, Suez e Zagazig.
Exipto inclúe partes do deserto do Sáhara e do deserto Libio, onde existen algúns oasis, como o oasis de Bahariya, o de Dakhleh, o de Farafra, o de Kharga e o de Siwa.
Exipto fai fronteira con Libia polo oeste, Sudán ó sur e Israel ó nordés. O país controla a canle de Suez, que liga o Mediterráneo ao mar Vermello.
O papel importante que Exipto desempeña na xeopolítica vén da súa posición estratéxica como ponte terrestre entre África e mais Asia, e como ponte de pasaxe entre o Mediterráneo e o océano Índico.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Exipto.
Exipto ten un PIB de aproximadamente 200.000 millóns de dólares, segundo o método Paridade de Poder de Compra (PPP). A riqueza de Exipto, desde a máis remota antigüidade, baséase na agricultura, e os campos fertilizábanse co limo das enchentes anuais do Nilo. As reformas agrícolas de 1952 e 1961 e a construción da presa de Asuán, provocaron unha revolución agrícola que aumentou a produción, pero trouxo múltiples problemas: Ao fertilizarse con produtos químicos e non polas enchentes do río, estase afectando o equilibrio biolóxico da zona, producíndose unha salinización do chan e aparecendo novos parasitos. O cultivo de maior importancia é o algodón.
Exipto é predominantemente un país agrícola, pois ao redor do 40 por cento da forza laboral dedícase aos cultivos agrícolas ou gandeiros. A economía de Exipto socializouse tras a promulgación dunha serie de leis a comezos de 1961. O patrón da propiedade da terra foi moi alterado polo Decreto de Reforma Agraria de 1952, que limitaba as explotacións individuais a unhas 80 hectáreas, cifra revisada en 1961 a preto de 40 hectáreas, e revisada de novo a unhas 20 hectáreas en 1969.
As terras requisadas polo goberno distribuíronse entre os campesiños (fellahin), pero segue habendo grandes diferenzas económicas entre a clase media e os agricultores. Os programas gobernamentais ampliaron as zonas de cultivo mediante a rexeneración, o regadío (sobre todo desde a terminación da presa de Asuán, en 1970), e a utilización de tecnoloxía avanzada, como equipos mecanizados e fertilizante químicos.
O rendemento das terras agrícolas de Exipto está entre as máis altas do mundo. Exipto é un dos principais produtores mundiais de produtos básicos de algodón; a produción anual de fibra de algodón era dunhas 300.000 toneladas métricas a principios de 1990. O clima cálido e a abundancia de auga permiten ata tres colleitas por ano, dando abundantes colleitas agrícolas. Nos anos 1990 o valor estimado anual de produción en millóns de toneladas métricas, como arroz (3,9), tomates (4,7), trigo (4,6), millo (5,2), cana de azucre (3,1), patacas (1,8), e laranxas (1,7). Tamén se cultiva unha ampla variedade doutras froitas e hortalizas.
A principal industria gandeira de Exipto é a cría de bestas de carga. O gando a principios do decenio de 1990 incluía uns 3 millóns de cabezas de gando vacún, 3 millóns de búfalos, 4,4 millóns de ovellas, 4,8 millóns de cabras, 1,6 millóns de asnos, e 40 millóns de aves de curral.
Exipto posúe importantes xacementos de petróleo e gas, pero a industria máis explotada é o turismo, xa que as pirámides e reliquias desta civilización milenaria atraen moitas persoas todos os anos. É unha das economías máis estables da rexión, cun PIB por habitante de 4.274 dólares (datos de OMS para 2004).
A unidade monetaria é a libra exipcia, que se divide en 100 piastras; circula cos seguintes valores:
- Billetes en libras: 100, 50, 20, 10, 5 e 1.
- Billetes en piastras: 50, 25, 10 e 5.
- Moedas en piastras: 10, 5, 1 e 1/2.
Cambio oficial:
- 1 dólar estadounidense: 5,75 libras exipcias (2006).
- 1 euro: 7,5 libras exipcias (2006).
Durante os últimos 40 anos, o goberno exipcio adoptou estratexias que van dunha economía de orde soviética a unha economía de mercado, con varias variantes entre ambas, predominando para rematar as tendencias socialistas moderadas intentado facer prosperar o país. Hai un sector público forte cuxa ineficacia intenta combater o Goberno.
As industrias máis produtivas son a téxtil, a dos fertilizantes e produtos de caucho e a do cemento. Hai algo de industria pesada e varias plantas de ensamblaxe de automóbiles.
Os socios comerciais principais do país son EEUU e algúns dos países da Unión Europea (Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido). Os cambios radicais no anterior bloque soviético, que era o mercado principal de Exipto, tiveron un grande impacto na economía, aínda que despois o país converteuse no segundo país en recibir axuda dos Estados Unidos, tras Israel; entre 1994 e o 2004 Exipto recibiu uns 2000 millóns de USD por ano de axuda dos Estados Unidos Exipto tiña en 1990 serios desequilibrios económicos tanto internos como externos: unha estrutura industrial organizada por Nasser de titularidade pública, sobredimensionada, obsoleta e de moi baixa produtividade. Un sector agrario rixidamente controlado polo estado con prezos intervidos e deficitarios. Para rematar, un sector exterior deficitario e baseado nas exportacións de produtos enerxéticos, as remesas de emigrantes, os ingresos da canle de Suez e o turismo, todo iso sostivera o desenvolvemento na década de 1970, pero era sensible ao novo terrorismo dos integristas islámicos.
Así mesmo, o déficit público era practicamente insostible e xerador de inflación e o país apenas podía facer fronte á situación xurdida tras a explosión da crise da débeda nos anos oitenta, que tan seriamente afectou a case todos os países en vías de desenvolvemento.
En 1991, o goberno elaborou un programa e propuxo varias medidas:
- Privatizar 314 empresas públicas.
- Mellorar a agricultura, que xera ao redor do 20% de Produto Nacional Bruto, cun ambicioso proxecto: a Canle de Toshka, inaugurada en xaneiro de 1997, cuxa finalidade é facer un delta alternativo e paralelo ao val do Nilo que recuperará terras do deserto.
- Crear proxectos industriais, mineiros e turísticos así como novos asentamentos en Toshka para reducir a densidade de poboación das ribeiras do Nilo.
Demografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Demografía de Exipto.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura de Exipto.
Ver tamén os artigos sobre literatura exipcia e literatura copta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para exipcio.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1443. ISBN 9788482893419.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Midant-Reynes, Béatrix (2000). The Prehistory of Egypt: From the First Egyptians to the First Kings. Oxford: Blackwell Publishers.
- ↑ "Constitution of The Arab Republic of Egypt 2014" (PDF). sis.gov.eg. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2015. Consultado o 13 de abril de 2017.
- ↑ "Lessons from/for BRICSAM about south–north Relations at the Start of the 21st Century: Economic Size Trumps All Else?". International Studies Review 9.
- ↑ "South Africa just lost its spot as Africa's second largest economy". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2017.
- ↑ "South Africa's Economy Falls To Third Behind Nigeria, Egypt". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2017.
- ↑ Hoffmeier, James K (1 de outubro de 2007). "Rameses of the Exodus narratives is the 13th B.C. Royal Ramesside Residence". Trinity Journal: 1. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2010. Consultado o 30 de setembro de 2012.
- ↑ Z., T. (1928). "Il-Belt (Valletta)" (PDF). Il-Malti (en maltés) (2 ed.) (Il-Ghaqda tal-Kittieba tal-Malti) 2 (1): 35. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2019.
- ↑ p. 128) and Nadav Na’aman ("Shaaraim – The Gateway to the Kingdom of Judah" in The Journal of Hebrew Scriptures, Vol. 8 (2008), article no. 24 Arquivado 17 de outubro de 2014 en Wayback Machine., pp. 2–3).
- ↑ "On the So-Called Ventive Morpheme in the Akkadian Texts of Amurru". www.academia.edu. p. 84. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2015.
- ↑ Black, Jeremy A.; George, Andrew; Postgate, J.N. (2000). A Concise Dictionary of Akkadian. Otto Harrassowitz Verlag. ISBN 978-3-447-04264-2.
- ↑ Rosalie, David (1997). Pyramid Builders of Ancient Egypt: A Modern Investigation of Pharaoh's Workforce. Routledge. p. 18.
- ↑ Muḥammad Jamāl al-Dīn Mukhtār. "Ancient Civilizations of Africa". Books.google.co.za. p. 43. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de maio de 2016.
- ↑ Antonio Loprieno, "Egyptian and Coptic Phonology", in Phonologies of Asia and Africa (including the Caucasus). Vol 1 of 2. Ed: Alan S Kaye. Winona Lake, Indiana: Eisenbrauns, 1997: p. 449
- ↑ "A Brief History of Alchemy". University of Bristol School of Chemistry. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Breasted, James Henry; Peter A. Piccione (2001). Ancient Records of Egypt. University of Illinois Press. pp. 76, 40. ISBN 978-0-252-06975-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Exipto |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Goberno
- Portal de Información de Exipto (en árabe) (en inglés)
- Centro de Decisión e Información de Exipto (en árabe) (en inglés)
- Servizos de Información de Exipto (en árabe) (en inglés) (en francés)
- Autoridade Turística ExipciaArquivado 03 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Xeral