Historia de Exipto
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Historia de Exipto | |
Mapa de 1805. | |
Historia | de Exipto |
Cronoloxía | Cronoloxía de Exipto |
Categoría | Historia de Exipto |
Prehistoria | |
Prehistoria de Exipto | |
Idade Antiga | |
Historia antiga de Exipto | |
Idade Media | |
Historia medieval de Exipto | |
Idade Moderna | |
Historia moderna de Exipto | |
Idade Contemporánea | |
Historia contemporánea de Exipto |
A historia de Exipto abrangue a historia de Exipto e a dos seus estados predecesores, coñécese de maneira practicamente ininterrompida desde hai máis de 5 000 anos, o que fai dela a de maior duración da humanidade.
Idade Antiga
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia antiga de Exipto.
Antigo Exipto
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Antigo Exipto.
Os primeiros tempos históricos son os do Exipto faraónico, unha civilización formada a finais do IV milenio a. C., no final do Neolítico, arredor do cultivo que permitían as crecidas periódicas do Nilo. Esta é a civilización que construíu as pirámides.
Período greco-romano
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Período grecorromano de Exipto.
O declive deste imperio a partir do I milenio a. C. permitiu que fose conquistado por potencias estranxeiras e, finalmente polos gregos no 332 a.C. e polos romanos no 30 a. C. No Exipto dos primeiros séculos da Era Cristiá fermentaron algúns movementos decisivos no futuro do cristianismo, como o eremitismo, e a súa teoloxía desenvolveuse profundamente desde Alexandría.
Idade Media
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia medieval de Exipto.
Conquista árabe
[editar | editar a fonte]Coa conquista de Exipto polos árabes en 641, deuse outra mudanza substancial, xa que pasou a facer integral parte do mundo árabe. Pertenceu a sucesivos califatos e dinastías de diversas orixes até ser conquistado polos otománs en 1517.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia moderna de Exipto.
Imperio Otomán
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia do Exipto otomán.
Exipto resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos mamelucos até ser conquistada polos franceses en 1798.
Muhammad Alí e os seus sucesores
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Exipto baixo a dinastía de Muhammad Ali.
Muhammad Alí modernizou Exipto e elevouno á categoría de potencia rexional, o que lle permitiu funcionar de maneira moi autónoma dentro do Imperio Otomán. Os gobernantes que o seguiron avanzaron na modernización mais levaron o país á bancarrota, permitindo así a intervención do Reino Unido.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia contemporánea de Exipto .
Entre 1882 e 1992, Exipto foi unha colonia do Imperio Británico. Nesta data concedéuselle a independencia, que non foi efectiva (coa retirada das tropas británicas) até 1952, cando os "oficiais libres", liderados por Gamal Abdel Nasser, destronaron o rei Farouk.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Civilización Exipcia - O Exipto Antigo
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |