[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pirámides de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Necrópole de Gizeh, onde están localizadas as pirâmides de Keops, Kefrén e Micerino.

As Pirámides de Exipto son antigas estruturas feitas en albanelaría construídas pola civilización do Antigo Exipto.

Até novembro de 2008, existían fontes citando entre 118 e 138 pirámides exipcias identificadas.[1][2] A maioría delas foron construídas como túmulos para os faraóns e as súas consortes durante os períodos do Antigo e do Medio Imperio.[3][4]

As máis antigas pirámides exipcias coñecidas foron encontradas en Saqqara, ó noroeste de Menfis. A primeira delas foi a Pirámide de Zoser (feita entre 2630 a.C-2611 a.C.), que foi construída durante a III dinastía exipcia. Esta pirámide e o seu complexo circundante foron proxectados polo polímata, e o entón arquitecto, Imhotep. Elas son xeralmente consideradas as máis antigas estruturas monumentais do mundo construídas de albanelaría vestida.[5]

As máis famosas pirámides exipcias son aquelas atopadas na Necrópole de Gizeh, nas aforas da cidade do Cairo. Varias das pirámides de Gizeh están entre as maiores estruturas xa construídas dende a Antigüidade.[6] A pirámide de Keops, en Gizeh, é a maior pirámide exipcia, cuxa altura orixinal chegaba a máis de 140 metros. É a única das sete marabillas do mundo antigo que permanece de pé.

Desenvolvemento histórico

[editar | editar a fonte]
Mastaba de Chepseskaf, en Saqqara

Até o momento do Período Arcaico, no inicio da historia exipcia, aqueles con medios suficientes eran enterrados en estruturas coñecidas como mastabas.[7][8]

A segunda pirámide exipcia historicamente documentada é atribuída ó polímata Imhotep, que arquitectou o que os exiptólogos cren ser un túmulo para o faraó Zoser. Imhotep é acreditado como o primeiro en concibir a noción de amoreamento de mastabas, que culminou na creación dun edificio composto por unha serie de "chanzos" que diminuían de tamaño en dirección ó seu ápice. O resultado foi a pirámide de chanzos de Zoser, que foi concibida para servir como unha escaleira xigantesca pola cal a alma do faraón falecido podería ascender ós ceos. Debido á grande importancia da realización de Imhotep, el foi deificado por exipcios posteriores.[9]

A fase máis producente e aplicada de construción de pirámides coincidiu co auxe do goberno faraónico absolutista. Foi durante esa época que as pirámides máis famosas, aquelas próximas de Gizeh, foron construídas. Co tempo, a capacidade e as ganas de aproveitar os recursos necesarios para a construción en grande escala diminuíu e as pirámides posteriores pasaron a ser menores, con menos coidados na construción e, moitas veces, feitas ás présas.

Moito tempo despois do fin do período de construción desas pirámides, unha construción sistemática iniciouse no territorio do actual Sudán, despois de moito do Antigo Exipto caer baixo o dominio dos reis de Napata. Malia que o réxime napatano foi breve, rematando en 661 a.C., a influencia exipcia deixou trazos marcantes na súa cultura e, durante o reino sudanés de Meroé, na rexión da Nubia, houbo un rexurdimento na construción de estruturas piramidais, período en que máis de 200 pirámides que servían como túmulos reais e inspiradas nas pirámides exipcias, foron construídas nas proximidades da capital do reino.

Al-Aziz Uthman (1171-1198) tentou destruír as pirámides de Gizeh. Desistiu despois de danar a Pirámide de Micerino, xa que a tarefa resultou ser complexa demais.[9]

Simbolismo

[editar | editar a fonte]
Pirâmides exipcias
Pirámide de Sahuré
Pirámide Vermella
Pirámide de Meidum
Pirámide de Amenemhet I

Crese que a forma de pirámides exipcias represente o monte primordial a partir do cal os exipcios crían que a Terra foi creada. A forma piramidal representaba os raios descendentes do Sol e a maioría das pirámides eran revestidas por pedra calcaria branca, polida e altamente reflexiva, o que daba a esas estruturas unha aparencia brillante cando eran vistas á distancia.

Malia que xeralmente se acepta que as pirámides eran monumentos funerários, non hai consenso sobre os principios teolóxicos particulares que poidan ter dado a orixe. Unha suposición é que estas estruturas foron concibidas como un tipo de "máquina de resurección".[10]

Os exipcios crían que a área escura do ceo nocturno en torno ó cal as estrelas parecían xirar era a porta de entrada física para os ceos. Un dos eixos estreitos que se estende a partir da cámara funeraria principal por toda a estrutura da Grande Pirámide apunta directamente para o centro desta parte do ceo. Isto suxire que a pirámide puido ser creada para servir como un medio para lanzar maxicamente a alma do faraón falecido directamente para a morada dos deuses.[10]

Todas as pirámides exipcias foron construídas na marxe occidental do río Nilo, lugar onde ocorre o solpor, o que era asociado ó reino dos mortos na mitoloxía exipcia.[11]

  1. Slackman, Michael (17 de novembro de 2008). "In the Shadow of a Long Past, Patiently Awaiting the Future". The New York Times. Consultado o 1 de maio de 2010. 
  2. Mark Lehner (2008). The Complete Pyramids: Solving the Ancient Mysteries. p. 34. Thames & Hudson. 25 de marzo de 2008. ISBN 978-0-500-28547-3. 
  3. Slackman, Michael (16 de novembro de 2007). "In the Shadow of a Long Past, Patiently Awaiting the Future". New York Times. Consultado o 17 de novembro de 2008. Deep below the Egyptian desert, archaeologists have found evidence of yet another pyramid, this one constructed 4,300 years ago to store the remains of a pharaoh’s mother. That makes 138 pyramids discovered here so far, and officials say they expect to find more. 
  4. Michael Ritter (2003) [1] Arquivado 11 de maio de 2008 en Wayback Machine. Dating the Pyramids. Consultado o 13 de abril de 2005
  5. Lehner, Mark (1997). The Complete Pyramids. Nova York: Thames and Hudson. p. 84. ISBN 978-0-500-05084-2. 
  6. Watkin, David (2005). A History of Western Architecture (4th ed.). Laurence King Publishing. p. 14. ISBN 978-1-85669-459-9. "The Great Pyramid...is still one of the largest structures ever raised by man, its plan twice the size of St. Peter's in Rome"
  7. [2] Burial customs: mastabas. University College London (2001) Consultado o 14 de abril de 2005
  8. "Early Dynastic burial customs". Digitalegypt.ucl.ac.uk. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  9. 9,0 9,1 Quirke, Stephen (2001). The Cult of Ra: Sun Worship in Ancient Egypt. Thames & Hudson. pp. 118–120
  10. 10,0 10,1 Toby Wilkinson (2004). "Before the Pyramids". Egypt at its Origins. Studies in Memory of Barbara Adams Proceedings of the International Conference "Origin of the State. Predynastic and Early Dynastic Egypt", Krakow, 28th August - 1st September 2002. Peeters. p. 1142. ISBN 978-90-429-1469-8. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  11. "Discovery Channel Nederland". Discoverychannel.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2004. Consultado o 16 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]