[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Economía de Irán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Irán
Moeda rial iraniano
Organizacións comerciais de que fai parte ECO, OPEP, GECF, OMC (observador)
Datos estatísticos[1]
PIB 876 mil millóns (2009)
Posición do PIB 16ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 2,6% (2009)
PIB per cápita $ 12.900 (2009)
PIB por sector agricultura 10,9%, industria 45,2%, comercio e servizos 43,9% (2009)
Inflación 10,8% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 25,02 millóns (2009)
Forza de traballo por sector agricultura 25%, industria 31%, comercio e servizos 45% (2007)
Desemprego 11,8% (2009)
Industrias petróleo, petroquímicos, fertilizante, soda cáustica, automóbiles, fármacos, utensilios domésticos, electrónicos, equipamentos de telecomunicación, enerxía, téxtiles, construción, cemento e outros materiais de construción, procesamento de alimentos, fabricación de metais ferrosos e non ferrosos, armamentos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 70,16 mil millóns (2009)
Produtos de exportación petróleo 80%, produtos químicos e petroquímicos 4%, frutas e sementes 2%, automóveis 2%, tapetes 1%, serviços técnicos
Principais mercados República Popular da China 15,3%, Xapón 14,3%, India 10,4%, Corea do Sur 6,4%, Turquía 6,4%, Italia 4,5% (2008)
Importacións 57,16 mil millóns (2009)
Principais produtos importados matérias-primas industriais e bens intermediários 46%, bens de capital 35%, alimentos e outros bens de consumo 19%, serviços técnicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 21,77 mil millóns(2008)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía de Irán é unha economía de transición cun sector estatal pouco eficiente e unha forte dependencia do petróleo[1]. O crecemento da forza laboral non é acompañado de mellora da súa cualificación, o que eleva o desemprego a un nivel máis alto que os 12% estimados polo goberno [Cómpre referencia].

A maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. Dado o carácter semidesértico da maior parte do seu territorio, na meseta do Irán tradicionalmente desenvolveuse máis o pastoreo que a agricultura. Predomina o rabaño ovino, co fin de obter la para a elaboración de alfombras. No escaso 10% de superficie que se estima apto para a agricultura, cultívanse cereales (como o trigo), algodón e tabaco.

Ademais da industria téxtil, foi tradicional a pesca de perlas na zona de Ormuz. O sector de servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño.

Actualmente, o goberno pretende seguir unha política de maior diversificación para non depender tanto das flutuacións do prezo do petróleo no mercado internacional como sucedeu en 1998. Ademais en 2007 deixou de facturar o petróleo en dólares pola súa perda de valor.[3]