Carelia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Rusia | ||||
República | República de Carelia | ||||
Xeografía | |||||
Bañado por | Mar Báltico, Mar Branco, Lago Onega, Lago Ladoga e Golfo de Finlandia | ||||
Carelia (en carelio, finés e estoniano: Karjala; ruso: Карелия, Karelija, historicamente Корела, Korjela; sueco: Karelen), a terra do pobo carelio, é unha rexión da Europa setentrional de importancia histórica para Finlandia, Rusia e Suecia. Actualmente a rexión está dividida entre Finlandia (formando as rexións de Carelia do Norte e Carelia do Sur), e o noroeste de Rusia (formando os suxeitos federais da República de Carelia e o óblast de Leningrado).
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Carelia.
As primeiras probas de presenza humana na rexión datan da idade do xeo, aproximadamente 7 ou 6 milenios AEC, e adicábanse á caza e á pesca. Tratábase de tribos fino-ugrias (Korela, Sum, Ves e Saami) que habitaron as áreas do istmo de Carelia e o norte do lago Ladoga, entre este e o lago Onega (Ves), e máis ao norte (Saami), mais posteriormente estendéronse ata a costa do mar Branco, ao mesmo tempo que tribos eslavas penetraron neses territorios e axudaron no desenvolvemento de actividades como a agricultura e o comercio marítimo. No primeiro milenio AEC as persoas que habitaban a rexión puideron extraer e procesar o ferro, así como cultivar e criar gando.[1]
Política
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Cuestión de Carelia.
Carelia encóntrase politicamente dividida entre Finlandia e Rusia. A República de Carelia é un suxeito federal constituído como tal en 1991 a partir da República Autónoma Socialista Soviética de Carelia.[2] O istmo de Carelia pretence administrativamente ao óblast de Leningrado,[3] logo de que Finlandia cedera o territorio logo da Guerra de Inverno en 1940.[4] A parte finlandesa consiste en partes das rexións (en finés maakunta) de Carelia do Norte e Carelia do Sur.[5]
Lingua
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lingua carelia.
A lingua carelia é a lingua propia do pobo carelio. Trátase dunha lingua urálica da pola das linguas fino-bálticas estreitamente relacionada co finés.[6]
Calcúlase que hai un total de 30 000 falantes de carelio,[7] con todo, debido ás migracións posteriores á segunda guerra mundial o pobo carelio vive disperso por toda Finlandia e o carelio non é falado como idioma comunitario local.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "From the History of Karelia" (en inglés). Goberno da República de Carelia. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ Brian Hunter, ed. (1994). The Statesman's Year-Book 1994-95. Karelian Republic (en inglés) (The Macmillan Press Ltd.). p. 396.
- ↑ "Leningrad (oblast, Russia)". Encyclopædia Britannica (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2019.
- ↑ "Karelian Isthmus (isthmus, Russia)". Encyclopædia Britannica (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2019.
- ↑ "A brief history of South Karelia" (en inglés). Museums of South Karelia. 2012. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 10 de marzo de 2019.
- ↑ "The Red Book of the Peoples of the Russian Empire – THE KARELIANS" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ Burtsoff, Ari. "Karjalaa osaavien yhteisö on suuri". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 20 de febreiro de 2019.
- ↑ "ELDIA project - Karelian" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2019.