[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nacionalismo checo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento de František Palacký en Praga, alcumado Pai da Nación, considerado como o pai do nacionalismo checo.

O nacionalismo checo é unha ideoloxía que defende que os checos son unha nación e promove a súa unidade cultural e identitatia. O nacionalismo checo moderno xurdiu no século XIX na forma do rexurdimento nacional checo. En 1848, o nacionalismo checo converteuse nun factor político importante no Imperio Austríaco debido ás actividades do Partido Nacional (en checo: Národní strana), liderado por František Palacký. Durante a primeira guerra mundial, os políticos nacionalistas checos, como Karel Kramář e Tomáš Garrigue Masaryk, iniciaron a idea da independencia do goberno austro-húngaro.[1]

Despois de 1918 e da creación de Checoslovaquia, a absoluta maioría dos políticos checos e da sociedade adoptaron o checoslovaquismo, é dicir, a noción dun estado unificado incluíndo a Eslovaquia.[2]

A transformación de Checoslovaquia nunha economía de mercado liberal durante os anos 1990-1992 motivou as desputas entre os checos e os eslovacos sobre o carácter da República Federal Checa e Eslovaca. As forzas separatistas foron fortalecidas tanto polas aspiracións nacionalistas eslovacas como polo nacionalismo económico checo, sendo este último baseado na percepción de que o territorio checo estaba subvencionando ao menos desenvolvido territorio de Eslovaquia. Checoslovaquia dividiuse entre a República Checa e Eslovaquia, acadando a independencia o 1 de xaneiro de 1993.[3]

  1. Motyl, Alexander J. (2001). Encyclopedia of Nationalism, Volume II. Academic Press. ISBN 0-12-227230-7. Consultado o 19 de xuño de 2017. 
  2. Zdeněk L. Suda (2001). "The Curious Side of Modern Czech Nationalism" (PDF). University of Pittsburgh. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2017. 
  3. Skalnik Leff, Carol (1996). The Czech and Slovak Republics. Nation versus state. Westview Press. ISBN 0-8133-2922-1.