[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Champa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaChampa
Chăm Pa, Chiêm Thành (vi) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 14°N 108°L / 14, 108
CapitalVijaya (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialOld Cham (en) Traducir
Lingua sánscrita Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo, budismo e Islam Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación192 Editar o valor en Wikidata
Disolución1832 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía
Oligarquía Editar o valor en Wikidata

Champa (khmer: ចាម្ប៉ា; vietnamita: Chiêm Thành 占城 ou Chăm Pa 占婆) foi un antigo estado hinduísta situado no leste de Indochina (192–1832).[1][2] Étnica e lingüisticamente estaba formado basicamente por un pobo malaio-polinesio, os cham, aínda que ao longo dos séculos o Reino de Champa sufriu a presión de falantes vietnamitas.[1][2] Actualmente, os cham constitúen unha das minorías importantes en Camboxa e Vietnam.[1][2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Champa deriva do termo sánscrito campaka (pronunciado /tʃampaka/), que refire á Magnolia champaca, unha especie de árbore floral coñecida polas súas fragrantes flores.[3] Rolf Stein propuxo que este nome podería ter a súa orixe en navegantes austronesios procedentes do centro de Vietnam que chegaron á área de Champapuri, no leste da India, unha cidade sagrada para o budismo, co obxectivo de comerciar. Estes mariños terían adoptado o nome para o seu pobo. Pola contra, Louis Finot afirmou que Champa é un nome posto polos indios á zona do centro de Vietnam.[4]

Porén, Michael Vickery indica que Champa podería provir do termo nativo Čaṃ, endónimo do pobo Cham. A palabra empregada polas fontes históricas chinesas, Zhancheng 占城 (lit. "cidade dos Cham"), parece apoiar esta hipótese.[4]

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

O Reino de Champa situábase entre o delta do río Mekong, no sur, e até aproximadamente as "portas de Hue", no norte, de modo que o seu territorio correspondía en gran medida a actual rexión vietnamita de Annam.

Lista de monarcas de Champā

[editar | editar a fonte]

Dinastía de Pānduranga

  • Cara a 757: Prithivîndavarman
  • " 774: Satyavarman
  • " 793: Indravarman
  • " 801: Harivarman
  • " 820–869: Vikrântavarman III

Dinastía Bhrigu

  • Cara a 877: Indravarman II
  • " 896–905: Jayasimhavarman
  • 905–910: Bhadravarman II
  • 911–971: Indravarman III
  • 989–?: Vijaya Shrī Harivarman II
  • Cara a 989: Yampuku Vijaya Shrī

Dinastía do Sur

  • 1041–1059: Jayasimhavarman II
  • 1059–1060?: Bhadravarman III
  • Cara a 1060: Rudravarman
  • " 1081: Jaya Indravarman IV
  • ?–1086: Paramabodhisattva
  • 1086–1139: Jaya Indravarman V
  • 1139–1147: Jaya Indravarman VIN
  • 1147–1163: Jaya Harivarman VIN
  • 1163–?: Jaya Indravarman VII
  • ? –1190: Jaya Indravarman VIII
  • 1226–: Jaya Paramashvaravarman IV
  • ? –1237: Jaya Indravarman X
  • 1226– ?: Indravarman IX
  • ? – 1307: Jayasimhavarman IV
  • ?– 1308: Mahebdravarman
  • 1342–1360: Bo–dê
  • 1360–1390: She Bong–ngo
  • 1441–1446: Bishai
  1. 1,0 1,1 1,2 "The Cham: Descendants of Ancient Rulers of South China Sea Watch Maritime Dispute From Sidelines". web.archive.org. 2021-02-25. Archived from the original on 25 de febreiro de 2021. Consultado o 2024-02-19. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Miksic, John Norman; Yian, Goh Geok (2016-10-14). Ancient Southeast Asia (en inglés). Taylor & Francis. ISBN 978-1-317-27904-4. 
  3. "Campaka". Sanskrit Dictionary (en inglés). Consultado o 19-02-2024. 
  4. 4,0 4,1 Phuong, Tran Ky; Lockhart, Bruce (2011-01-01). The Cham of Vietnam: History, Society and Art (en inglés). NUS Press. ISBN 978-9971-69-459-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.