Skip to main content
Rafael Quintía Pereira
  • www.aborigine.es
    www.antropoloxiagalega.org
Artigo breve de divulgación sobre prácticas curativas e adiviñatorias na cultura galega.
Artigo breve de divulgación sobre psicoloxía social no que abordamos o concepto de "disonancia cognitiva" creado por Leon Festinger.
Artigo breve de divulgación sobre a relación que existe entre a etnomedicina, a relixión e a maxia na medicina popular galega.
Artigo breve de etoloxía no que se fala sobre o portamento social e sexual dos bonobos e o que podemos aprender destes primates na xestión do conflito social.
Artigo sobre o culto a San Brais e a súa capela en Salcedo, Pontevedra.
Artigo sobre a importancia cultural e das linguas e a súa función. Nesta caso centrado no valor do galego.
Artigo divulgativo sobre a tradición dos Cantos de Reis e de Nadal en Galicia.
Artigo de divulgación sobre a figura e culto de San Martiño en Galicia. Chega en Galicia o tempo dos magostos, da matanza do porco e da celebración do San Martiño e con el os trompos ó camiño. Neste mes de Santos, como cada ano,... more
Artigo de divulgación sobre a figura e culto de San Martiño en Galicia. Chega en Galicia o tempo dos magostos, da matanza do porco e da celebración do San Martiño e con el os trompos ó camiño. Neste mes de
Santos, como cada ano, celebrarase en moitas parroquias galegas, e en dúas do concello de Pontevedra -Verducido e Salcedo-, a festividade
dun dos patróns con máis devoción e a cuarta advocación con máis parroquias de Galicia, en concreto cun total de 238 parroquias baixo o
seu manto protector.
O Santo Graal -ou Santo Grial- é unha das reliquias máis buscadas do cristianismo. Trátase da copa que tería utilizado Xesús na última cea e coa que Xosé de Arimatea recolleu o seu sangue na cruz. Das súas representacións na arte... more
O Santo Graal -ou Santo Grial- é unha das reliquias máis buscadas do cristianismo. Trátase da copa que tería utilizado Xesús na última cea e
coa que Xosé de Arimatea recolleu o seu sangue na cruz. Das súas representacións na arte relixiosa de Salcedo, outros obxectos gardados
como reliquias nesta parroquia e a utlización do alicorno, o amuleto máis popular da cultura popular galega, fala o antropólogo pontevedrés
Rafael Quintía Pereida nesta reportaxe
Artigo de divulgación sobre a figura do unicornio e a súa representación na arte. O unicornio, ó igual co dragón, é un dos poucos animais míticos que poderiamos considerar de carácter case universal. A súa figura está presente na... more
Artigo de divulgación sobre a figura do unicornio e a súa representación na arte. O unicornio, ó igual co dragón, é un dos poucos animais míticos que poderiamos considerar de carácter case universal. A súa figura está
presente na mitoloxía popular de Europa, Asia, África e América, de aí que atopemos diferentes descricións físicas do unicornio segundo
as latitudes. Na Idade Media, e posteriormente no Renacemento, o unicornio adquiriu en Europa unha grande fama, dotándoo a lírica dunha
gran beleza, maxestade e nobreza que fixo que se distanciase da idea que se tiña deste animal na antigüidade.
Artigo de divulgación sobre o culto aos camiños en Galicia.
Artigo breve de divulgación sobre a tradición histórica do toque de pandeireta e a súa vinculación coa muller na cultura galega.
O santuario de Santo Estevo do Ermo situase na parroquia de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos, no concello lucense de Barreiros. Trátase dun interesante santuario cristián, pouco coñecido fóra da bisbarra, que atesoura todas as... more
O santuario de Santo Estevo do Ermo situase na parroquia de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos, no concello lucense de Barreiros. Trátase dun interesante santuario cristián, pouco coñecido fóra da bisbarra, que atesoura todas as compoñentes dunha auténtica xeografía mítica e hierofánica, a saber: unha natureza exuberante asociada ás augas e ás pedras, unha lenda etiolóxica que nos fala das proezas duns santos,  unhas fontes curativas onde se practican rituais salutíferos, unha romaría e unha historia que testemuña a vinculación do lugar e da súa ermida a un espazo sagrado de longa tradición.
El presente artículo está centrado en el estudio del mal de ojo en la cultura gallega; una dolencia que catalogamos como síndrome específicamente cultural y cuyo origen podemos atribuirlo a causas de naturaleza psíquica o mental y, a la... more
El presente artículo está centrado en el estudio del mal de ojo en la cultura gallega; una dolencia que catalogamos como síndrome específicamente cultural y cuyo origen podemos atribuirlo a causas de naturaleza psíquica o mental y, a la vez, de origen sociocultural. Proponemos un recorrido por alguno de los aspectos culturales más significativos de esta dolencia, analizando las causas, consecuencias, procesos curativos, ritos protectores y geografías asociadas a su tratamiento. Palabras clave: mal de ojo, etnomedicina, brujería.
Artigo onde se analizan os ritos para esconxurar o mal asociado ás posesións que se celebraban no santuario da Nosa Señora da Lanzada, en Sanxenxo, Galicia.
Artigo sobre a lenda fundacional da ermida de Santa Ana en San Cosme de Barreiros (Lugo) e a súa vinculación coa mitoloxía clásica.
Artigo sobre o carácter sagrado das anduriñas na cultura popular galega.
Artigo de divulgación sobre algúns aspectos xenéricos do Entroido.
Traballo de mitoloxía comparada entre a cultura mapuche e a galega.
Traballo onde se analizan algúns mitos da Limia e a súa posible relación  con prácticas rituais da Idade do Ferro. Tamén se estuda a reutilización polo cristianismo dalgúns vellos mitemas.
Artigo breve sobre a racionalidade do pensamento mítico na cultura popular galega.
Breve artigo onde se comentan algúns aspectos das coñecidas como danzas bancas en Galicia.
Artículo en el que se analizan las creencias asociadas a la muerte y al mundo de las ánimas en la cultura de Galicia.
Sumario: O presente artigo é unha crónica da viaxe de investigación que un equipo da Sociedade Antropolóxica Galega realizou á cordilleira do Atlas e ao Sahara marroquí durante o inverno do ano 2015. O obxectivo deste proxecto era tomar... more
Sumario:
O presente artigo é unha crónica da viaxe de investigación que un equipo da Sociedade Antropolóxica Galega realizou á cordilleira do Atlas e ao Sahara marroquí durante o inverno do ano 2015. O obxectivo deste proxecto era tomar contacto coa cultura amazigh (bérber) e poder recoller e documentar algúns dos seus aspectos máis vencellados ao mundo das crenzas míticas e máxico-relixiosas. Ademais deste traballo, outro dos obxectivos era estudar o legado arqueolóxico do norte de África e ver as súas conexións con outros pobos europeos.

Abstract:
This paper is the chronicle of a research travel to the Atlas Mountains and the Moroccan Sahara that a team of the SAGA (Galician Anthropological Society) did during the winter of 2015. The objective of this project was to make contact with the amazigh (Berber) culture and to collect and document some of their aspects closely linked to the sphere of mythical and magical-religious beliefs. Besides these, other objectives were to study the archaeological heritage of North Africa and to see its connections to other European peoples
Resumo: No presente traballo expoñemos os resultados dunha investigación teórica sobre li-bros de texto de Xeografía e Historia de 3 o da ESO na que se analizan o tratamento que da diversidade cultural se fai nestes manuais educativos. O... more
Resumo:
No presente traballo expoñemos os resultados dunha investigación teórica sobre li-bros de texto de Xeografía e Historia de 3 o da ESO na que se analizan o tratamento que da diversidade cultural se fai nestes manuais educativos. O obxectivo é detec-tarmos neles nesgos etnocéntricos e/ou eurocéntricos e mecanismos de formación de estereotipos e prexuízos culturais ou de racialización, de forma que traballos des-te tipo poidan servir de ferramenta de axuda ao docente para evitar a perpetuación deste tipo de prexuízos e das dinámicas racializadoras. Palabras chave: etnocentrismo, racialización, diversidade cultural, aculturación, ci-vilización, progreso.

Abstract:
In this work we present the results of a theoretical research on how 3rd of ESO Geography and History textbooks treat cultural diversity topics. The aim is to detect ethnocentric/Eurocentric biases and mechanisms regarding the formation of cultural stereotypes and prejudices. It is also intended to be used as a potential teaching tool in order to avoid the perpetuation of this type of ethnocentric prejudices and racializing dynamics.
Sumario: Expoñemos neste traballo as diferentes formas nas que se nos presenta o seixo no rexistro arqueolóxico galego, centrándonos sobre todo no seu aspecto simbólico e no seu posible uso ritual. A continuación describimos as... more
Sumario:
Expoñemos neste traballo as diferentes formas nas que se nos presenta o seixo no rexistro arqueolóxico galego, centrándonos sobre todo no seu aspecto simbólico e no seu posible uso ritual. A continuación describimos as aplicacións desta rocha na cultura popular galega e en todos os contextos nos que se emprega. Pretendemos neste estudo propor hipóteses esclarecedo-ras coas que poidamos avanzar na senda da interpretación do uso do mineral de seixo en épocas antigas e en contextos rituais e simbólicos cronoloxicamente distantes.

Abstract:
We expose in this paper the different ways in which the quartz appears in the galician archaeological record, focusing mainly on their symbolic looks and their possible ritual use. Then we describe the application of this rock in galician popular culture and in all contexts in which it is used. We intend with this investigation suggest the hypothesis on the road to advance interpretation of the use of quartz ore in ancient times and in ritual contexts and symbolic chronologically distant.
No presente traballo abordamos o tema das lendas de homes santos e ermitáns nas comarcas do Deza e Trasdeza. Analizamos os mitemas que compoñen estes relatos, as súas características, signi‰cados simbólicos, similitudes con outras lendas... more
No presente traballo abordamos o tema das lendas de homes santos e ermitáns nas
comarcas do Deza e Trasdeza. Analizamos os mitemas que compoñen estes relatos, as súas características, signi‰cados simbólicos, similitudes con outras lendas e patróns estruturais do mitolexema obxecto de estudo. Ao mesmo tempo abordamos a ligazón destes relatos cos mitos fundacionais de determinados santuarios e mosteiros destas terras, así como a súa posible orixe ou o seu transfondo histórico.

Palabras chave:
Ermitán, santo, Deza, cristianismo, mit

This paper addresses the legends of saints and hermits in the regions of Deza
and Trasdeza. ‡e mythemes present in those stories are analysed, based on their
features, symbolic meaning, similarity with other legends and the structural patterns of the myth lexeme subject of study. Moreover, we address the connection between these stories and the myths related to the founding of some sanctuaries and monasteries in these lands, as well as their likely origin and historical background.

Key Words:
Hermit, Saint, Deza, Christianity, myth
En el presente trabajo se aborda el análisis simbólico, estructural e histórico de las leyendas gallegas que contienen el mitologema del abandono de los ancianos. Un tema que podemos enmarcar en el concepto senicidio y sobre el que... more
En el presente trabajo se aborda el análisis simbólico, estructural e histórico de las leyendas gallegas que contienen el mitologema del abandono de los ancianos. Un tema que podemos enmarcar en el concepto senicidio y sobre el que formularemos diferentes hipótesis acerca de su posible cronología, contexto cultural en el que se originó, así como las funciones y significados de este mitologema ampliamente extendido por el mundo.

Palabras clave: Leyenda, mito, mitologema, Galicia, senicidio, ancianos.

This paper deals with the symbolic, structural and historical analysis of Gali-cian legends that contain the mythologem of the abandonment of the elderly, a practice related with the concept of senicide. There are various hypotheses concerning its possible chronology, the cultural context in which it originated , as well as the functions and meanings of this universally occurring myth.
Reportaxe de fotografía etnográfica sobre a vida cotiá e as xentes de Senegal.
Reportaje de fotografía etnográfica sobre la vida cotidiana y las gentes de Senegal.
Crónica dunha viaxe ao redor do patrimonio arqueolóxico e antropolóxico de Malta. Percorremos algúns dos sitios arqueolóxicos máis interesantes do arquipélago maltés. Repasamos a súa historia e afondamos nalgúns dos seus mitos e tradicións.
Artículo comparativo sobre el origen, ritualística, funciones y similitudes entre las diferentes mascaradas de invierno y el carnaval en Europa.
Artigo de divulgación sobre mitoloxía e historia de Galicia. Publicado el 30 de decembro de 2012 na Revista de Adina.
Neste artigo falamos da lenda do Con da Ventureira (Sanxenxo) e da súa relación coas viaxes ao Alén. Artigo de divulgación publicado na Revista de Adina o 30 de setembro de 2012.
Artigo de divulgación publicado en Revista de Adina en data do domingo 30 de junio de 2013. Trátase da mitoloxía do santuario da Nosa Señora da Lanzada e da súa relación coa migración das almas e o mito dun paraíso situado nunha illa... more
Artigo de divulgación publicado en Revista de  Adina en data do domingo 30 de junio de 2013. Trátase da mitoloxía do santuario da Nosa Señora da Lanzada e da súa relación coa migración das almas e o mito dun paraíso situado nunha illa alén do mar.
Artigo de divulgación publicado na Revista de Adina o  domingo 24 de marzo de 2013.  No artigo trátase o carácter simbólico da viaxe diaria do Sol e as crenzas e mitoloxía asociada a este feito astronómico.
Artigo de divulgación sobre mitoloxía galega no que se fala sobre a lenda da cidade somerxida da Lanzada e a súa relación coa cidade de Lambriaca citada por Pomponio Mela.
Artigo ao redor das funcións  do Entroido galego como un feito social total.
Estudamos neste artigo o Entroido de Manzaneda e os ritos que envolven a esta celebración e á figura da Mázcara a e a súa danza xiróvaga.
Neste artigo faremos unha análise, dende unha perspectiva da antropoloxía política, do que foi o conflito legal e social entre os veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo e o Ministerio de Defensa polo dereito de... more
Neste artigo faremos unha análise, dende unha perspectiva da antropoloxía política, do que foi o conflito legal e social entre os veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo e o Ministerio de Defensa polo dereito de posesión do seu monte comunal. Estudaranse os distintos actores do conflito e centrarémonos no tema da lexitimidade como eixo principal la loita entre veciños e administracións públicas.
Artigo ao redor do patrimonio inmaterial e simbolismo das pontes. Texto contido na publicación "As Pontes de Pontevedra", editado polo Concello de POnteveda.
No presente traballo facemos un estudo pormenorizado da tradición que existe no concello coruñés de Mesía mediante a cal os veciños das parroquias contribúen con doazóns ó pago dos enterros dos seus conveciños. A práctica ritual, hoxe en... more
No presente traballo facemos un estudo pormenorizado da tradición que existe no concello coruñés de Mesía mediante a cal os veciños das parroquias contribúen con doazóns ó pago dos enterros dos seus
conveciños. A práctica ritual, hoxe en vías de desaparición, supón un interesante xeito de mutualidade ou seguro comunitario fronte ós gastos do falecemento e desprégase como un proceso social total que
fomenta e reforza as relacións de solidariedade veciñal e a trama social da comunidade parroquial.
O uso de amuletos e talismáns de orixe animal e de antigo coñecido e aínda hoxe en día está vixente esta crenza na nosa sociedade. Os amuletos de orixe animal ocupan un lugar privilexiado entre os obxectos ós que se lle atribúen poderes... more
O uso de amuletos e talismáns de orixe animal e de antigo coñecido e aínda hoxe en día está vixente esta crenza na nosa sociedade. Os amuletos de orixe animal ocupan un lugar privilexiado entre os obxectos ós que se lle atribúen poderes preservativos na cultura tradicional galega. Faremos neste artigo un percorrido por algúns deses obxectos apotropaicos e sandadores.
Sabemos todo do megalitismo atlántico? Coñecemos as diferentes tipoloxías de megálitos e os seus posibles usos? Definitivamente non. En vista destes datos, non é herexía pensar que poden existir en Galicia —e no resto de Europa—... more
Sabemos todo do megalitismo atlántico? Coñecemos as diferentes tipoloxías de megálitos e os seus posibles usos? Definitivamente non.  En vista destes datos, non é herexía pensar que poden existir en Galicia —e no resto de Europa— expresións do megalitismo que aínda non foron catalogadas nin estudadas. Achegamos neste artigo unha proposta de estudo para uns megálitos inéditos que podemos denominar  trilitos.

And 8 more

SINOPSE: “MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES” é un documental de longa duración no que se recolle e se dá a coñecer a riqueza do Entroido tradicional de Cobres, á vez que se fai un percorrido pola súa historia e polos... more
SINOPSE:
“MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES” é un documental de longa duración no que se recolle e se dá a coñecer a riqueza do Entroido tradicional de Cobres, á vez que se fai un percorrido pola súa historia e polos aspectos e elementos culturais máis significativos, incluídos aqueles que xa están desaparecidos.
O documental foi promovido e financiado pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa e realizado por AB ORIGINE, gabinete de antropoloxía. Conou co finanzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Vilaboa. Formou parte do equipo de realización o etnógrafo Xosé Anxo Rosales, autor do traballo “As Madamas e o sacrificio do galo. O Entruido do concello de Vila-Boa do Morrazo”. Ademais o proxecto contou coa colaboración e o asesoramento da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) á que tamén pertence Xosé Anxo Rosales.

FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIÓN: Rafael Quintía e Xosé Anxo Rosales
REALIZACIÓN: Miguel Alonso
GRAVACIÓN: Miguel Alonso, João Bieites e Rafael Quintía
MONTAXE: Miguel Alonso

FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Un documental realizado por AB ORIGINE ANTROPOLOXÍA. Promovido e financiado pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa. Coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Vilaboa e a Sociedade Antropolóxica Galega.
TÍTULO ORIXINAL: “MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico
ANO: 2016
DURACIÓN: 98 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
Un documental antropolóxico sobre a historia e a etnografía dos muíños de río en Galicia. SINOPSE: Os muíños son uns dos elementos etnográficos máis senlleiros e identificativos da paisaxe cultural e natural de Galiza. Construcións... more
Un documental antropolóxico sobre a historia e a etnografía dos muíños de río en Galicia.

SINOPSE:
Os muíños son uns dos elementos etnográficos máis senlleiros e identificativos da paisaxe cultural e natural de Galiza. Construcións vencelladas á vida agraria cuxa función foi fundamental para a supervivencia das xentes e para o desenvolvemento económico da sociedade. Os muíños de río eran auténticas fábricas de maná, que en forma de fariña facían posible a fabricación do pan, alimento básico na dieta dos labregos.

Ester novo documental da Sociedade Antropolóxica Galega achéganos á historia dos muíños de río, á súa arquitectura e funcionamento, aos seus usos e costumes, ao patrimonio inmaterial a eles vencellados e ao papel económico e social que xogaron nas comunidades agrarias galegas ao longo do tempo.

FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIONISTA: Rafael Quintía
REALIZACIÓN: João Bieites
GRAVACIÓN E MONTAXE: João Bieites
RECREACIÓN 3D: miguel-Ângelo Bieites
VOZ EN OFF: Paz Castro
MÚSICA: Carmen Gallego e César Loureiro
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)

FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Un documental realizado co finanzamento do Concello de Pontevedra, Concellería e Patrimonio Histórico.
TÍTULO ORIXINAL: “MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico
Produción propia realizada a cor
ANO: 2016
DURACIÓN: 93 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
Documental sobre o Espazo natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Segunda parte. FICHA ARTÍSTICA: DIRECCIÓN: Rafael Quintía e Lukas Santiago GUIONISTA: Rafael Quintía e Lukas Santiago REALIZACIÓN: Lukas Santiago e João Bieites... more
Documental sobre o Espazo natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Segunda parte.

FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía e Lukas Santiago
GUIONISTA: Rafael Quintía e Lukas Santiago
REALIZACIÓN: Lukas Santiago e João Bieites
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.

FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Arqueológico, etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 43 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
Research Interests:
Documental sobre o Espazo natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Primeira parte. FICHA ARTÍSTICA: DIRECCIÓN: Rafael Quintía e Lukas Santiago GUIONISTA: Rafael Quintía e Lukas Santiago REALIZACIÓN: Lukas Santiago e João Bieites... more
Documental sobre o Espazo natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Primeira parte.

FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía e Lukas Santiago
GUIONISTA: Rafael Quintía e Lukas Santiago
REALIZACIÓN: Lukas Santiago e João Bieites
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.

FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Arqueológico, etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 43 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
SINOPSE: Os Chichisos en compaña dunha trintena de nenos recrean nesta curtametraxe documental a tradición, antano habitual nas nosas festas de Nadal, de ir cantar polas casas a Noite de Reis. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea... more
SINOPSE:
Os Chichisos en compaña dunha trintena de nenos recrean nesta curtametraxe documental a tradición, antano habitual nas nosas festas de Nadal, de ir cantar polas casas a Noite de Reis. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia interpretando os cantos de reis, unhas fermosas pezas da nosa literatura popular transmitidas oralmente ó longo dos séculos. A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.
FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía e João Bieites
GUIÓN: Rafael Quintía e Xosé Feijóo
PRODUCIÓN: Asociación Cultural Os Chichisos
REALIZACIÓN: João Bieites
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Asociación Cultural Os Chichisos
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”
TIPO: Curtametraxe documental
XÉNERO: Etnográfico
Produción propia realizada a cor
ANO: 2012
DURACIÓN: 8 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
SINOPSE: “Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de... more
SINOPSE:
“Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIONISTA: Rafael Quintía
REALIZACIÓN: João Bieites,
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo

FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 87 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
Indicacións para planificar unha reunión de comezo de curso entre os titores e as familias.
Research Interests:
Research Interests:
Ficha didáctica sobre o filme "La guerre du feu" de  Jean-Jacques Annaud.
Materia: Xeografía e Historia
Curso: 1º da ESO
Tema: A Prehistoria: A evolución humana e o paleolítico
Research Interests:
Ficha didáctica sobre o libro "Al otro lado e la niebla" de Juan Luis Arsuaga.
Materia: Xeografía e Historia
Curso: 1º da ESO
Tema: A Prehistoria: A evolución humana e o Paleolítico
Research Interests:
Research Interests:
Catálogo e Guía do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Libro promovido polas Comunidades de Montes Veciñais da parroquia de Santa María de Bemil (Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Bemil e Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Paradela), que contou coa colaboración do... more
Libro promovido polas Comunidades de Montes Veciñais da parroquia de Santa María de Bemil (Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Bemil e Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Paradela), que contou coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), e de A Citania S.L.- Xestión de Patrimonio
Na presente obra recóllese parte do patrimonio inmaterial da parroquia de Bemil, no concello de  Caldas de Reis. Elexíronse, para facer o estudo e divulgar a través deste libro, tres exemplos paradigmáticos do noso territorio: a emblemática Festa do Ramo, as reliquias de San Xusto Mártir (que aínda que son elementos materiais teñen asociado un interesante proceso social de adquisición, rexistro cerimonial e incorporación á liturxia) e o ritual curativo da fonte do Anghenido.
CONTIDOS:
O “RAMO” DA NOSA SEÑORA E O SANTÍSIMO SACRAMENTO NA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BEMIL. AUTOR: Daniel Seijas LLerena
AS RELIQUIAS DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BEMIL E O LIBRO DE SAN XUSTO. AUTORES: Elena Cabrejas e Jesús González Crespo
A FONTE DO ANGHENIDO DE BEMIL. RITOS E TRADICIÓNS AO REDOR DUN MANANCIAL CURATIVO. AUTOR: Rafael Quintía Pereira