[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fellini 8½

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fellini 8½
Ficha técnica
Título orixinal
DirectorFederico Fellini
ProdutorAngelo Rizzoli
GuiónFederico Fellini
Ennio Flaiano
Tullio Pinelli
Brunello Rondi
IntérpretesMarcello Mastroianni
Claudia Cardinale
Anouk Aimée
MúsicaNino Rota
FotografíaGianni Di Venanzo
MontaxeLeo Catozzo
EstudioCineriz
Francinex
Estrea14 de febreiro de 1963
Duración138 minutos
OrixeItalia Italia
Francia
Recadación3,5 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0056801 Filmaffinity: 919282 Allocine: 337 Rottentomatoes: m/8-12 Mojo: 8half Allmovie: v318 TCM: 73932 Metacritic: movie/-1963 TV.com: movies/8-12 Netlix: 60021830 Editar o valor en Wikidata

Fellini 8½ (en italiano, ) é un filme franco-italiana de 1963 dirixido por Federico Fellini, con Marcello Mastroianni, Claudia Cardinale e Anouk Aimée como actores principais.

É unha das fitas máis coñecidas do realizador, e segundo varios críticos cinematográficos é un dos mellores filmes da historia.[2] Foi filmado en branco e negro, e a música foi composta por Nino Rota.

Foi emitido na TVG o 3 de agosto de 1996.[3]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O célebre director e guionista Guido Anselmi está a atravesar unha fonda crise creativa e intenta relaxarse despois do seu último filme. Non pode conseguir a tranquilidade necesaria para atopar ideas novas para o seu seguinte filme e todo o mundo parece ansioso de saber en que punto se atopa o traballo que está a preparar. Está só, quere estar só, e busca unha resposta nas visións que invaden a súa mente, as máxicas e enigmáticas palabras: "Asa-Nisi-Masa", lembranzas dunha vida, soños fantásticas e escuras imaxes dun futuro nebuloso. A chegada de Claudia, actriz e musa da súa vida, e da súa amante Carla trae novas inquedanzas en vez da serenidade e o consolo que esperaba.

  • Marcello Mastroianni .... Guido Anselmi
  • Claudia Cardinale .... Claudia
  • Anouk Aimée .... Luisa Anselmi
  • Sandra Milo .... Carla
  • Rossella Falk .... Rossella
  • Barbara Steele .... Gloria Morin
  • Madeleine LeBeau .... Madeleine, a actriz francesa
  • Caterina Boratto .... muller misteriosa
  • Eddra Gale .... La Saraghina
  • Guido Alberti .... Pace, o diretor
  • Mario Conocchia .... Conocchia, o director de produción
  • Bruno Agostini .... o secretario de produción
  • Cesarino Miceli Picardi .... Cesarino

Características

[editar | editar a fonte]

O filme emprega unha enxeñosa estratexia para mostrar o bloqueo creativo que o propio Fellini estaría a sentir: contar a propia dificulatade de realizar un filme. É un filme metalingüístico, que usa a linguaxe do cinema para comentar o filme que as súas personaxes están a realizar.

O filme ten grandes influencias da psicanálise jungiana, da que Fellini era un entusiasta.[4] Un exemplo é o gran foco nos soños do protagonista para explicar a súa persoa e acontementos da súa infancia. O uso da fotografía en branco e negro tamén server para reforzar o concepto jungiano de sombra.[5]

  1. "Top Rental Films of 1963", Variety, 8-1-1964, páx. 37
  2. En bfi.org.uk
  3. La Voz de Galicia, 3 de agosto de 1996. Páx. 87
  4. FELLINI, Federico. The Book of Dreams. Nova York, Rizzoli, 2008
  5. "Fellini e psicanálise". Cinemaitalianorao.blogspot.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Affron, Charles. 8½: Federico Fellini, Director. New Brunswick: Rutgers University Press, 1989.
  • Alpert, Hollis. Fellini: A Life. Nova York: Paragon House, 1988.
  • Bondanella, Peter. The Cinema of Federico Fellini. Princeton: Princeton University Press, 1992.
  • Bondanella, Peter. The Films of Federico Fellini. Cambridge: Cambridge University Press, 2002.
  • Fava, Claudio e Aldo Vigano. The Films of Federico Fellini. Nova York: Citadel Press, 1990.
  • Fellini, Federico. Comments on Film. Ed. Giovanni Grazzini. Trans. Joseph Henry. Fresno: The Press of California State University at Fresno, 1988.
  • Kezich, Tullio. Federico Fellini: His Life and Work. Nova York: Faber and Faber, 2006.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]