[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Asghar Farhadi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAsghar Farhadi

(2018) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fa) اصغر فرهادی Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Provincia de Esfahan, Irán Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam, Xiísmo e xiísmo duodecimano Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Tarbiat Modares
Universidade de Teherán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita e dirección de cine Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, guionista, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeParisa Bakhtavar Editar o valor en Wikidata
FillosSarina Farhadi Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1410815 Allocine: 104291 Allmovie: p306351 TCM: 917855
Instagram: asgharfarhadiofficial BNE: XX5058038 Editar o valor en Wikidata

Asghar Farhadi, en persa: اصغر فرهادی , [æsɣæɾ fæɾhɒːdiː], nado en Khomeyni Shahr o 7 de maio de 1972 é un director de cinema e guionista iraniano. Recibiu diversos recoñecemtos, entre eles un Globo de Ouro e dous premios Óscar polos seus filmes Jodaí-e Nadér az Simín[1] e Forušande; ademais, en 2012 foi incluído dentro da listaxe das 100 persoas máis influentes do mundo segundo a revista Time.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Asghar Farhadi graduouse en teatro, cun BA en Artes Dramáticas e un mestrado en Dirección na Universidade de Teherán e na Universidade Tarbiat Modarrés. Realizou curtametraxes en 8 e 16 milímetros na filial da Sociedade Iraniana de Novos Cineastas en Isfahán, antes de realizar obras e guións para IRIB (a radiotelevisión estatal iraniana). Tamén dirixiu series de televisión como Dastan-e yek shahr e coescribiu o guión de Ertefa-e past, dirixida por Ebrahim Hatamikia.

Raghs dar ghobar foi o seu debut como cineasta, ao que seguiu o aclamado Shahr-e ziba .[4] O seu terceiro filme, Chaharshanbe Suri, gañou o premio Hugo de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Chicago do 2006. A súa cuarta película, Dar bāre-ye Elly gañou o Oso de Prata ao mellor director no quincuaxésimo noveno Festival Internacional de Cinema de Berlín, ademais do premio á mellor fotografía no Festival de Cinema de Tribeca.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme
Título en inglés
Acreditado como Notas
Director Produtor Guionista
2002 Ertefa'e Past
Low Heights
Non Non Non Non Si Si Coescrito con Ebrahim Hatamikia
2003 Raghs dar ghobar
Dancing in the Dust
Si Si Non Non Si Si Coescrito con Alireza Bazrafshan e Mohammad Reza Fazeli
2004 Shahr-e Ziba
The Beautiful City
Si Si Non Non Si Si
2006 Chaharshanbe Suri
Fireworks Wednesday
Si Si Non Non Si Si Coescrito con Mani Haghighi
2007 Canaan Non Non Non Non Si Si Coescrito con Mani Haghighi
2008 Dayere Zangi
Tambourine
Non Non Non Non Si Si
2009 Mohakeme dar khiaban
Trial on the Street
Non Non Non Non Si Si Coescrito con Masoud Kimiai
2009 Dar bāre-ye Elly
About Elly
Si Si Si Si Si Si
2011 Jodaí-e Nadér az Simín
A Separation
Si Si Si Si Si Si A Separation foi o primeiro filme iraniano que gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Ademais foi candidato ao oscar ao mellor guión orixinal.
2013 Gozašte
The Past
Si Si Non Non Si Si
2016 Forušande
The Salesman
Si Si Si Si Si Si The Salesman gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2017. Porén, Farhadi non asistiu á 89ª edición dos Oscar en protesta pola orde executiva 13769 dos Estados Unidos.
2018 Todos lo saben
Everybody Knows
Si Si Non Non Si Si Protagonizada por Penélope Cruz, Javier Bardem e Ricardo Darín.
2021 Ghahreman
A Hero
Si Si Si Si Si Si
  1. The Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "The 84th Academy Awards (2012) Nominees and Winners". 
  2. Los Angeles Times (ed.). "Golden Globes: 'A Separation' wins best foreign language film". 
  3. Corliss, Richard. Time, ed. "Time 100: The list. Asghar Farhadi". 
  4. "neshane.com". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2006. Consultado o 02 de novembro de 2017.