[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

CNN+

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CNN +»)
CNN+
Inicio das emisións 27 de xaneiro de 1999
Fin das emisións 28 de decembro de 2010
Operado por Sogecable
Propiedade de Compañía Independiente de Noticias de Televisión
Formato da imaxe 576i (SDTV 16:9)
Datos de audiencia 0,7% (decembro de 2010, FormulaTV)
Slogan Está pasando, lo estás viendo
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Escala nacional
Sede central Tres Cantos
Substituído por Gran Hermano 24 horas
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 67
Satélite
Digital + Dial 70
Cable
R Dial 55
IPTV
Imagenio Dial 3
Orange TV Dial 76

Na rede
http://www.cnnplus.com/

CNN+ foi unha canle temática española de televisión que emitía 24 horas de información nada o 27 de xaneiro de 1999; o 28 de decembro de 2010 finalizou as súas emisións para dar paso á canle Gran Hermano 24 horas.

Características

[editar | editar a fonte]

Estaba producida pola Compañía Independiente de Noticias de Televisión, empresa participada nun 50% pola compañía española Sogecable e noutro 50% pola compañía estadounidense Turner Broadcasting-Grup Time Warner (propietaria da cadea de información continua CNN). O slogan da canle era: Está pasando, lo estás viendo.

Emitía a nivel nacional a través da plataforma de televisión vía satélite de pago Digital+, e tamén gratuitamente a través da Televisión Dixital Terrestre nun dos dous multiplexores de Gestevisión Telecinco e, para o resto do mundo, vía Internet.

O 10 de decembro de 2010 confirmouse que o grupo PRISA pecharía a cadea, derivado da fusión entre Cuatro e Telecinco, e trasladando a todos os seus traballadores á axencia Atlas, propiedade de Telecinco.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]