[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

LaSiete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LaSiete
Logo de LaSiete
Inicio das emisións 18 de maio de 2008
Fin das emisións 5 de maio do 2014
Fundado por Gestevisión Telecinco
Propiedade de Mediaset España
Formato da imaxe 576i (SDTV 16:9)
Datos de audiencia 1,5% (Maio de 2012, FormulaTV)
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Escala nacional
Sede central Fuencarral
Nome(s) anterior(es) Telecinco 2 (2008-2009)
Canle que substitúe Telecinco Sport
Canle/s irmá(s) Telecinco
Cuatro
Factoría de Ficción
Boing
Divinity
Energy
Nueve
Telecinco HD
Cuatro HD
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 68
Cable
ONO Dial 72
R Dial 80
IPTV
Imagenio Dial 90

Na rede
Páxina web de LaSiete
Facebook: lasietetv Twitter: laSiete_tv Editar o valor en Wikidata

LaSiete foi unha canle de televisión española privada da TDT, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Mediaset España. Comezou as súas emisións o 18 de febreiro de 2009, substituíndo na súa frecuencia a Telecinco 2.[1] A canle cesou as súas emisións o 5 de maio do 2014.

LaSiete iniciou as súas emisións o 18 de maio de 2009 cando Telecinco, nunha acción de posicionamento no dial da TDT, (como xa fixera Veo TV co 7, ou Antena 3 con Antena.Neox e Antena.Nova posicionándoos no 8 e no 9) Telecinco 2 cambiou o seu nome polo de LaSiete para posicionar a súa segunda canle no dial 7 do mando a distancia.

En LaSiete emítense programas e series de produción propia (La pecera de Eva) ademais de reposicións de Telecinco, (Gran Hermano, Operación Triunfo, Supervivientes, Sálvame) programas adquiridos de canles estranxeiras (Fear Factor), series online de Telecinco (Becari@s) etc.

A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[2][3][4]

Imaxe corporativa

[editar | editar a fonte]
2009 - 2012 2012 - 14 de febreiro de 2014

Audiencias

[editar | editar a fonte]

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[5] Están en letra grosa e vermello os meses en que foi líder de audiencia.

Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Media anual
2009 - - - - 0,4%**
[6]
0,5% 0,5% 0,8% 0,9% 1,0% 0,9% 0,8% 0,8%
2010 0,9% 1,1% 1,0% 1,2% 1,4% 1,4% 1,5% 1,6% 1,4% 1,6% 1,7% 1,6% 1,4%
2011 1,4% 1,3% 1,4% 1,5% 1,6% 1,7% 1,8%* 1,6% 1,4% 1,5% 1,5% 1,4% 1,5%
2012 1,4% 1,4% 1,6% 1,6% 1,5% 1,3% 1,4% 1,4% 1,4% 1,3% 1,2% 1,2% 1,4%[7]
2013 1,1% 1,1% 1,2% 1,2% 1,2% 1,2% 1,1% 1,2% 1,2% 1,2% 1,3% 1,2% 1,2%
2014 1,2%

* Máximo histórico | ** Mínimo histórico