[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Canal Sur 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canal Sur 2
Inicio das emisións 5 de xuño de 1998
Propiedade de RTVA
Formato da imaxe 1080i HDTV
Datos de audiencia 0,2% (2012, TNS)
Slogan Tu otra televisión
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Andalucía Andalucía
Xibraltar
Canle/s irmá(s) Canal Sur TV
Canal Sur HD
Andalucía Televisión

Na rede
www.canalsur.es

Canal Sur 2 é a unha cadea de televisión pública de Andalucía, pertencente a Radio y Televisión de Andalucía. Foi lanzado o 5 de xuño de 1998, como a segunda canle de Canal Sur. O 1 de outubro eliminou toda a programación por completo, e pasou a emitir en simultáneo con Canal Sur 1, pero con subtítulos, lingua de sinais e audiodestrita.

Comezou as súas emisións o 5 de xuño de 1998 baixo o nome de Canal 2 Andalucía, conmemorando o centésimo aniversario do nacemento de Federico García Lorca. Dez anos máis tarde, o 5 de xuño de 2008, foi renomeada como Canal Sur 2 e renovouse a imaxe corporativa da cadea.

Coa aparición de Canal Sur 2, a oferta televisiva da RTVA aumentou, quedando Canal Sur como unha televisión de carácter xeral e entretemento, mentres que Canal 2 Andalucía estaría máis centrada na programación de tipo cultural e divulgativa, con especial interese nos ámbitos infantil e do deporte.

Peche da programación

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2012, a cadea decide pechar su programación para intentar aforrar uns 20 millóns de euros. Desde outubro dese mesmo ano, a cadea emite o mesmo sinal que Canal Sur, pero con subtítulos, lingua de sinais e audiodestrita.. Este cambio comezou a producirse o 1 de outubro de 2012, e trouxo como consecuencias un cambio de cor da imaxe corporativa (de verde a azul) e un descenso masivo da audiencia a un 0,2%.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]