[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Grupo PRISA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PRISA»)
Grupo PRISA
Logo
AcrónimoPRISA
Tiponegocio e empresa
Data de fundación18 de xaneiro de 1972
Fundador(es)Jesús de Polanco e José Ortega Spottorno
Presidente/aJoseph Oughourlian (pt) Traducir (-) Editar o valor en Wikidata
Director/aCarlos Núñez
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
http://www.prisa.com/
Facebook: PRISA Twitter: PRISA BNE: XX143814 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Grupo PRISA (Promotora de Informaciones, Sociedad Anónima) é unha empresa multinacional do sector dos medios de comunicación e as editoriais, con sede en España. O seu propietario maioriatario é Nicolas Berggruen.

Foi fundada en 1972 por Jesús de Polanco e José Ortega Spottorno para xestionar unha serie de empresas e que se nucleaban en torno á editorial Santillana. Coa integración do xornal El País, o grupo cobra unha nova dimensión, e en 1984 Jesús de Polanco pasa a ter o control da sociedade. Polanco foi o seu presidente ata o 21 de xullo de 2007, data do seu falecemento, cando foi substituído polo seu fillo Ignacio Polanco. Está dirixido por Juan Luis Cebrián.

O Grupo está presente en 22 países de Europa e América. No exercicio 2006, PRISA facturou 2.812 millóns de euros e obtivo un beneficio neto de 228,9 millóns de euros. Conta cun persoal de case 14.000 empregados. O capital social é de 21 881 250 euros.

Presenza en medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA os xornais:

Outras publicacións de prensa

[editar | editar a fonte]

PRISA controla a entidade Progresa, dedicada á produción de revistas como Cinemanía e a edición española de Rolling Stone, Gentleman, Claves, Revista 40. Ademais, é responsable da edición mexicana de Rolling Stone.

Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as radios:

Televisión

[editar | editar a fonte]

Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as televisións:

Editoriais

[editar | editar a fonte]

Pertence a PRISA o Grupo Santillana, que controla diversas editoriais como:

Presenza noutras empresas

[editar | editar a fonte]

Pertencen nalgunha porcentaxe significativa a PRISA as empresas de mercadotecnia e publicidade GDM e Solomedios, así como a imprenta Dédalo Grupo Gráfico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]