[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cadena Dial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Na rede
https://www.cadenadial.com/
Facebook: cadenadial Twitter: Cadena_Dial Instagram: cadena_dial BNE: XX5053781 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cadena Dial[1] é unha emisora de radio española propiedade do Grupo Prisa, que emite exclusivamente música pop en español e, en Cataluña, tamén en catalán. Comezou as súas emisións en 1988 e en Madrid utiliza o 91.7 FM, que antes da súa existencia tivo os nomes de Radio Callao e Radio Corazón.

Comezou a principios dos anos 90 sendo unha radio local en Madrid que mesturaba microespacios de beleza, psicoloxía, consellos, trucos de cociña e noticias con música sempre en castelán, era unha especie de revista sonora de beleza e moda. Dirixida por Lola Barranco, e con Ana Arce como Xefe de Programas, levaron este formato a outras emisoras de radio locais con locutoras como Yolanda López, María Quirós, Montserrat Domínguez e Esther García, entre outras. A idea sempre foi crear unha emisora que impulsase a música en español, pero neses anos as compañías non facían suficientes lanzamentos discográficos para ese perfil de oíntes no noso idioma polo que a Directora viaxa a México, Venezuela, Colombia e Miami buscando o apoio de medios e discográficas latinos. Finalmente, o periplo culmina cunha campaña publicitaria de lanzamento da nova cadea radiofónica liderada por Julio Iglesias (que ademais apadriña os seus Estudos centrais da Gran Vía) e apoiada por grandes figuras da canción entre os que destacan entre outros, Rocío Jurado e Raphael. No ano 1992 cambiou a ser soamente radiofórmula musical sen miniespacios informativos nin consellos.

Durante o verán de 1992 tivo dous millóns e medio de oíntes segundo o EGM e programas míticos como Pop Dial ou Sonora Dial, un de pop en español e o outro de salsa e son, ou o da noite, A solas contigo.

Lola Barranco é nomeada Directora de Planificación de Tele 5 e deixa o seu cargo de Directora de Cadena Dial. En 1993 chegou de Sevilla Francisco Herrera para dirixila e cambiou completamente os programas e os locutores, abríndose máis emisoras que pasarían a formar parte da cadea. Cambiaron a emisora a unha selección limitada de música en español.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]