Punto Radio
Punto Radio foi unha cadea xeralista de radio española pertencente ao grupo Vocento. No seu accionariado ademais participou o xornalista Luis del Olmo e Televisión Castilla y León. Foi fundada en 2004 co obxectivo de facerse un oco xunto ás grandes cadeas do país (SER, COPE, Onda Cero e RNE) e logo de algo máis dun ano de vida o Estudo Xeral de Medios cifrou a súa audiencia por encima dos 500.000 oíntes. As súas emisións regulares empezaron o 6 de setembro de 2004 coa emisión de Protagonistas desde a histórica biblioteca do diario ABC. No EGM de novembro de 2010 tiña 488.000 oíntes.[1]
Emitiu a través da radio dixital DAB polo múltiplex MF-II, en TDT, FM e AM.
Nalgunhas provincias emitiu ademais unha segunda cadea baixo o nome Punto Radio Música y Deporte Regional.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resumo xeral de resultados EGM" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2011. Consultado o 15 de xullo de 2011.
- ↑ Nueva Rioja SA. "Nace Punto Radio Música e Deporte Riojano". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2009. Consultado o 1 de decembro de 2009.