[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Editorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A edición de libros, á cabeza da cal está a figura do editor, responsábel máximo dunha editorial[1], é a industria que concirne á produción e diseminación da literatura ou información.

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha actividade destinada a pór a información en circulación de cara ao público en xeral en forma de libro. Nalgúns casos, os autores poden ser os seus propios editores. Tradicionalmente o termo referiuse á publicación de libros e xornais. Coa chegada dos ordenadores dixitais e dos sistemas de información, a edición estendeuse a novos escenarios como o de Internet, con exemplo diversos de páxinas web, blogs ou revistas electrónicas ou dixitais.

A edición en Galicia

[editar | editar a fonte]

En 2016 a principal asociación de editores en Galicia era a Asociación Galega de Editores, que englobaba aproximadamente un 40 % das editoriais radicadas en Galicia.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Editorial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]