[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

CNN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cable News Network
CNN
Inicio das emisións 1 de xuño de 1980
Fundado por Ted Turner
Propiedade de Turner Broadcasting System, Time Warner
Formato da imaxe 16:9
Slogan Go There
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Área de emisión Mundial
Sede central CNN Center, Atlanta, Xeorxia
Canle/s irmá(s) CNN-I, CNN-IBN, CNN en Español, HLN
Televisión por Internet
cnn.com

Na rede
https://cnn.com
IMDB: co0165168 Facebook: cnn Twitter: CNN Instagram: cnn Telegram: CnnBrk Youtube: UCupvZG-5ko_eiXAupbDfxWw TikTok: cnn BNE: XX94893 Editar o valor en Wikidata

Cable News Network (en galego: Cadea de Noticias por Cable), máis coñecido polas súas siglas (CNN), é unha cadea de televisión estadounidense fundada en 1980 polo empresario Ted Turner. Actualmente é parte de Time Warner. CNN foi a primeira cadea de televisión en cubrir noticias as 24 horas do día.

Desde o seu lanzamento o 1 de xuño de 1980, a cadea expandiuse notablemente, incluíndo na actualidade 15 cadeas de televisión de cable e satélite, doce sitios web e dúas cadeas de radio. CNN lanzou tamén varias cadeas noutros idiomas, como español e turco.

Actualmente CNN é a canle de noticias máis visto nos Estados Unidos, seguíndolle Fox News Channel. As cadeas en español son: CNN en Español, CNN Latino e CNN Chile; CNN distribúe tamén programas de radio en español.

En 1997 foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Cadeas especializadas

[editar | editar a fonte]
Reporteros da CNN preparándose para emitir desde Washington DC.
Debate televisado por CNN en Español e Canle 13 de Chile, cos candidatos á elección presidencial de 2005 dese país.
  • CNN Airport Network: Cadea satelital que emite para os aeroportos estadounidenses.
  • CNN en Español: Cadea que emite para América Latina. Foi lanzada o 17 de marzo de 1997. A súa sede atópase en Atlanta.
  • CNN Chile: Cadea que emite noticias exclusivas para Chile. Comezou as súas transmisións o día 4 de decembro de 2008. A súa sede está en Cidade Empresarial, Huechuraba, Santiago de Chile, cobre a nivel nacional por Movistar TV, VTR, Telefónica do sur, GTD e cable operadoras.
  • HLN: Cadea que é un spin-off da CNN orixinal. Naceu en 1982 como CNN2, pero en 1983 cambiou o seu nome a Headline News. Ata 2001 utilizaba un esquema similar ao de Canle 24 Horas de TVE, emitindo noticias cada 30 minutos, pero actualmente emite bloques de informativos de 4 horas ademais de programas de conversación.
  • CNN International: Emisión internacional de CNN estreada en 1985 que combina programas de CNN Estados Unidos (Anderson Cooper 360°, CNN Tonight) e outros de carácter propio (Inside the Middle East, CNN Newsroom) algúns deles emitidos desde Londres e Hong Kong e que compite con BBC World. Chega a máis de 200 países en todo o mundo.
  • CNN Türk: Cadea estreada o 11 de outubro de 1999. Emite información para Turquía, sendo a súa sede Istambul.
  • CNN-IBN, Indian Broadcasting Network: Cadea estreada en 2005 que emite en inglés para a India. É unha alianza entre Global Broadcast News (GBN) e Turner International (Turner).
  • CNNj: Cadea estreada o 24 de marzo de 2003 que emite para Xapón a través de SKY PerfecTV!
  • CNN Latino: cadea estreada o 28 de xaneiro de 2013, creada para o público de fala española nos Estados Unidos, unha versión de CNN en Español e que constitúe un primeiro chanzo da rede fóra da televisión por cable.

Cadeas anteriores

[editar | editar a fonte]
  • CNN Checkout Channel: canle baseada en seguimento personalizado para as tendas de comestibles, iniciouse en 1991 e pechou en 1993.
  • CNN Italia:[1] un sitio web de noticias italiano en colaboración coa editorial Gruppo Editoriale L'Espresso, e despois co xornal financeiro Il Sole 24 Ore, lanzado o 15 de novembro de 1999 [2][3] e pechado o 12 de setembro de 2003.
  • CNN +: Cadea que emitía para España, lanzada en 1999 grazas a unha alianza entre Prisa TV e Turner Broadcasting. No ano 2006 comezou as emisións desde a Televisión Dixital Terrestre. O contrato finalizou en xaneiro de 2009, o cal foi renovado por dous anos máis, pero tralo acordo de fusión por absorción de Telecinco e Cuatro, Prisa TV decidiu pechar a canle escusándose nos seus diversos problemas económicos. A canle cesou as súas emisións o 28 de decembro de 2010.
  • CNNfn, Financial News: Cadea estreada o 29 de decembro de 1996 dedicada á economía e finanzas. Pechou en decembro de 2004.
  • CNN.com Live: canle realizada en substitución de CNN Pipeline, emitía a través de Internet.
  • CNN Pipeline: Cadea estreada o 5 de decembro de 2005 que emitía as 24 horas a través de Internet, foi substituído polo servizo CNN.com Live
  • CNN Sports Illustrated: Cadea estreada o 12 de decembro de 1996 dedicada aos múltiples deportes. Foi pechada en 2002 debido á forte competencia proporcionada por ESPNEWS e National Sports Report de Fox Sports Net, ademais de chegar a só 20 millóns de espectadores, pouco comparado cos 86,5 millóns de ESPN.
  • CNN Norge: foi sitio web especializado para Noruega.[4]
  • CNN Sverige: servizo especializado para Suecia, apagado en 2001.
  • CNN en Portugués: foi sitio web en idioma portugués. Tiña oficinas en São Paulo e incluía un sitio para Brasil (cnn.com.br).

Sedes e oficinas

[editar | editar a fonte]
Localizacións das corresponderías e oficinas de CNN
The CNN Center en Atlanta
CNN en Nova York
Estudos no CNN Center

Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Nota: Moitas das axencias seguintes pecháronse debido á crise financeira ou recortes presupostarios.

  1. "CNN.com". Edition.cnn.com. Consultado o 20-02-2010. 
  2. "Nasce "Cnn Italia" 24 ore di notizie web" (en Italian). la Repubblica. 15-09-1999. Consultado o 22-04-2009. 
  3. "Roma-Atlanta via web Parte CNN Italia" (en Italian). la Repubblica. 15-09-1999. Consultado o 22-04-2009. 
  4. "Cadenas de CNN". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 03 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]