[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aldo van Eyck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAldo van Eyck

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1918 Editar o valor en Wikidata
Driebergen, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1999 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
EducaciónETH Zürich
Sidcot School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, profesor universitario, escenógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor en Wikidata - 1976 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Delft, Dutch ordinary professor (en) Traducir (1966–1984) Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalHannie van Eyck Editar o valor en Wikidata
Participou en
21 de xuño de 1997documenta x (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeHannie van Eyck Editar o valor en Wikidata
PaiPieter Nicolaas van Eyck Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteTheaterEncyclopedie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm9667580 WikiTree: Van_Eijk-333 Editar o valor en Wikidata
Van Eyck con Simon Vinkenoog

Aldo van Eyck nado en Driebergen o 16 de marzo de 1918 e finado en Loenen aan de Vecht o 14 de xaneiro de 1999, foi un arquitecto holandés considerado un pai do estruturalismo arquitectónico.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Fillo do crítico e filósofo Pieter Nicolaas van Eyck. O seu irmán Robert Floris foi artista e restaurador de arte.

Van Eyck estudou primeiro na Real Academia de Belas Artes da Haia, e de 1938 a 1942 no Instituto Federal Suízo de Tecnoloxía de Zúric, onde entrou en contacto coa vangarda internacional. Traballou como empregado na oficina de desenvolvemento urbano da empresa de servizos públicos de Ámsterdam até que fundou o seu despacho de arquitectura en 1951. Foi un teórico e impulsor dos espazos intermedios e dos lugares públicos adicados a nenos, aos que consideraba a alegría das vilas e cidades. Entre 1947 e 1978 construíronse arredor de 730 parques infantís segundo os seus deseños en Ámsterdam, incluíndo os da urbanización de Jeruzalem.

En 1960 rematou o seu primeiro edificio importante, o Orfanato Municipal de Ámsterdam. Considérase unha obra clave do estruturalismo, reformada en 2014 e catalogada como monumento histórico.[1] Seguiron outros edificios significativos da cidade.

Van Eyck foi editor da revista de arquitectura Forum de 1959 a 1963 e tivo unha grande influencia na arquitectura holandesa. Como cofundador do Team Ten, desempeñou un papel importante no Congreso Internacional de Arquitectura Moderna (CIAM). De 1966 a 1984 foi profesor na TU Delft.

Tamén estivo activo en Alemaña: en 1971 creou a galería Schmela, o primeiro edificio da RFA construído en estilo do estruturalismo. En 2013, dedicáronlle unha exposición a Aldo van Eyck en Renania.[2] En 1990 recibiu a Medalla de Ouro do RIBA e tamén a Condecoración de Honra de Austria para a Ciencia e a Arte.

A partir de 1982 van Eyck traballou xunto coa súa muller Hannie e proxectaron, entre outras cousas, os edificios de oficinas da Axencia Espacial Europea en Noordwijk e o edificio de Trípoli en Ámsterdam.

Edificios

[editar | editar a fonte]
Sitúa tódalas coordenadas usando OSM
Descargar coordenadas como: KML · GPX
  • 1957 - 1960: Orfanato Municipal en Ámsterdam
  • 1965 – 1966: Sculpture Pavilion, exposición Sonsbeek en Arnhem (demolida despois da exposición)
  • 1968 - 1970: Igrexa Católica na Haia
  • 1968, 1974, remodelación casa Martin Visser en Bergeijk
  • 1971: Edificio residencial e galería de Galerie Schmela en Düsseldorf
  • 1975 - 1979: Hubertusheim en Ámsterdam
  • 1984 – 1989: edificio de oficinas para ESTEC en Noordwijk
  • 1990 – 1994: complexo de Trípoli en Ámsterdam,[3]
  • 1997: Novo edificio para o Tribunal de Contas da Haia
  1. db-Metamorphose Bürolandschaft statt Waisenhaus
  2. Link zur Aldo van Eyck-Ausstellung "Das Kind, die Stadt und die Kunst in der Kunstsammlung NRW Arquivado 07 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
  3. Heemschut Amsterdam vraagt monumentenstatus voor Tripolis van Van Eyck

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]