[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aaron Klug

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAaron Klug

(1979) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1926 Editar o valor en Wikidata
Želva (Lituania) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 2018 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
58º Presidente da Royal Society
1995 – 2000
← Michael AtiyahRobert May (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónPeterhouse (en) Traducir
Universidade de Witwatersrand
Trinity College
Universidade de Cidade do Cabo
Universidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Director de teseDouglas Hartree (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica e Bioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, químico, profesor universitario, biólogo molecular, biofísico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBirkbeck College Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoDaniela Rhodes (en) Traducir e John Thomas Finch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloSir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAaron Klug, 92, Dies; His 3-D Images of Bodily Molecules Won a Nobel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 194896172 Editar o valor en Wikidata

Aaron Klug, OM, FRS, nado o 11 de agosto de 1926 en Zelvas (Lituania) e finado o 20 de novembro de 2018[1], foi un químico e biofísico británico de orixe lituana galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1982.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos dous anos a súa familia mudouse a Durban, Suráfrica, onde se graduó en química na Universidade de Witwatersrand en Johannesburgo, e estudou cristalografía na Universidade de Cidade do Cabo antes de irse a Inglaterra, completando o seu doutoramento en Trinity College, da Universidade de Cambridge en 1953, universidade da cal foi o director do laboratorio de Bioloxía Molecular entre 1986 e 1996.

Entre 1995 e 2000 presidiu a Royal Society.

Membro da Royal Society de Londres, foi o seu presidente entre os anos 1995 e 2000, tamén é membro da Academia de Ciencias Francesa. En 1988 foi nomeado sir e en 1995 foille concedida a Orde do Mérito por parte da raíña Isabel II do Reino Unido.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

En Londres colaborou con Rosalind Franklin, descubridora da estrutura do ADN. Demostrou un grande interese polo estudo dos virus, e durante a súa estancia alí descubriu as estruturas dalgúns deles.

Nos anos 1960 interesouse polas técnicas para discernir a estrutura dos cristais para a súa aplicación en bioloxía[2].

Nos anos 1970, Klug usou os métodos de diagramas de difracción de raios X, que, combinados coa microscopía electrónica, permitiulle descifrar os complexos proteínicos do ácido nucleico, así como a obtención de imaxes tomadas en diferentes ángulos, e combinándoas logrou reconstrucións tridimensionais dalgunhas proteínas.

Distincións

[editar | editar a fonte]

En 1982 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento de métodos cristalográficos para descifrar os complexos proteínicos dos ácidos nucleicos.
Ademais, Klug logrou a Medalla Copley en 1985.

  1. "Aaron Klug (1926 - 2018) - MRC Laboratory of Molecular Biology". MRC Laboratory of Molecular Biology (en inglés). 2018-11-21. Consultado o 2018-12-02. 
  2. "Aaron Klug, 92, Dies; His 3-D Images of Bodily Molecules Won a Nobel" (en inglés). Consultado o 2018-12-02. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Roald Hoffmann,
Kenichi Fukui
Premio Nobel de Química

1982
Sucesor:
Henry Taube