Osamu Shimomura
(2008) | |
Nome orixinal | (ja) 下村脩 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de agosto de 1928 Fukuchiyama, Xapón |
Morte | 19 de outubro de 2018 (90 anos) Nagasaki, Xapón |
Causa da morte | senilidade |
Educación | Universidade de Nagoia Universidade de Medicina de Nagasaki |
Altura | 182 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioquímica, bioloxía, química orgánica e bioloxía mariña |
Ocupación | químico, químico orgánico, catedrático, bioquímico, biólogo mariño |
Empregador | Universidade de Nagoia Universidade de Boston |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Tsutomu Shimomura |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Osamu Shimomura (下村 脩 Shimomura Osamu?), nado en Fukuchiyama (prefectura de Qoto) o 27 de agosto de 1928, e finado o 19 de outubro de 2018, foi un químico orgánico e biólogo mariño xaponés[1] galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2008[2] polo descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP), xunto aos estadounidenses Martin Chalfie e Roger Y. Tsien.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Shimomura foi educado en Manchuria e Osaca, onde o seu pai, oficial do exército, estaba destinado. Posteriormente trasladouse a Isahaya, Nagasaki. A súa muller, Akemi, á que coñeceu na Universidade de Nagasaki, é tamén química orgánica e compañeira nas súas investigacións. O seu fillo, Tsutomu Shimomura, é un experto en seguridade informática que colaborou no arresto do hacker e phreaker Kevin Mitnick.
Estudos académicos e traballo científico
[editar | editar a fonte]O profesor Shimomura posúe un Ph.D. en química orgánica e é profesor emérito de dúas institucións científicas dos Estados Unidos, o Marine Biological Laboratory (MBL) situado en Woods Hole, Massachusetts (onde traballou desde 1980 ata a súa xubilación, en 2001) e a Boston University Medical School.
O 8 de outubro do 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto a Martin Chalfie e Roger Y. Tsien, polo seu traballo coa proteína fluorescente verde (GFP), dentro dos seus estudos da medusa Aequorea vitoria e da proteína aequorina.[3][4] O profesor Shimomura foi o primeiro que illou e describiu a GFP da medusa, e descubriu que a GFP, ao recibir radiación ultravioleta, emite unha luz verde.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Nobel Prize in Chemistry 2008
- ↑ "The Nobel Prize in Chemistry 2008". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 03 de abril de 2011.
- ↑ Shimomura, Osamu (1995). "A Short Story of Aequorin" (PDF). The Biological Bulletin (en inglés) 189: 1–5. Consultado o 29 de xaneiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "Nobel de Química, a innovadora herramienta para la biología - La Jornada".(en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2008 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2008 (en inglés)
- Perfil de Osamu Shimomura en NNDB (en inglés)
Predecesor: Gerhard Ertl |
Premio Nobel de Química 2008 con Martin Chalfie e Roger Y. Tsien |
Sucesor: Venkatraman Ramakrishnan, Thomas A. Steitz e Ada Yonath, |