[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Peter D. Mitchell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter D. Mitchell

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Peter Dennis Mitchell Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Surrey, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte10 de abril de 1992 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Bodmin, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
Jesus College
Queen's College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica, bioenergética (pt) Traducir e Bioloxía molecular Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, químico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge
Universidade de Edimburgo
The Glynn Research Foundation Limited (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Peter Dennis Mitchell, nado o 29 de setembro de 1920 en Mitcham, (Inglaterra) e finado o 10 de abril de 1992 en Bodmin, foi un bioquímico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1978.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron Christopher Gibbs Mitchell, un empregado civil, e Kate Beatrice Dorothy Taplin. Estudou na Universidade de Cambridge, onde se licenciou en Ciencias naturais, e posteriormente doutorouse en bioquímica en 1951. En 1943 aceptou traballar no Departamento de Bioquímica desta universidade, renunciando en 1955. En 1961 aceptou a petición de Michael Swann para converterse en director do Departamento de Bioloxía da Facultade de Zooloxía da Universidade de Edimburgo.

A partir do ano 1964 foi director do Laboratorio de Investigacións de Glynn, poboación situada en Cornualla.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]
Fosforilación oxidativa.

Interesado inicialmente na penicilina, a partir de 1961 traballou no estudo sobre a almacenaxe da enerxía nos seres vivos para ser posteriormente transportada aos puntos de utilización por medio das moléculas de adenosín trifostato (ATP). Grazas a esas investigacións, comprobou como a ruptura do enlace nun dos grupos de ATP provoca a aparición do ADP ou adenosín difostato, que libera unha enerxía inmediatamente dispoñible. Grazas á enerxía fornecida pola respiración humana, o ADP consegue converterse novamente ATP, proceso denominado fosforilación oxidativa.

En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre o intercambio de enerxía biolóxica mediante a teoría da química osmótica. En 1981 foi condecorado coa medalla Copley.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Ilya Prigogine
Premio Nobel de Química

1978
Sucesor:
Herbert C. Brown
e
Georg Wittig