89ª edición dos Óscar
A 89.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 26 de febreiro de 2017 no Dolby Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos). Durante a cerimonia, AMPAS presentou os Premios Óscar en 24 categorías. A cerimonia, televisada nos Estados Unidos pola ABC, foi producida por Michael De Luca e Jennifer Todd e dirixida por Glenn Weiss.[1][2] O cómico Jimmy Kimmel foi o mestre de cerimonias por vez primeira.[3]
Moonlight gañou tres premios, incluíndo mellor filme, e La La Land gañou máis premios que calquera outra produción, un total de seis, e estaba nomeado en 14 categorías. Nun primeiro momento comunicouse que La La Land gañara o mellor filme, mais deseguido aclarouse que Moonlight fora a auténtica gañadora.[4][5] Hacksaw Ridge e Manchester by the Sea gañaron dous premios cada un. Outros gañadores cun só premio foron Arrival, Animais fantásticos e onde atopalos, Fences, The Jungle Book, O.J.: Made in America, Piper, Forušande, Sing, Escuadrón Suicida, The White Helmets e Zootopia.
Gañadores e nomeados
[editar | editar a fonte]Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.
Premios de Honra
[editar | editar a fonte]A Academia tamén celebrou a sétima edición dos Premios Gobernadores o 12 de novembro de 2016, durante a cal foron presentados os Oscar de Honra.
Oscars de Honra
[editar | editar a fonte]Predecesor: 88ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 89ª edición dos Óscar |
Sucesor: 90ª edición dos Óscar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (4 de novembro de 2016). "Oscar 2017: Michael De Luca and Jennifer Todd confirmed to produce 89th Oscars". Consultado o 5 de novembro de 2016.
- ↑ Khatchatourian, Maane (8 de febreiro de 2017). Variety, ed. "Glenn Weiss to Direct Oscar Ceremony for Second Consecutive Year". Consultado o 14 de febreiro de 2017.
- ↑ Kilday, Gregg (5 de decembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Jimmy Kimmel to Host This Year's Ceremony (Exclusive)". Consultado o 14 de febreiro de 2017.
- ↑ Donnelly, Jim (26 de febreiro de 2017). Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. "Moonlight Wins Best Picture After 2017 Oscars Envelope Mishap". Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ France, Lisa Respers (26 de febreiro de 2017). CNN, ed. "Oscars 2017: 'Moonlight' wins Best Picture after some confusion". Consultado o 26 de febreiro de 2017.
- ↑ "Academy Rescinds Oscar Nomination for Violation of Campaign Rules". The Hollywood Reporter. 25-2-2017.
- ↑ A Academia revogou a candidatura de Russell tras descubrir que contactara con votantes por teléfono, violando o regulamento da campaña.[6]