Torre de Babel
A Torre de Babel (en hebreo: מִגְדַּל בָּבֶל, Migddal Bāḇēl) é un mito etiolóxico da Xénese e do Tanakh (tamén chamada a Biblia hebrea ou o Antigo Testamento) que explica a orixe das diferentes linguas.[1] Segundo esta historia, a humanidade unida descendente dos superviventes do diluvio falaba unha soa lingua e migrou dende o leste até a terra de Shinar (en hebreo: שנער). Acordaron contruír unha cidade e unha torre para acadar o reino de Deus, no ceo. Vendo isto, Deus confundiu as súas falas para que non puideran entenderse entre eles e se esparexeran polo mundo.
A Torre de Babel foi asociada con coñecidas estruturas segundo estudosos modernos, como a construción de Etemenanki, un cigurat adicado ó deus mesopotámico Marduk, construído durante o reinado de Nabopolasar, rei de Babilonia (c. -610).[2][3] O Gran Cigurat de Babilonia tiña unha altura 91m. Alexandre o Grande ordenou a súa demolición circa de -331 para unha reconstrución que a súa morte impediu.[4][5] Unha historia sumeria con algúns elementos comúns aparece en Enmerkar e o Señor de Aratta.[6]
Historia
editarA historia da cidade de Babel aparece na Xénese 11:1–9. Todos os habitantes da Terra falaban a mesma lingua. Despois de migrar dende o leste, a xente asentouse na terra de Shinar. Axiña comezaron a facer ladrillos e construír unha cidade e unha torre para chegar até o ceo, para honra de si mesmos e para non dispersarse polo mundo. Deus ollou cara a cidade e a torre, e comprobou que como un pobo cunha soa lingua, nada do se propuñeran era imposible. Por iso, Deus baixou dos ceos e confundiu ós homes na súa fala, para que non puideran entenderse entre eles, e tiveran que deter a construción da cidade e da torre. Así, a cidade chamouse Babel.
Etimoloxía
editarA frase "Torre de Babel" non aparece na Biblia; senón "a cidade e a súa torre" (en hebreo: אֶת-הָעִיר וְאֶת-הַמִּגְדָּל) ou só "a cidade" (en hebreo: הָעִיר). "Babel" significa "Porta de Deus", do acadio bab-ilu (𒁀𒀊 𒅋𒌋), de bab "porta" + ilu "Deus")."[7] Segundo a Biblia, a cidade recibía o nome "Babel" da palabra hebrea balal, que significa "desordenar".[8]
Notas
editar- ↑ Metzger, Bruce Manning; Coogan, Michael D (2004). Oxford University Press, ed. The Oxford Guide To People And Places Of The Bible. p. 28. ISBN 978-0-19-517610-0. Consultado o 22 de decembro de 2012.
- ↑ Harris, Stephen L. (2002). McGraw-Hill, ed. Understanding the Bible. pp. 50–51. ISBN 9780767429160.
- ↑ Streck, Michael P. (2006). "Die Stadt, an deren Freuden man nicht satt wird". Damals (en alemán). Special volume. pp. 11–28.
- ↑ Diodoro Sículo, 2.9.9; Estrabón, Xeografía, 16.1.5.
- ↑ R.J. van der Spek, "Darius III, Alexander the Great and Babylonian scholarship" in: Achaemenid History XIII (Leiden 2003), 289–346.
- ↑ Kramer, Samuel Noah (1968). "The "Babel of Tongues": A Sumerian Version". Journal of the American Oriental Society 88 (1). pp. 108–111.
- ↑ Etymonline.com (ed.). "Online Etymology Dictionary". Consultado o 7 de novembro de 2013.
- ↑ Libro da Xénese, 11:9
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de Babel |
Bibliografía
editar- Pr. Diego Duran, Historia Antiqua de la Nueva Espana (Madrid, 1585)
- Ixtilxochitl, Don Ferdinand d'Alva, Historia Chichimeca, 1658
- Lord Kingsborough, Antiquities of Mexico, vol. 9
- H.H. Bancroft, Native Races of the Pacific States (Nova York, 1874)
- Klaus Seybold, "Der Turmbau zu Babel: Zur Entstehung von Genesis XI 1–9," Vetus Testamentum (1976).
- Samuel Noah Kramer, The "Babel of Tongues": A Sumerian Version, Journal of the American Oriental Society (1968).
- Kyle Dugdale: Babel's Present. Editado por Reto Geiser e Tilo Richter, Standpunkte, Basel 2016, ISBN 978-3-9523540-8-7 (Standpunkte Dokumente No. 5).
Ligazóns externas
editar- "Tower of Babel." Encyclopædia Britannica Online.
- Babel In Biblia: The Tower in Ancient Literature by Jim Rovira
- Our People: A History of the Jews – The Tower of Babel