Nabopolasar
Nabopolasar, finado en -605, foi o fundador do imperio neobabilónico e da dinastía caldea. Reinou en Babilonia dende o ano -626 ata o ano -605. Liquidou o imperio de Asiria en estreita alianza co rei de Media Ciaxares.
Biografía | |
---|---|
Morte | 15 de agosto de 605 a. C. |
Rei de Babilonia | |
626 a. C. – 605 a. C. | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastía caldea |
Fillos | Nabu-suma-lisir, Nabucodonosor II |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron New Encyclopedic Dictionary (en) |
Traxectoria
editarParece ser que foi un xeneral caldeo que, tras a morte de Assurbanipal, desafiou o poder asirio sobre Babilonia ata facerse co poder. A partir do -616, Nabopolasar realiza unha serie de ofensivas sometendo ás cidades do Éufrates medio acadando Suhu e Hindanu (Harran). No ano -615 remontou o Tigris ata Assur, pero non chegou a facerse coa cidade emblemática dos asirios.
Tentou gañarse a amizade de Elam mediante a devolucion de estatuas de deuses; pero, moi cedo, decatouse que os vencellos debían afianzarse con Ciaxares de Media, o cal adiantarase a esmagar Assur no -614. Nesa mesma cidade acabada de arrasar, concertou unha alianza duradeira cos medos, casando ao seu fillo Nabucodonosor II cunha princesa meda. Froito desta entente foi a destrución de Nínive no ano -612. Co apoio de Exipto, caería Harran no ano -609. A seguir volveuse contra Urartu.
Máis adiante, enviaría ao seu fillo e herdeiro Nabucodonosor II a unha exitosa campaña sobre Siria e Fenicia arrebatando o seu dominio aos exipcios.
Nabopolasar practicou a deportación masiva para debilitar aos pobos e previr rebelións. Iniciou grandes construcións, que remataría esplendorosamente o seu fillo.