Artigo destacado
O titanio é un elemento químico de símbolo Ti e número atómico 22 que se sitúa no grupo 4 da táboa periódica dos elementos . É un metal de transición de cor gris, baixa densidade e gran dureza. É moi resistente á corrosión por auga do mar , auga rexia e cloro . Foi descuberto en Cornualla , Gran Bretaña , por William Gregor en 1791 e Martin Heinrich Klaproth nomeouno así polos titáns da mitoloxía grega . Este elemento dáse en diversos depósitos de minerais , principalmente de rútilo e ilmenita , que se distribúen amplamente pola codia terrestre e a litosfera , ademais de formar parte de moitas formas de vida, rochas , corpos de auga e solos . A extracción deste metal dende o mineral realízase por medio do método de Kroll ou polo método de Hunter . O composto máis común é o dióxido de titanio , habitual na fotocatálise e usado na manufactura de pigmentos de cor branca. Outros compostos habituais inclúen o tetracloruro de titanio (TiCl4 ), un compoñente catalizador , e o tricloruro de titanio (TiCl3 ), empregado coma catalizador na produción de polipropileno . O titanio pode formar aliaxes co ferro , o aluminio , o vanadio e o molibdeno entre outros elementos, producindo aliaxes lixeiras e resistentes para aplicacións aeroespaciais (motores de reacción , mísiles e naves espaciais ), aplicacións militares, aplicacións industriais (produtos químicos e petroquímicos, plantas de desalinización ), na automoción, para próteses médicas e implantes ortopédicos , instrumentos e implantes dentais, aparellos deportivos , xoiería ou teléfonos móbiles entre outras aplicacións. As dúas propiedades máis útiles deste metal son a resistencia á corrosión e a maior proporción de dureza-densidade de tódolos elementos metálicos. Cando non se atopa nunha aliaxe, o titanio é igual de forte que algúns aceiros , pero presentando unha menor densidade que estes. Ten dúas formas alotrópicas e cinco isótopos naturais que van dende 46 Ti ata 50 Ti, sendo 48 Ti o máis abundante deles.
Sobre Galicia
Tal día coma hoxe no ano...
1512 , inaugúranse no Vaticano os frescos da Capela Sistina (na imaxe), pintados por Miguel Anxo .
1798 , John Dalton descobre a enfermidade da vista chamada discromatopsia ou cegueira das cores , coñecida vulgarmente como daltonismo .
1865 , nace Wilfrid M. Voynich , bibliófilo norteamericano de orixe lituana , presunto descubridor do manuscrito homónimo .
1916 , morre Charles Taze Russell , fundador dos Testemuñas de Jehová .
1978 , as Cortes españolas aproban a Constitución española de 1978 .
2005 , nace Leonor de Borbón , princesa de Asturias .
Hoxe é a festividade do Samaín e de Halloween .
Imaxe do día
Presentación
Participación
Comunidade
De acordo coas
nosas estatísticas , temos un total de 149 491 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 261 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de
proxectos temáticos e diversos
espazos de conversa .