[go: up one dir, main page]

O rútilo[1] (do latín rutilus, que significa vermello) é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é TiO2 (contén o 60% de titanio e o 40% de osíxeno).

Rútilo
Fórmula químicaTiO2
ClaseÓxidos
Sistema cristalinoTetragonal
CorParda, amarela, vermella e negra
BrilloDe adamantino a metálico
Dureza6
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaParda tirando a amarela
Densidade4,2-4,3 g/cm3

Aspecto

editar

O rútilo preséntase en forma de cristais prismáticos case sempre extremadamente finos (en forma de agullas) e moitas das veces creando entre eles estruturas en forma de mallas. A súa cor pode ser parda, amarela, vermella ou negra.

Lugares onde se atopa

editar

Atopámolo en rochas sedimentarias e metamórficas, en pegmatitas e rochas alpinas. Asóciase frecuentemente co cuarzo e coa hematita.

Os principais produtores deste mineral son Rusia, a India e algúns países de Suramérica. A Antártida contén tamén xacementos de rútilo.

Merecen mención especial os rútilos de Carballo (A Coruña) e Lalín (Pontevedra).

Usos do rútilo

editar

O rútilo utilízase para a extracción de titanio, usado para a fabricación de revestimentos de varas de soldadura e como metal especial na industria aeronáutica.

Propiedades

editar

Propiedades físicas

editar

O seu punto de fusión é de 2378,2 K. O seu sistema cristalino é o tetragonal pero lixeiramente distorsionado.

Propiedades químicas

editar

O rútilo presenta gran resistencia ó ataque de axentes químicos. Só o ácido fluorhídrico e o ácido sulfúrico concentrado logran atacar este mineral.

Outros óxidos

editar

A casiterita e a magnetita son outros óxidos importantes.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rútilo.